|
|
|
|
QUERIAMOS FIAR NA LA... |
|

Nos tempos de antes, fiábase la en tódalas casas, pois non había outro xeito de facer xerseis, chaquetas ou carpíns. A nai da nosa Estrella de Cerceda era cardadora e ela explicounos con todo detalle o proceso de fiado da la.
Na primavera ou primeiros de verán rápanse as ovellas; antigamente facíase cunhas tesoiras e agora xa hai uns peites eléctricos. Xa na rapa, separábase a la en dúas moreas, segundo fora de cor branca ou negra.
Empezabamos fervendo auga na lareira, no pote grande de facerlle a comida aos animais. Botabámoslle a auga fervendo, mollando a la ben mollada. Despois levabámola ao río en paxes, onde non facía lodo e había pedras. Calzabamos os zocos e veña, dabámoslle cos zocos calzados para lavala ben, sen xabrón, dentro dos paxes. Para secala botabámola ao sol derriba dunha silveira deitada que xa estivese de botar a roupa ao sol ou faciamos un cancelo algo volteado de varas e vareabamos a la para que quedara brandiña.
Xa na casa, a la había que escarpizala, poñela aberta e esponxosa. Collíanse dúas cestiñas, unha a cada lado, a da esquerda chea de la e a outra baleira. Íase collendo aos poucos a la da esquerda coas mans, alargándoa e refregándoa para abrila e deixala na cestiña da dereita.
Había quen a cardaba cuns utensilios de madeira de moitos arames tortos, as cardas. A la púñase nunha carda e íase estirando coa outra, moitas veces ata que quedaba ben desenvolta. Outra xente non cardaba pois disque a la rompía moito.
Despois a la anoábase ao fuso e fiábase cos dedos, envolvéndoa no fuso que se suxeitaba no mandil para que non se movera. Tamén había quen a torcía coa parafusa.
A continuación imos envolvendo os nobelos de la no sarillo para facer as madeixas coa la lista para tinguir. Para o tinguido botábase a tintura nunha pota con auga, fervíase arredor de media hora e despois aclarábase ben con auga e púñase a secar á sombra.
Unha vez tinguida e enmadeixada, a la pasaba á debandoira, facendo un novo nobelo coa la preparada para facer todo tipo de prendas, calcetada ou ganchillada. Podíase tamén levar á tecelá que tiña tear e facía mantas ou cobertores; picaban moito pero eran quentiños.
Hai uns días tivemos un agasallo de Antonio de Picas e o seu socio que moito lles agradecemos. La de dúas ovellas tan boa e dociña que daba salvación. Lavámola con moita arte pensando fiala. Porén houbo a quen se lle ocorreu metela na lavadora e? púxose tesa que non había quen lle metera man. A que non sabe fai como a que non ve. Estrella dixo que a solución é prenderlle lume. Outra vez será! |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Ola Pepe.
Vaia oh! sinto que se vos fastidiara a la e non a poidérades fiar. Tamén a quen se lle ocurriu meter a la na lavadora debe de ser do "pueblo". En fin... Eu non sei se a la sería de boa calidade, pero o que si che poido dicir é que deu que rapar. E dígocho con coñecemento de causa. O tal Antoniño de Picas é amigo meu, e funlle axudar a rapar as ovellas. Ben, axudar axudar, mais ben eu grabeino en vídeo para a#blgtk08# posteridade. O rapaz vese que non ten moita práctica esquilando ovellas, pero polo menos ponlle interese. Xa é coñecido por SKILEITOR. De feito o vídeo pódelo ver en youtube http://www.youtube.com/watch?v=Y25TtQ4ZJRk ou se buscas en google RAPA DAS OVELLAS xa é o primeiro que aparece: rapa das ovellas en Santa Mariña do Monte 2012. Tes que velo con son, pola entrevista e todo o demais. Espero que che guste.
Un saúdo |
|
|
Comentario por Espinete (19-04-2012 20:12) |
|
|
2 |
vaia lastima oh!ca ilusion que me facia ver fiar.tamén a quen se lle ocorre meter a la na lavadora se xa o dí estrella¡ que hay que lavala no rio!.#blgtk08#o 23 de abril podemos mercar en moeche unhas cardas e un lavadoiro de madeira deses que se poñian no río para lavar a la a proxima vez.....
|
|
|
Comentario por loly (19-04-2012 23:52) |
|
|
3 |
..por certo pepe,ainda que non puidemos ver o fiado da la teño que decirlle que jaime veu "encantado",chegou a casa todo contento d#blgtk08#icindolle a o seu pai "ya los conozco a casi tod@s".cando a escola llo permita volverei levalo a pasar outra tarde con vos
|
|
|
Comentario por loly (20-04-2012 00:10) |
|
|
4 |
O bó disto é que de todo adeprendemos, ata dos erros. Será por ovellas, lá e boas mañas. Non hai máis que mirar algún vídeo de youtube que nos recomendou un amigo.Per#blgtk08#o fiar, fiaremos.Máis ben, fiarémonos das vellas. Elas si que saben!!Unha aperta ben grande para todas elas pola súa boa disposición para ensinarnos canto saben.Bicos |
|
|
Comentario por Gelo Paz (20-04-2012 11:02) |
|
|
5 |
Está ben. Confeso. A burra da aplicación das "novas tecnoloxías" fun eu. Tedes razón, para fiar hai que se fiar das vellas. Síntoo.#blgtk08# Procurarei facerme con máis la, porque o que peor levo é que o grupo de fiandeiras estaba triste como se lles morrera unha ovella. |
|
|
Comentario por Ara (20-04-2012 20:32) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|