Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O CASO DO BOTICARIO MOAS

Co conto das Pitas de Fina estamos a recibir moitos consellos sobre o coidado das galiñas, e dos galos se procede. Como queriamos que empezaran a poñer axiña pedimos que nos dixeran algún truquiño para acelerar o proceso. Un dos que saíron foi poñerlles en cada niño un ovo de madeira ou de metal (non temos claro cal é o material axeitado), para que así tamén souberan onde poñer e que non andaran deixando os ovos por fóra. Non parecía mal consello, pero non tiñamos ovos para o caso así que fomos á agrotenda de onde trouxeramos as pitas a ver se sabían algo do tema.
Benito, o guardia, home simpático onde os haxa, cando sentiu a nosa petición esbozou con pillería un sorriso. Non nos debía de ver moitas trazas de gandeiros? Mais non era iso. O que quería era contarnos un caso.
Vós ben coñecedes a Manolito Moas, non? o da farmacia da Estrada Xeral. Pero ao defunto do pai, deus o teña no ceo, non o coñecestes. Era tamén boticario e tampouco tiña présa ningunha. Dunha vez entroulle na botica unha señora, igual que hoxe vós aquí. El foise levantando a modiño, a modiño, e a señora díxolle, ten vostede ?ghuevos de plomo?? Moas díxolle con moita retranca, non señora non, élle reuma.
Tivémonos que rir por forza.
Á fin viñemos para a casa sen ovos de madeira ou de metal ou do que fora. Pero as pitas comezaron a poñer ovos nos niños como se o tiveran feito toda a vida. Animaliños!
Comentarios (3) - Categoría: 4. CONTOS DA VILA - Publicado o 10-10-2012 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 ....na miña casa non rompian tanto a cabeza,poñian #blgtk08#de "aniñadoiro"un ovo de calquera galiña!!!
Comentario por loly (11-10-2012 00:23)
2 Hui, Loli. É que pitas como as de Fina no#blgtk08#n as hai tan mimadas no mundo enteiro...
Comentario por Ara (11-10-2012 12:42)
3 Vaia por dios oh! Este Moas era talmente o ferretero que habia aqui na Peroxa. Un dia dunha feira entroulle na ferreteria unha mulleriña toda apurada,#blgtk08# e díxolle:
- Ai Faustino dame unha rateira de camiño, que teño que ir pillar o tren.
- Ha haai miña filliña, tan jrandes non chas teño.
Comentario por Arjamiro (11-10-2012 12:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0