Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

PREGÓN DAS FESTAS DE SAN MARTIÑO 2.012
Hoxe Manolo Cao, home de mundo e da casa, fixo o pregón das nosas festiñas que, sen máis preámbulo, aquí podedes ler:
San Martiño é o empezo do novo ano natural. Paso do verán ao inverno. Tempo escuro e frío, cando os traballos agrícolas se ven reducidos ao que se pode facer a cuberto por mor da chuvia e o frío.
Frío por fóra! Nas casas sempre hai unha parola, un conto ou un bocado para unha festa.
Nesta casa grande, encetouse o San Martiño no día propio cun bo xantar con lacón cocido e roscón que foi agasallo da Comisión de Festas da parroquia. Hai que aproveitar que estamos no tempo de matanza: de lacón cocido e xamón asado, de raxo adubado e bistés, de zorza e chanfaina, de fígado encebolado e riles en viño do país...
Mais tamén é tempo de castañas. Aquel caldo de castañas dos vellos dalgún día xa non se come. Agora son asadas, cocidas ou peladas segundo saen dos ourizos. Hai quen segue a facer os zonchos en colares protectores contra os males ou contra a Santa Compaña. Cando eu era cativo, pouco a pouco iamos comendo na protección. Que ben nos sabía! O martes está invitada a veciñanza de Couzadoiro para facer un magosto con castañas cocidas e leite. Unha celebración enxebre para unir elos. Ese día teremos tamén unha parola agradable de Alberto Golpe que nos traerá lembranzas do de antes, falándonos da lá e os seus traballos, para lle sacar o mellor proveito a esta exposición ?Ao abrigo da tradición? que sen a súa inestimable axuda non estaría tan ben rematada.
O San Martiño tamén é tempo de colleita de maínzo. Moito pan de broa e de mestura temos comido de nenos, e non tan nenos, por non haber doutro. O maínzo daba de comer á xente da casa e tamén ao gando e ata ás galiñas. Sen maínzo, eses ovos non serían tan mareliños. Ben o saben a Pita e a Churra que, a pesares de ir frío, poñen uns ovos que dá xenio velos. Pero falabamos do maínzo, que dá de comer pero tamén dá traballo, o mellor era o da esfolla. Traballar traballábase, pero folear tamén: unha cantiga, unha peza, arrastrarnos abaixo da pluma apalpando o que había... Ai se me recordo! Para mellor lembranza, temos invitado o xoves á xentiña de Insua, que tan ben nos acolleu na súa parroquia. Teremos un pouco maínzo prestado pola familia de Sonia de Abarqueira. Á veciñanza de Insua pedirémoslle que nos axude a esfollar e ao que se cadre.
E como todo bo xantar ten que ter unha boa sobremesa, a nosa será o venres. A Charanga Alborada virá tocar unhas pezas para animar o fin de festa, que remataremos cun pouco roscón agasallo de Lalo e Pilar, os fillos de Lolita Sanjurjo.
Teremos todo o ano para dixerir esta festa e tomar folgos para a seguinte...
Boas festas! Ata o ano que vén e de aquí alá moitas veces!
Comentarios (4) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 12-11-2012 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Viva Manolo Cao, o noso padriño!!.Tanto sabe este Manolo e é de agradecer a súa gran dispoñibilidade sempre coa Casa, sobre todo cando hai festa por medio, que iso sí Pepe, a festa gústalle ben, coma a min.Dou xe#blgtk08#nio oilo dicir o pregón, que porte, que soltura, faltoulle a paxariña...Moitas grazas Manolo dende este barco por aportar o teu graíño de area para que as festas de San Martiño sexan un éxito. Unha aperta
Comentario por Gelo Paz (12-11-2012 18:43)
2 Grazas padriño! Traes lá, ledicia e lerias. Hoxe e sempre. O que non sei e se algunha vez foras padriño dun santo. San Martiño, na#blgtk08#da menos! Acáeche ben. O santo deulle a súa capa (todo o que tiña) a un pobre que andaba a pedir e ti tamén dás o que tes. Grazas.
Comentario por Ara (12-11-2012 19:29)
3 ¡viva o padri#blgtk08#ño!!!
Comentario por oly (12-11-2012 20:01)
4 #blgtk08#
Comentario por Sonia (12-11-2012 20:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0