Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

DE CANDO A TELEVISIÓN CHEGOU Á VILA

Quen non ten unha televisión na casa? É un electrodoméstico tan imprescindible como a cociña ou a lavadora. Ás veces máis. Pero cando eramos pequenos non había televisión e tamén se vivía.
A primeira demostración dunha emisión de televisión en España fíxose o 10 de xuño de 1.948, na Feira Internacional de Mostras de Barcelona. A casa Philips Ibérica instalou unha cámara unida por cable a un monitor situado a 30 metros. Non era moita cousa, pero foi o inicio. Houbo que avanzar moito e tardar 8 anos para inaugurar unha programación diaria, o 28 de outubro de 1.956, e 3 anos máis para que comezara a emitirse en Galicia.
Antes da popularización do aparello ocorreron anécdotas curiosas. Houbo un rapaz de por aquí que no ano 1.960 foi visitar ao seu irmán, que estaba traballando en Francia. Tanto en Madrid como en París puido ver televisores funcionar. Ao voltar á Vila contoulle á súa moza o que vira ao seu xeito. Por isto a moza enfadouse con el toda a semana, porque quería moquearse dela, xa que para que se había meter un home nun caixón a dar o parte?
A Ortigueira, os primeiros aparellos chegaron nos anos 60, como signo de modernidade. O primeiro en tela foi o comercio de Modesto Cheda que a puxo mirando á rúa e alí iamos en procesión para ver aquilo que parecía cousa de meigas.
Era moi distinta á de agora. Non emitía todo o día. Comezaba ás oito da tarde co Telediario, remataba ás doce da noite co himno nacional e os luns non emitían por descanso do persoal. Antes da emisión víase a Carta de axuste, mentres se escoitaba un fondo musical. Nunca souben para que servía aquilo. Todo isto é impensable nestes tempos nos que os corenta canais non paran en todo o día e o cacharro fala máis que algún membro da familia.
Daquela a televisión daba que falar a todo o mundo, sempre do mesmo programa (só había un canal). Que se Laurita Valenzuela tiña un traxe cinguido en Galas del sábado, que se levaran a cabaza no Un, dos, tres, se choramos con La casa de la pradera ou se nos rimos cos Chiripitifláuticos e os pallasos da tele. O sábado á noite poñían sempre películas de cine que estaban clasificadas por idades. Aparecían un ou dous rombos; cando saían dous había que ir para a cama inmediatamente, quixeras ou non. Tempo andando descubrín que aquelas películas tan prohibidas non tiñan nada doutro mundo.
Tamén lembro como se fora hoxe a primeira emisión da televisión de Galicia no ano 1.985 coa película Foise co vento. Que estraño se nos facía escoitar aos americanos falar en galego! O máis normal do mundo.
Comentarios (5) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 24-04-2012 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1
Hola Pepe, nós cando poñían os dous rombos distríamos a miña nai e así víamos a películas, non sempre colaba. L#blgtk08#ogo chegou dis a televisión de Galicia a que moitos relacionamos con Galloso que xa leva unha pila de anos. Un saúdo.
Comentario por Belén (24-04-2012 19:12)
2 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
Aínda que moitos intelectuais definan a t.v coma un trebello que semella unha batidora para os miolos,tamén reciba o apodo de caixa tonta...,e se lle otorguen unha ringleira de adxectivos despectivos...;a min deume intres inesquecibles.
Intres coma:
A viaxe do ApoloXI,eu puiden disfrutar anos despois(pola miña idade)da espectacular retransmisión de Jesús Hermida.
Guerras que finaron,oxalá non naceran...
Retransmisións de bodas reais.
Retransmisións de "fumata" ,os misteri#blgtk08#osos conclaves.
Tamén unha ringleira de sucesos...
Sobre todo teño na miña memoria progamas coma a bola de cristal,un dos tres,el precio justo.Inesquecibles a progamación animada coma Pumuki,Erase una vez...,la abeja Maya....Adictivas as tramas de "Falcon Crest","Dalas","Dinastía".,
Hoxe ao ler o artigo adicado á t.v sorprendeume,a sorpresa foi que vostede D.Pepe non fxera unha apoloxía as ondas hertzianas.A razón da miña sorpresa é que vostede a t.v non lle adica ningún tempo e por orde cronolóxico pertencelle unha LOA Á RADIO.
Vaites! Lembrar que a comisión de festas do S.Martiño(2011)regalou ao centro unha espectacular t.v ,que se pode ver a km,GRAZAS!!!
Comentario por Monicreque (24-04-2012 22:23)
3 recordo que con tres aniños o meu pai trouxo una tele pra a casa eu estaba operada da gorxa foi una sorpresa moi grande que oxe recordo con moitisima ten#blgtk08#rura gracias papa por certo estaban poñendo nesa momento que a encenderon por ptimeira vez debuxos animados e cantaban algo asi la funcion va a empazar
Comentario por polizona (24-04-2012 23:27)
4 Cando eu nacín xa había tele na miña casa. Era en branco e negro. Para subirlle a voz ou cambiar de canal (o que non faciamos moito porque só había dous e a segunda non se collía moi ben) había que levantarse para darlle aos botóns. Un dos primeiros programas que lembro é La casita del reloj, no que saía Tina Sáinz empezando a contar o conto d#blgtk08#e Mambrú e nunca o daba rematado porque alguén a interrompía; aínda hoxe non sei como remata. Tamén recordo as discusións coas miñas amigas sobre a cor da saia de Heidi. A vantaxe era que cada unha a podiamos imaxinar como máis nos gustara.
Cando lle conto estas cousas á miña filla parécenlle doutro século ou máis ben doutro milenio...
Comentario por Ara (26-04-2012 12:11)
5 A tele a miña casa chegou cando eu xa tiña oito anos,daquela no meu lugar na tiña naide solo os meus padriños que tiñan taberna e logo Chente do Gaiteiro.Recordo; calquera se esquece!!o día que chegou para a miña casa foi todo unha festa.Pero logo tamen botei de menos as sai#blgtk08#das noturnas en días de inverno a casa de meus padriños para ir mirar algunhas peliculas que a méus pais lle gustaban moito,coma o conde de Montecristo que era por capitulos, e logo lembrome Dos Miserables.Eu ainda que non mirase para a tele encantabame xogar cos meus primos.
Comentario por Lolita (16-05-2012 15:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0