Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

DÍA DE PRAIA CON ABADÍN

Hoxe estamos cansos, pero pagou a pena. Veunos visitar un grupo de xente do Centro de Día de Abadín e pasamos todo o día de onte na praia. O día acompañou, neste verán invernal que temos, luciu o sol e refrescaba unha brisa mariña ben agradable.
O primeiro foron as presentacións, Paco de San Adrián coñeceu a Julio acompañado da súa Carmen, Julio a Fina da Mourela, Andrés de Pantín a Julia... Pouco e pouco todos eramos da casa.
Aproveitamos a mañá para achegarnos ao areal de Morouzos. Houbo un grupiño que quixo dar un paseo pola area e, por suposto, probar a auga. Ramiro foi dos primeiros en apuntarse. Primeiramente sentíase fría pero en nada daba xenio sentir as ondas bater nas pernas. Dicía Isabelita do Forno que xa non lembraba a última vez que se metera no mar.
Xantamos ben, á sombra dos piñeiros e parolamos dos tempos de antes. A xente de Abadín non lembraba ter ido á praia como a rapazada de agora. Nin sequera a de Ortigueira ía, a pesares de tela tan pretiño. Angustias do Gaio que vivía da praia a tiro de pedra si que ía, pero a traballar: recoller o argazo para botarlle ás terras, axudar a descargar o peixe das lanchas? Non había tempo de lecer, só se podía traballar para poder comer. Antigamente os médicos recomendaban moito ir tomar os baños nove días seguidos para mellorar de calquera doenza; xa di o noso don José, sería porque antes se traballaba arreo e o corpo precisaba descanso, pero único xeito de parar era que o dixera o médico. Tamén Isabelita do Forno contou a lenda do Dragón da Barra, tradicional de Ortegal e máis do lugar onde estabamos. Pepe Dovale recordou un dos nexos entre Abadín e Ortigueira, e especialmente coa nosa casa: Daniel Pernas Nieto, cura nacido en Abadín e capelán da nosa casa, que tivo o mérito de publicar o primeiro libro en galego tras o comezo da guerra civil.
A xente de Abadín contounos da Feira de ano de Gontán, onde segundo dixo Herminia hai de todo, dende froita ata gando. Polo Entroido dis que teñen a feira do grelo, cos mellores grelos do mundo enteiro, plantados como se fixo sempre, sen químicas modernas. No grupiño había moita xente de Vilalba, como Raquel de Noche, que nos contou como se criaban os famosos capóns, aínda que Delmita se ía máis cun pito campeiro da casa que é máis substancioso. Tamén Delia falou sobre os seus veciños máis famosos, Rouco Varela e o xa finado Fraga.
Pasámolo tan ben que temos que pensar en argallar outra xuntanza, a medio camiño ou ir probar os famosos grelos. Hase de ver. De momento, imos dar as grazas tanto usuarias e usuarios de Abadín como ao seu persoal por un día sensacional e recordarvos que as fotos deste día pódense ver na nosa fotoblogoteca.

VÉMONOS!
Comentarios (6) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 18-07-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
6 Comentario(s)
1 Que gusto dá ver tanta xente de ben pasándoo en grande na praia e compartindo experiencias.Seguro que foi un día para non esquecer e que, por suposto, haberá que repetir. Para a próxima non mo perdo!!. Bicos e apertas para tod@s os maiores do c#blgtk08#entro Abadín e para o seu persoal e, como non, para ti Pepe, que xa vín que fixeches boa publicidade do noso blogue e para tod@s os veciñ@s do centro de Ortigueira e o persoal. En poucos días xa estou de volta!.Saúdos vacacionais dende Ferrol.
Comentario por Gelo Paz (19-07-2012 13:02)
2 Deume gusto ver á nosa xente no mar porque había moito que non o facían e porque é moi san. Hai q#blgtk08#ue repetir, pero cun bañador. A Paco de San Adrián lle quedaron ganas de meterse ata os xeonllos.
Comentario por Ara (21-07-2012 12:03)
3 Eu estaba de día libre pero tiven a fortuna de cando iba para a praia ver un grupiño de xente que ( avofé fixoseme coñecida); e cal foi a miña sorpresa de ver o Patrón do barco tan ben #blgtk08#acompañado e disfrutando todos/as de tan fermoso día compartindo experiencias.Alegreime moito de poder saudaros e ver as vosas caras cheas de ledicia.Unha aperta para todos/as.
Comentario por lolita (23-07-2012 15:16)
4 DENDE ABADIN QUEREMOS AGRADECER AO PERSOAL E AOS USUARIOS DA RESIDENCIA DE ORTIGUEIRA AS ATENCIÓNS QUE TIVERON CON NOS, FOI UNHA XORNADA CHEA DE SORPRESAS.SENTIMONOS COMA NA CASA, CON GANAS DE REPETIR E DE#blgtk08# QUE OS DE ORTIGUEIRA NOS DEVOLVAN A VISITA PARA DEMOSTRARLLES O NOSO CARIÑO. FOI UNHA HONRA COÑECER AO PATRON DESTE BARCO ESTUPENDO QUE ESTANDES A CONSTRUIR ENTRE TODOS DIA A DIA. NORABOA E MOITOS BICOS
Comentario por ELIA LADRA (24-07-2012 15:22)
5 gracias a os de Abadin po lña vosa preciosa visita paseino moi ven con vosvolvese#blgtk08# pronto a sentir o aire doce mnda praia de ORtigueira que e a perla das rias altas
Comentario por polizona (28-07-2012 14:51)
6 ¡Pasámolo fenomenal,#blgtk08# temos que repetir!
Comentario por LAURA (04-09-2012 13:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0