Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

TORTA DE QUEIXO OU OS HOMES NA COCIÑA

Para facer unha boa torta de queixo primeiro de nada precísase da axuda de catro homes bos. Podemos escoller entre outros moitos a Manolo e a Lucho de Couzadoiro, a José de Horizón e a Emilio da Insua de Mañón. So con eles xa se fai bo caldo, pero imos precisar algo mais.
A Lucho ímoslle dar unhas galletas para que as machuque ben machucadiñas, e despois que as mesture cunha pela de manteiga e un pouco de leite para facer unha pasta.
Entre Manolo e José que vaian abrindo queixiños, deses da vaca que ri, que lles ha levar un cacho ter listos máis dun cento que fan falla. Mentres, Emilio pode poñerse a abrir sobres de azucre para poñerlle o punto doce á nosa torta.
Cando Lucho remate de facer a pasta, Manolo pode ir cubrindo os moldes. Mentres, Lucho que desfaga o callado nun pouco leite e José que bote o resto do leite na pota, mais a tona e o azucre.
Manolo disque ten práctica de usar un batedor cando traballaba nas obras, pois que lle vaia dando ao noso para facer o amoado. Cando estea todo ben batido prendede o lume, poñédelle a pota e a remexer ser descanso para que non se queime, se fai falla facede quendas para non cansar.
Cando levante fervor e vaia espesando un pouco, deitade o amoado cun cullerón derriba da pasta de galleta e deixade arrefriar na neveira polo menos ata o venres de paixón. Escorrentade aos lambóns e lambonas ata ese día pois ha de arrecender a gloria.
O mesmo venres facede procesión ata a cociña de novo para cubrir a torta cunha marmelada de amorodos que lle vai dar un toque de cor apaixonada.
David, anímate e bótalles unha man, a ver se che aprenden algo? e de paso che deixan lamber as culleres.
Xa me iredes contando como vai esta receita e se podemos repetir.
Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-03-2013 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 Xa me contarás cómo estaba a merenda este Venres Santo, Pepe!

Qué #blgtk08#sona de larpeiro me estás botando!

Unha aperta e ata o luns
Comentario por David (27-03-2013 15:44)
2 ay Pepe que boa pinta namais que de leer a receita, haber se repetides, que os que descansamos estes dias santos,non habemos de catala porque non #blgtk08#creo que dure moito unha comenzada, que vos aproveite, e haber se estes cociñeiros se animan a repetir que seguro que siii, saudos a tripulaciòn.
Comentario por Sonia (27-03-2013 21:17)
3 Pepe, que finos sairon estes cociñeiros que nin diantal puxeron. Menos mal que a torta de queixo non levaba fariña senón...
De todos xeitos, parabéns a todos,que non se diga #blgtk08#que os homes da Casa non andades na cociña. Onde se víu un barco cun mal cociñeiro?.Sorte no obradoiro de cociña que,de seguro, nos dá moitos placeres ao longo do ano.Bo proveito!!
Comentario por Gelo Paz (31-03-2013 12:43)
4 A torta estar estaba boa. Comiamos máis se houbera... Mais tiña un sabor moi simple, a #blgtk08#próxima vez temos que probar a botarlle algo de laranxa, de limón ou de canela.
Comentario por Manolo Polo (01-04-2013 13:11)
5 Bueno Pepe, está claro que un home é un home...neste caso que homes uns artistas da coc#blgtk08#iña, xa me tarda que faigades a tortilla de pataca que tanto lle tarda ao señor Emilio.
Comentario por Belén (02-04-2013 20:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0