Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

ACTUACIÓN DA CHARANGA ALBORADA

O mellor fin de festa que podiamos esperar o puxo a Charanga Alborada, dirixida por un matrimonio cunha longa experiencia no mundo da música, na compaña doutros virtuosos como Pepulo ou Avelino do Ermo. Temos que agradecerlles a Lalo, o fillo de Lolita de Couzadoiro, e a Javier, o home de Carmen de Barbeita, que o fixeran posible. Como non podía ser doutro xeito, a madriña do baile foi Lolita que deixou o seu andador a un lado para botar a primeira peza.
A charanga tocou esplendidamente un amplo repertorio de cancións de hoxe e de sempre e nós bailamos ata case a extenuación. Bailou Avelina das Cascas cos seus cen anos, bailou Isabel de Telleiras coa súa perna mala e bailou Mercedes de Requiáns na súa cadeira de rodas. Tocaron palmas Constantina das Campeiras, Emilio de Insua e Lucho de Couzadoiro. E todos e todas sentimos a música. Viva a xuventude, que se leva no ánimo!
Virtudes de Miñaño e Loli de Mera do medio sacaron a bailar á metade da veciñanza. Gloria e Pilar de Couzadoiro deron unha clase maxistral de pasodobre. E Manolo de Couzadoiro as cantou todas. Jesús dixo que había tempo que non se facían festas tan boas en San Martiño.
Dáme pena, pero remataron as festas. Contaremos os días que quedan ata o próximo San Martiño.
Ata daquela poderemos lembrar mirando as fotos que temos na blogoteca San Martiño.
Comentarios (3) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 19-11-2012 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Non podía haber mellor broche final das festas que o da actuación da Charanga Alborada, de Cedeira, Pepe. Hai que agradecerlles que nos fixeran pasar unha tarde tan movida, lembrando tantas e tantas cancións. Non quedou ninguén sen bailar ou tararear algunha copla, cadaquén#blgtk08# coa súa maña. Coma quen dí: sudamos a gota gorda!! pero xa estamos para outra, así que iremos pensando nas festas de nadal que axiña chegan.Bicos para todos e todas as trouleiras da nosa Casa e para as persoas que compartiron con nós estes días de festa.Viva o noso barco!!
Comentario por Gelo Paz (19-11-2012 22:25)
2 Hola, a verdade que vaia festas, con fuegos e todo, haber quen ten unha semana con festa tòdolos dìas, pasamolo moi ben esfollando, bailando coa charanga, e coa xente tan animada que veu de convidada, esp#blgtk08#eremos que non se perda ese animo,e que sega organizando esta comision tan boa,e haber se nos presentan logo o programa do Nadal, que acabar acabarimos cansos pero xa stamos pa outra, saudos a tripulaciòn
Comentario por Sonia (20-11-2012 21:04)
3 Hola a todos. Me alegro de ver todas las lindas actividades que tienen como siempre. Yo estoy ya trabajando en Canarias pero no me olvido d#blgtk08#e ninguno de uds. Por aquí, mucho calor pero extraño todo lo de allí. Saludos para todos y mis mejores deseos. Hasta pronto.
Andrés
Comentario por Arandrés Cabre (10-12-2012 00:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0