Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

FESTA INTERXERACIONAL DOS MAIOS 2013
Xa chega o maio florido e galán e como tódolos anos ímoslle cantar, sen bruxas nin demos, sen segas, usuras nin preitos, sen quintas nin portas, nin foros, nin cregos. Xa chega a primavera, a ledicia e a ilusión, xa chega o noso maio enchendo todo de cor, xa chega o día de San Isidro Labrador.
Velaí vén o maio de flores cuberto para facer unha alfombra, unha figura e algún boneco. Virán de Aspromor, do Instituto e do Colexio, virá a xente miúda da Escola Infantil á praza do Concello, a celebrar o maio longo todo de rosas cuberto. A Escola de Gaitas tamén animará a festa comunitaria do mércores á mañá. Os maiores da residencia agardamos por vós, para festexar o maio todos xunta nós.
Mirade o cartel, lédeo ben. Non quededes na casa, celebrade o maio, vide ser parte del.
Comentarios (3) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 08-05-2013 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Non aparece o día no#blgtk08# cartel.............
Comentario por (08-05-2013 08:21)
2 O fallo foi das diseñador#blgtk08#as gráficas non de Pepe.
Comentario por Ara (08-05-2013 08:21)
3 Era o truco, para saber se ademáis de mirar o cartel líase o artigo onde pon que x#blgtk08#a chega o día de san Isidro Labrador, 15 de maio. Pepe, como as gastas eh?
Comentario por Gelo Paz (08-05-2013 08:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0