Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

MAGOSTO COA XENTE DE COUZADOIRO

O martes, magosto.
Non hai porco ao que non chegue o seu San Martiño, pero eu espero polo patrón para que cheguen as castañas. Xa di o dito castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño. Tardábame por probalas este ano. Máis aínda porque esperamos pola xente da miña parroquia para invitalos ao magosto.
Os veciños e veciñas desta casa pasamos a mañá pelando castañas para nós e para os invitados que habían vir pola tarde.
Ás catro chegaron meu irmán e miña cuñada con Pauliña, a súa neta; viñeron tamén Lalo e Pilar os fillos de Lolitiña, Gloria a irmán de María, Javier o home de Carmen, unhas curmás de Emilio, Belén e a pequena Sofía, Hilario e Eva? en total uns vinte veciños e veciñas.
Comemos castañas con leite e un cachiño de roscón agasallo da irmá de Manolo Platas, coñecida do noso Inocencio do Ermo.
Despois da merendada, Alberto Golpe contounos unha morea de cousas sobre o traxe galego antigo. Moitas das súas pezas facíanse con lá nos teares e tamén con liño. Un traballo ben laborioso; para facer catro dedos de tea podíase empregar toda a tarde.
Temos varias pezas prestadas por el na exposición Ao abrigo da tradición, tanto prendas de vestir como mantas. Unha das máis curiosas é o mandil de mostra. Era unha peza para cubrir a cabeza cando chovía ou para entrar na igrexa. Estaba feita en lá negra cunha franxa de cor viva por baixo, que era unha mostra dos puntos do tear; esta parte é a que lle dá o nome á prenda. Para suxeitar o mandil, ten cosida pola parte de riba unha cinta de cor. Estas cintas as traían ás feiras os maragatos quen as utilizaban como ligas para suxeitar as medias. En Galicia lles demos estoutro uso. É por iso que nalgunhas podemos ler inscricións en castelán como ?Quien te regala esta liga te diera toda su vida?.
Moita xente non recordaba os traballos no tear, pero si coa lá, calcetada ou ganchillada. Despois da guerra, nos tempos da fame, volveuse fiar a lá e o liño para facer sabas, mantas, camisas, medias, calcetíns? Angustias do Gaio ten boa memoria e lembrou os tempos da súa nenez e xuventude enfundada nunhas zocas de madeira que parecían feitas á medida para ela.
Temos que agradecer á veciñanza de Couzadoiro que viñeran compartir unha tarde de lembranzas á nosa casa grande e tamén a Alberto Golpe que nos deixara un agasallo inmaterial pero perenne.
Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 16-11-2012 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 fotoooossss
#blgtk08#

Comentario por (17-11-2012 00:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0