Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O VIADUTO DE MERA
A bisbarra do Ortegal sempre careceu de infraestruturas de comunicación modernas: non hai aeroporto, nin un porto grande, nin sequera autovía ou tren de alta velocidade. É máis, a chegada do tren foi moi lenta. No século XIX comezou a demandarse unha liña ferroviaria que unise os acuartelamentos de artillería de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias. O que despois deu en chamarse o Tren da Costa.
Principiou o proxecto cunha lei de 1.883, na que se instaba aos enxeñeiros do goberno a realizar, coa maior brevidade, os estudos para un ferrocarril que saíse dende Ferrol pasando por Ortigueira, Viveiro e Ribadeo para chegar a Xixón. En 1.886 o Congreso dos Deputados aproba a liña férrea de vía estreita cun orzamento por quilómetro construído de 100.000 pesetas (600?), que xa era pesetas!.
En 1.902 chegaron a Ortigueira os enxeñeiros que realizaron o estudo da vía, mais, por discrepancias sobre a idoneidade do trazado, as obras non dan comezo ata 1.921, facéndose cargo das mesmas o estado español. O desastre de Annual, a guerra civil e a posguerra retardaron a obra. Inaugúrase o primeiro tramo, en Asturias, en 1.950. O tren a Ortegal aínda tardaría máis de 10 anos. O 29 de xaneiro de 1.962 inaugúrase a liña Ferrol-Mera e o 7 de setembro de 1.964 a liña Mera-Ortigueira; para chegar de Ortigueira a Viveiro tivemos que esperar a 1.966 e o proxecto rematou en 1.972. Para entón a liña de vía estreita estaba desfasada con respecto aos avances da época. Despois disto seguiuse construíndo hacia o País Vasco e hoxe a liña da costa chega ata Bilbao.
A construción das vías do ferrocarril deu traballo a moita xente da zona como Otilia Blanco. Esta muller, quen foi veciña desta casa, contaba que as mulleres colocaban o morrillo e os homes as travesas.
Para que chegara o tren tamén houbo que levar a cabo grandes obras de enxeñería (estacións, apeadeiros, pontes, viadutos ou túneles) que salvasen a complicada orografía do norte. Unha destas grandes obras foi o viaduto de Mera, construído en 1.921 polo enxeñeiro vasco Jesús Uribarri, un discípulo de Gustave Eiffel, o arquitecto da Torre de París. O alto viaduto de formigón atravesa o val do Mera no seu curso medio, pouco antes de que este forme a súa máis grande insua. Cun largo de 95 metros, consta de once arcos de medio punto que apoian en grosos piares reforzados con piastras.
Os máis vellos do lugar lembran unha historia que non sabemos canto ten de certa. Disque o construtor do viaduto se empeñou para poder levalo a termo. Como o goberno non lle aceptou o traballo en tempo, e por tanto non pagou, el viuse arruinado e parece que se suicidou tirándose do viaduto abaixo. Corenta anos despois disto comezou a pasar o tren pola súa construción e continúa hoxe en día.
Comentarios (10) - Categoría: 6. CATALEXO cousas para ver - Publicado o 28-09-2012 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
10 Comentario(s)
1 Datos e máis datos...,para can#blgtk08#do unha viaxe en tren???!!!.;)
Comentario por (01-10-2012 21:00)
2 eso mesmo dig#blgtk08#o eu!
Comentario por loly (01-10-2012 21:24)
3 Pepe, a min tamén me parece boa idea o da viaxe en tren. Propoño #blgtk08#ir a Viveiro e que Laura nos faga de guía turística na súa terra.
Comentario por Gelo Paz (01-10-2012 23:18)
4 Pero o viaduto da foto queda en dirección a Ferro#blgtk08#l,ou non?.Vexo pouca afición a viaxar en tren.:p
Comentario por (02-10-2012 13:35)
5 Pero o viaduto da foto queda en dirección a Ferro#blgtk08#l,ou non?.Vexo pouca afición a viaxar en tren.:p
Comentario por (02-10-2012 13:35)
6 Si que é verdade que o da foto ía para Ferrol e foi unha casualidade que no momento de sacar a foto pasara pola ponte pero así dá máis que falar, polo que se vé.Un saúdo e #blgtk08#se alguén se anima a ir no tren que se suba ao barco que axiña poñemos data. Iso sí,no barco non fai falla a identificación pero no tren ha de ser outro cantar.Un saudiño!
Comentario por Gelo Paz (02-10-2012 18:51)
7 eu apuntome a viaxe,(avisade con tempo).con respeto a foto o #blgtk08#que vai direccion ferrol e o tren non o viaduto ¿non?
Comentario por loly (02-10-2012 20:36)
8 Mi madriña, Pepe! A xente ten ganiñas locas de ir en tren. Eu propoño ir a Narón que é un concello ben bonito. Podemos quedarnos en Pedroso onde está a capela da O, o muíño de maquía restaurado e un parque fluvial ideal para unha merendada; tamén contamos cun paseo marítimo pola ribeira do Xuvia espectacular; aínda digo máis, deberiamo#blgtk08#s ir ao Mosteiro do Couto, xoia do románico de beleza sen igual. Para quen prefira o asueto e non tanta beleza tamén temos o centro comercial para tomar un café ao quente e ao abrigo.
Por proposta que non sexa.
Non te preocupes, Loli, contamos contigo, vaia o viaducto para onde vaia. Que para min que non vai, so aguanta.
Comentario por Ara (02-10-2012 20:43)
9 .....é menos mal que aguanta,¿pareceche pouco?.moi boas as propostas,pero dende pedroso a o couto é un pouco lonxe.imos ter que facer varias viaxes:ata pedroso pa ver a capela,o muiño e facer a meren#blgtk08#dola;outra a xuvia pa recorrer o paseo,é a terceira a piñeiros pa ir hasta o couto.è coma non quer a cousa,xa temos o nome de tres apeaderos;quedarianos sta icia e xa chegamos a ferrol (creo)
Comentario por loly (04-10-2012 00:31)
10 Jajajaja fai falla billete#blgtk08#,en que ano vives???!!!!;@
Comentario por (04-10-2012 20:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0