Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

FOLEÓN DE SAN PEDRO

Levamos xa uns anos celebrando o foleón de san Xoán, pero este ano decidimos rescatar o san Pedro, pois en Galicia, de sempre, tamén se fixo lume o 29 de xuño.
Este foleón tamén ten unha remota orixe pagá de conmemoración da entrada do período de renovación e fructificación: o verán. A igrexa católica fixo súa a tradición para recordar o martirio do primeiro papa, san Pedro, e do apóstolo dos xentís, san Paulo, pois ámbolos dous foros executados pola orde do emperador de Roma, Nerón, no abrente do 29 de xuño do ano 67.
Comezamos a tarde cunha merenda contundente de liscos e chourizos acompañados por familiares e achegados de Estrella de Cerceda, de Fina de Caranza, de Avelina, de Virtudes... Para baixar a merenda, non nos podía faltar a música. Nesta ocasión foron Inocencio co acordeón e Angustias coa pandeireta quen tocaron algunhas pezas. Puidemos escoitar a Gelo e a Candela cantar e tocar A saia da Carolina e Estrella tamén quixo tocala un pouquiño.
Acendemos o lume purificador e saltamos sobre o foleón. Non quedou ninguén sen pasar sobre as brasas, procurando que fora un número impar de veces, berrando, bailando en derredor, aspirando o seu fume (que o vento espallaba) e recitando conxuros e ditos: meigas fóra! Déixovos aquí un antigo romance válido tanto para a noite de San Xoán como para a de San Pedro:
Madrugada de San Pedro
madrugada a máis garrida,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre o día.
Onde vai Nosa Señora?
Onde vai Santa María?
Vai cara a banda do mar,
vai cara a banda da ría.
Que dice a Virxe? Que dice?
Que dice Santa María?
Cal será a meniña? Cal,
que colla a flor da auga fría?
Non será dama, nin deuda,
que será a princesa Aldina,
a princesa namorada,
filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela,
tan feitiña e tan bonita
con eses seus ollos claros,
da color da auga da ría.
Só ti Aldina serás
quen leve a flor da auga fría.
Érguete do leito nena
ven cara á banda do mar,
que anque ti soíña veñas
tornarás en compañía.
Na torre do real palacio,
anque aínda está lonxe o día
móvense os liños dun leito,
algunha xente se erguía.
A princesa, Deus a garde!
era a moi garrida Aldina
que vai día de San Pedro
catar a flor da auga fría.
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 01-07-2012 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Pepe, os liscos e chourizos remollámolos co tinto de verán, dese que non emborracha, pero máis dun e dunha rematou remollada en auga e houbo para rep#blgtk08#artir.Isto de previr incendios está ben pero ter a mangueira tan a man é o perigo de saír a nado.Estivo ben para sofocar a caloriña do foleón.Un saúdo
Comentario por Gelo Paz (02-07-2012 11:14)
2 Primeiro afumadas e despois remolladas, talm#blgtk08#ente coma os lacóns. Pero que ben o pasamos.
Comentario por Ara (03-07-2012 09:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0