Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

AS BOLAS DA TIXELA

Onte puxémonos as botas na merenda, coma quen di. Acertadamente no obradoiro de cociña dos martes, as mulleres da Casa escolleron para facer a receita das Bólas da tixela ou Bólas da sartén. Á mañá, xa tiñan todo disposto na cociña para amasar: a fariña, a auga, un chisco de sal e a levadura. Maruja Bellas, da Insua de Mañón, comentaba que ela cando as facía preparaba formento para botarlle en lugar da levadura e as demais asentían coa cabeza, dándolle a razón. Agora mércase a levadura ata na tenda, seica, en dadiños pequenos, pero antes? eran outros tempos.
María Socorro, de Couzadoiro, contaba que a súa irmá Gloria sempre a chufaba porque tiña moi boa man coas bólas, pero ela prefería facer pan. Que ben lle saía!!. Non por nada, pero era o mellor pan de todos os da redonda.
Logo de deixar a masa levedar e feitas as comprobacións pertinentes, comezou a tarefa de cortala en anacos e estiralos para darlles forma. Unha vez quencido o aceite, á tixela, volta para un lado e volta para o outro e, hala!, lista a bóla. Isabelita do Forno, vaia se ten xeito ca tixela!!.
Moito prestan estes obradoiros de cociña farturentos (co permiso de Ana, a enfermeira).
Grazas a Matilde e Margarita, traballadoras do centro, por colaborar e que non perdan as mañas; a Maruja, María e Isabel polo esmero que puxeron e a Lucho por acompañarnos.
E moitos parabéns para Saturnino que convidou a un cafeíño de pota, que tanto nos sabe, para celebrar o seu aniversario. Houbo quen dixo: ?De hoxe nun ano e antes, moitas veces?.
Bo proveito!!
Comentarios (5) - Categoría: 5. A saúde VENTO EN POPA - Publicado o 13-03-2013 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 Ai, que envexa! Co que me gustan as bolas da tixela! Hai que repetir que #blgtk08#eu tamén quero. Parabéns ás cociñeiras e a Satur que está feito un mozo.
Comentario por Ara (14-03-2013 10:55)
2 ¡como vos coidades pepe!!#blgtk08#!


Comentario por loly (14-03-2013 17:22)
3 AY que magoa non poder problamasss, PePe ai que repetir este taller mais amiudo, para que stas cociñeiras nos ensinen#blgtk08# a facer estas cousas que saben tan ben, Bo proveitooooo., haber se pa proxima me toca algoooo, saudos a tripulacion.
Comentario por Sonia (14-03-2013 20:28)
4 Que boas estaban dou fe!!!!Estas boliñas ata foron promocionadas na radi#blgtk08#o galega.Patrón por algo eres ointe do programa pensando en tí.
Comentario por Lolita (14-03-2013 20:49)
5 Pero que guapísimas las cuatro!!! y#blgtk08# las bollas...una pinta estupenda.
Comentario por Patricia (24-03-2013 12:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0