Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

NATURAIS DE ORTIGUEIRA

O asociacionismo entre os emigrantes na Habana comeza xa a principios do século XIX. A comezos do século XX aparecen sociedades moi vencelladas ao lugar de procedencia, pois aínda se pensa no retorno. Eran unha estrutura de apoio na integración social dos recén chegados, prestándolles seguridade psicolóxica e sendo axentes de aculturación. Outro dos seus fins máis senlleiros é a mellora dos seus lugares de orixe, construíndo lavadoiros, fontes, camiños, pontes, escolas, bibliotecas? Para isto valíanse dunha delegación na parroquia, formada xeralmente por emigrantes retornados. As bisbarras con máis asociacións deste tipo son a Terra Cha e Ortegal.
Na Habana había un veciño da parroquia de San Adrián de Veiga, Antonio Couzo García. O 13 de xuño de 1.928, co gallo do seu santo, fixo unha reunión na súa casa. Foi moi comentado o pasamento dun coñecido que se atopara desamparado nos seus derradeiros días. Para tentar evitar estas situacións e outras, Antonio proponlles aos seus amigos a formación dunha sociedade. Reúnense novamente o 24 de xuño Daniel Rebollar, Manuel Casal, Manuel Díaz, Pedro López, Manuel Piñón, Enrique Prieto, José Antonio Prieto e Abelardo Piñón (irmán da nosa Avelina) para formar a Sociedade de Naturais do Concello de Ortigueira, elixindo como presidente ao anfitrión.
Constituíron unha Sociedade para prestar auxilio no caso de enfermidade, paro ou imposibilidade física, remediar situacións de indixencia e fomentar a unión e mutua protección dos orteganos e orteganas residentes en Cuba. Nutríanse das cotas sociais e voluntarias, as doazóns, bailes e veladas, festas e subscricións, tómbolas e festivais. Os cartos eran empregados do seguinte xeito: o 70% para socorros de asociados, un 5% para un Fondo de Previsión para a vellez, outro 5% para facer caridade e o 20% para gastos de secretaría.
En 1.931 o nome abréviase e pasa a denominarse Sociedade de Naturais de Ortigueira.
Tanto a crise de 1.929 como a guerra civil española fan que os residentes en Cuba decidan adoptala como nova patria. Isto provoca novas preocupacións nas sociedades. O 28 de marzo de 1.943 inaugúrase a nova sé da sociedade no 615 da rúa Gervasio; esta conta cunha biblioteca con máis de 4.000 referencias que leva o nome de Ramón Armada, o Cantor da Terriña. O 20 de xaneiro 1.952 inaugúrase no cemiterio Cristovo Colón o panteón social máis grande do mundo que consta de 3 pisos, 726 bóvedas y 5.000 osarios.
Tras a revolución cubana a dinámica da Sociedade interrómpese; tamén se crea a asociación Naturais de Ortigueira en Miami.
Nos anos 90 do pasado século, recupérase o baixo do edificio, para oficinas e escola de baile, e o primeiro andar, para o recreo de asociados e familiares.
Dende os seus inicios foi unha das asociación que máis persoas congregou chegando aos 60.000 no ano 1.960. Actualmente segue a ser a asociación galega na emigración con máis membros, uns 7.200. O seu presidente Juan Orallo Boscá considera que o reto actual da Sociedade é o seu mantemento polo envellecemento da xunta directiva e dos seus asociados e pola evidente falta de financiamento. Será precisa a incorporación da nova xeración de descendentes de galegos con novos retos e fins para non quedar no esquecemento.
Comentarios (2) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 27-08-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Abelardo Piñón era o meu irmán que marchou para A Habana con 18 ou 19 anos, antes de entrar en quintas. Foi xunta mi padre, Juan Piñón Piñeiro, que levaba aló dende que eu tiña tres meses. Se non había quen os ?chamara? non os deixaban entrar. Mi padre traballaba nun ?ingenio? da Habana. Os ?ingenios? eran fábricas nas que se procesaba a caña ata obter azucre. Mi padre dedicábase a #blgtk08#encher os sacos de azucre e marcalos, poñendo o nome para onde ían.
Tamén estaba na Habana o meu tío que tiña un negocio de prendas de ouro no que lle axudaban os sobriños indo vender polas rúas. A miña nai tiña un reloxo de ouro que lle mandaran de alá.
Eu aínda teño familia na Habana. Meu irmán casou e tivo dúas fillas ás que lles mando moitos saúdos e un bico forte.
Comentario por Avelina Piñón Rodríguez (07-09-2012 13:30)
2 si señor,fillas que todos os anos che ma#blgtk08#ndan unha postal moi agarimosa!
Comentario por loly (18-09-2012 01:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0