Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

A RAPA DAS BESTAS

Cada ano coa chegada do verán repítese unha actividade ancestral na Serra da Capelada: a Rapa das Bestas.
Din que xa na idade do Bronce, os habitantes do que hoxe é Galicia trataban de domesticar os animais convertendo esta actividade en rito. O antigo historiador Estrabón o relataba así: ?Con cornos e berros acosan os animais polo montes para lograr acurralos. Uns os matan para comelos. Outros os doman e sérvenlles de montura para as súas loitas guerreiras.? Existen documentos eclesiásticos de mediados do século XVI que fan referencia ás rapas.
Na Capelada vense facendo a Rapa das Bestas ininterrompidamente dende 1.974, cada derradeiro fin de semana de xuño, organizada pola asociación ecuestre ?A Crina?, co patrocinio do Concello de Cedeira e a colaboración dos comerciantes da vila.
Participan na festa uns douscentos cabalos, de raza pura galega ou mestizos, pertencentes aos membros da asociación ou a propietarios particulares.
Días antes da rapa e esa mañanciña, os gandeiros soben ao monte co bestilleiro diante para acurrar os cabalos e levalos para o curro, onde se xuntan. O curro pode ser de pedra ou de estacas de madeira coma o de Pena Toxosa, na Capelada.
A xornada comeza cunha misa solemne celebrada no campo. Despois péchase a estacada do curro para poder comezar a separar os garañóns das bestas e dos poldros, cousa nada doada xa que os animais pelexan por se ceibar rinchando, couceando e levantando os pés de diante. Por último, os aloitadores e aloitadoras abaten o animal, o marcan e cortan as crinas tanto das bestas e poldros como dos garañóns, para despois ceibalos de novo no monte.
A festa continúa con liorta de garañóns, doma de alta escola, probas de andadura, trote e galope, exposición de cabezas de gando de diferentes razas, carreira de relevos a cabalo, así como o sorteo dun poldro nacido na Serra da Capelada.
Arredor da actividade principal existen outras que a completan, como toldos onde mollar a palleta ou as polbeiras para encher o bandullo despois de tanto exercicio. Tampouco falta a música para troula dos asistentes.
A Rapa das Bestas faise en varios lugares da xeografía galega como en Candaoso, Viveiro, e a máis famosa é a de Sabucedo, A Estrada.
Comentarios (2) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 02-07-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Só fun unha vez á Capelada ver a rapa. Pasei moito medo porque alí quen m#blgtk08#andaba eran os cabalos. Non volvín. Se cadra teño que volver a probar...
Comentario por Ara (10-07-2012 13:03)
2 Eu fun unha vez, o ano pasado, e paseino fenomenal, gustaríame volver este ano, pero non sei que día é nin a que hora baixan os cabalos do monte, se#blgtk08# puideran decirme a fecha llo agradecería moito, moitas grazas.
E o que nunca fora a ver a rapa que se anime, e xa vera como pasa un bo rato.
Comentario por Sara Garcia (22-06-2013 21:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0