Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

A FESTA DOS MAIOS

Un dos días máis esperados do ano é no que celebramos a Festa Interxeneracional dos Maios. Unha época no que o colorido dos pampillos, xusto antes do tempo de sementar, as leiras teñen un amarelo intenso e cheo de vida.
Durante a mañá do pasado mércores xuntámonos a xente grande coa miúda para facer unha boa foliada. Pasamos pola praza Isabel II persoas maiores da nosa casa, a xente de ASPROMOR, rapaz@s do IES de Ortigueira, nen@s de catro cursos do CEIP José Mª Lage, un grupo de picariñ@s das escolas infantís, Galiña Azul e Patucos, a Escola de Gaitas de Ortigueira e tódalas persoas da Vila que se quixeron achegar ao escoitar o barullo ou a música tradicional.
Xa é o sétimo ano que festexamos os Maios en comunidade. Se o tempo o permite, realizamos a actividade preto do Día das Letras e tamén do de San Isidro Labrador, unha festa que en Ortigueira adoitaba celebrarse como chegada da primavera, adornando os carros con flores e ramallos para chegar ata a igrexa onde os bendicían; estes ramos levábanos ás leiras para favorecer abundantes colleitas.
Este ano a figura homenaxeada pola Real Academia Galega é José Mª Díaz Castro e o poema máis significativo del é Penélope. Esta foi a nosa inspiración para realizar a alfombra floral deste ano. Adornamos a boneca, a nosa Penélope, elaboramos un tear con lá e elementos vexetais e nun cabalete foi exposto o poema adornado con flores de papel pintado feitas pol@s residentes deste centro. A alfombra era un mar de cores en derredor que cubriron @s máis pequechos. @s rapaces de ASPROMOR cubriron o seu Maio e @s estudantes do instituto Natalia e Tania de 4ºA e Anabel, Amanda e Alejandro de 4ºB cubriron un cabaliño de mar. A escola infantil Galiña Azul achegou un cesto de flores e a de Patucos un escudo de Ortigueira con elementos vexetais. Bailamos co son da Escola de Gaitas de Ortigueira e escoitamos as tradicionais coplas dos Maios lidas polos participantes.
No remate, outras rapazas do instituto tocaron gaitas, pandeiretas e cunchas e bailaron ao ritmo da muiñeira. Botaron unha peza para a nosa Adolfina en lembranza dos seus irmáns que nos anos 50 formaron o cuarteto Os da Fraga de Ordes.
En breve poderedes ver na nosa fotoblogoteca as fotos da festa e mentres a esperar ata o ano que vén.
Comentarios (3) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 22-05-2014 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Que ben o pasamos!!e ademais o tempo acompañounos e non como o ano pasado que a celebramos #blgtk08#na Resi. Daba gusto ver a praza chea de xente. Grazas a tod@s por participar e unha aperta.
Comentario por Gelo Paz (23-05-2014 20:23)
2 pois si que o pasamos ben,sobre todo eu que xa facia tempo #blgtk08#que non podia compartir con vos ninguha festexada!
Comentario por loly (24-05-2014 23:11)
3 Pero... Quen é a nena da foto #blgtk08#que non a recoñezo??? Jajajaja
Comentario por Ana (06-06-2014 18:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0