Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

CENTENARIO DE AVELINA

Conta hoxe Sinda que onte tivemos festa. Abofé que si, e rachada. Non era para menos, pois cen anos non se cumpren tódolos días. Foi un día especial non só para Avelina, cos seus 100 aniños, senón para toda a casa. Pola mañá xa estaba a homenaxeada toda guapa coa roupa de estrea, maqueada e peiteada de perruquería.
Ás once da mañá foi a inauguración oficial da exposición ?Arredor dunha vida? á que asistiron o alcalde de Ortigueira, don Rafael Girón, o concelleiro de obras (que é de San Adrián como a nosa veciña), don Regino Quintiana, e a técnica xerontolóxica do Consorcio, dona Ximena Campos, ademais da familia e achegados. Avelina di que cen anos dan moito para contar e así debe de ser, xa que na exposición hai dende fotos antigas da súa vida ata a santa que tiña na mesiña de noite na casa das Cascas, pasando polas cousas que se utilizaban nos seus anos mozos para lavar, coser e na cociña, os que podía haber na taberna da súa avoa (a Conda), a ferramenta de zoqueiro do seu sobriño Abelardo ou as postais e cartas da familia que marchou emigrada. Por suposto, podemos ver unha escolma de fotos da nosa veciña participando en diversas actividades da casa: paseando, facendo ximnasia, pintando...; elaborando rosquiñas, colares de zonchos, chourizos, pinchos de froita...; disfrutando no Nadal, nos maios, nos foleóns, na Patrona, nas esfollas...; cantando, contando, rindo. Hai ademais cinco pinceladas de acontecementos importantes nestes últimos cen anos e todo ilustrado coa poesía dun autor que naceu tamén en 1.912, Celso Emilio Ferreiro, e máis cos sabios ditos, refráns e cancións de Avelina.
Tras unha breve ollada á exposición, escoitamos as voces e pandeiretas das Cantareiras pequenas da Agrupación Cultural ?Airiños dos Carrís? de Abarqueira que encheron de música a nosa casa cunhas pezas ben fermosas.
Á tarde houbo máis festexada. Avelina estivo acompañada polo seu afilladiño Abelardito, os sobriños que viñeron da Coruña, Loli de Mera, Lola do Gaiteiro, o pequeno gran Jaime, fillas, fillos e familiares do persoal e, por suposto, polas veciñas e veciños da casa que ben orgullosos estamos de ter unha compañeira tan lonxeva e que leva tan ben os seus anos; xa dixo ela, teño o acordo todo.
Avelina quería convidar a torta e tivo unha de tres pisos, cunha maciñeira cargada de mazás en cada un, e outra torta cunha figura que parecía talmente ela. Haille que dar as grazas á pastelería Dolan que elaborou as tortas e a Gelo que ten arte ata para facer unha Aveliniña tan doce como a orixinal. Outra cousa que pediu Avelina foi que cantáramos e bailáramos para ter un centenario alegre. Penso que non terá queixa pois a música e os ánimos de Hortensio, o Homeorquestra de Viveiro que nos acompañou toda a tarde, fan mover a todo o mundo.
PARABÉNS, AVELINA, E A POLOS 101
Comentarios (8) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-06-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 Canta razón en todo o que escribes Pepe, onte na Casa non quedou nin un recuncho sen festa e ademáis da boa.
Por suposto tan ben merecida para a nosa
GRAN AVELINA, que ata pintou o ollo de azul a xogo coa chaqueta de estrea,que tiña preparada para tan especial ocasión. Non faltou det#blgtk08#alle e estivo acompañada de toda as persoas que a queremos ben ¡¡Moitos parabéns, chuchiños e apertas para Avelina!! e que cheguemos aos 100 coa saúde, memoria e sabedoría dela, que xa non é pouco. Bicos para tod@s tamén de parte da miña nena Candela que xa quere voltar outro día do ben que o pasou.
Comentario por Gelo Paz (27-06-2012 21:54)
2 Si señor que grande razon dixera Gelo, Pepe houbo festa rachada, e coa boa musica e animaciòn de Hortensio que nos fixo disfrutar coa sua actuaciòn, a verdade e que o pasamos moi ben foi unha tarde moi especial e ben bonita, moitos parabens para a nosa Avelina,que #blgtk08#sega asi de ben,, e a tarta boisima, moitos saudos e bicos aos tripulantes, e parabens tamèn a este equipo que organizou a gran festa para celebrar eses 100 anos de Avelina. buenos Pepe ata que teñamos outra festiña para poder bailar e desfrutar tanto coma nesta.
Comentario por Sonia (27-06-2012 23:33)
3 pois si pepe,foi un dia precioso e ben aproveitado,deu para moito;eu cheguei a casa derreada pero pagou a pena,avelina mereceo.Todos puxemos o noso graiño de area é avelina valorouno.cando xa rematara a festa estivemos falando dos agasallos#blgtk08# que tivera,e dixome que tivera moitos,pero o mellor de todos fora MOITO CARIÑO.por certo tamen estiveron os seus sobriños de san adrian,jose manuel coa sua irma é a sua filla.bicos tamen para ti candela,eu tamen o pasei moi ben contigo
Comentario por loly (27-06-2012 23:50)
4 Ai Pepe, ata hoxe non tiven folgos para escribir do derreada que quedei da festa. As cantareiras estupendas, Hortensio fai xolda el só, as tortas moi orixinais e saborosas, a exposición fantásti#blgtk08#ca e Avelina co seu sorriso (que vale un Potosí), coa compaña da súa xente e chea de agasallos. Que máis pedir...
Ah si, vai pensando como queres a celebración para cando cumpras os cen.
Comentario por Ara (28-06-2012 11:42)
5 Pepe, nótase que tes devoción por Avelina. E non me extraña, co seu exemplo de prudencia e sabedoría, desa que non vén nos libros e que #blgtk08#vén dada pola VIDA. Si, VIDA maiúscula como a dela, que enche cada un dos seus cen aniños.

Unha aperta

Comentario por David Martínez (28-06-2012 13:19)
6 Que fiesta tan bonita! me emocionó
ver lo mucho que te quieren ese maravilloso grupo de gente que te cuida, el hombre orquesta que puso su grano de arena con la musica, me encantó ver el mural que te hicieron con las fotos de tu vida, en las que estaba mi abuela (tu hermana) mis padres, el tio Abelard#blgtk08#o y Teresa, tu sobrino Abelardo y yo misma, todos esos recuerdos y el camino de la vida en que muchos de nuestros seres queridos van quedando atras, pues muy pocos cumplen 100 años!! Avelina siempre has vivido con mucha paz y Dios te ha permitido llegar así de bien a esta edad. A filla da tua sobriña Encarna
Comentario por Angeles Porta (30-06-2012 12:16)
7 Ains! Pero será posible Pepe que me perderá o cumple100 anos de Avelina... Pero que env#blgtk08#exa que me dades...
Unha aperta moi moi grande a esa cativa de 100 aniños...;-)
Comentario por Ana (01-07-2012 12:14)
8 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.

"As especies que sobreviven non son as máis fortes,nin as máis rápidas,nin as máis intelixentes;senón aquelas que se adaptan mellor ao cam#blgtk08#bio."

É obvio dona Avelina que vostede é o contrapunto,a excepción desta frase creada por un científico(Charles Darwin).Se o citado científico levantase a testa e lle botase unha ollada a vostede por un intre,abofé que trocaba a célebre frase anteriormente citada...
FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!
Comentario por Monicreque (01-07-2012 23:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0