Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

SAN MARTIÑO

Chega o frío e con el o tempo de matanza, de magosto, de esfollas e de troula. A nós, coma tódolos anos, chéganos o noso patrón, San Martiño.
Este ano as festas comezaron por todo o alto. O noso veciño Ángel Piñón, o veterinario, tivo a ben aceptar ser o pregoeiro. Adicou unhas palabras ben fermosas para esta Casa e a súa veciñanza; lembrou a vida de Martiño, o santo da media capa e a solidariedade; contounos a lenda da Lagoa de San Martiño; e por último fixo un percorrido por tódalas actividades que imos realizar ao longo desta semana.
Achegouse parte da veciñanza de Luama, a nosa parroquia, acompañados por membros da Comisión de Festas, José V. Aguiar Fiz (Cuxa) e Vicente Balteiro Piñón (Chente de Cortiñadona) quen inauguraron a exposición ?San Martiño 2.013. Tradicións de Luama?. Convidamos, a quen se queira achegar, a ver case cen pezas antigas emprestadas pola veciñanza de Luama e representativas de oficios, de crenzas e de ocio, presididas por un San Martiño. Podemos destacar pezas como unha vitrola con discos antigos onde soan os anxiños de Machín, unha radio de válvulas en funcionamento, unha máquina de fiar e outra de facer chourizos, reloxos de cadea e unha reloxeira de coiro, e campaíñas do gando, de macho e de femia que non soan igual. Todo presidido por un antigo San Martiño que perdeu as mans pero non a sona de milagreiro.
Compartimos unha merenda con roscón, traído pola Comisión de Festas, e café con leite amenizada polo Home Orquestra de Viveiro, Hortensio. Moita xente da casa e de fóra se animou a botar unhas pezas e ata Angustias do Gaio non cansou de bailar, a pesar de que pola mañá non se podía erguer. E que dure que temos unha semaniña enteira, iso si que é foliada.
Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 12-11-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 A festa estivo fantástica. Ademais de veciños de Luama tamén nos acompañaron veciños de Insua, Luz e Dina cos seus respectivos esposos, e nosos compañ#blgtk08#eiros xa xubilados Margarita e Nardo coa súa neta Silvia. Pero botei a alguén en falta. Loli!!!! Onde andas??? Mañá aquí ás once coma un cravo. Dixen.
Comentario por Ara (12-11-2013 16:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0