Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

ESTRUGAS
De ouro, con tres penas pardas, sobre ondas de auga azur e prata, postas en situación de faixa e sumada a cada unha delas unha mata de estruga de sinople con sete follas. Esta é a descrición do escudo de Ortigueira. O ouro simboliza a nobreza do escudo, as penas representan aos Aguillóns, as ondas son as do mar e da ría, e as estrugas están presentes porque parece que son a orixe do nome do concello (en castelán son ortigas e unha ortigueira sería o sitio onde abundan).
A estruga é o nome común do xénero Urtica. Chamáronse herbas dos cegos pois son fáciles de recoñecer ao tacto, polos seus peliños que resuman unha substancia que produce picazón e inflamación da pel.
Aínda que os antigos gregos crían que era unha planta que daba valentía e tiña propiedades afrodisíacas, durante moitos séculos estivo considerada como mala herba (todas as plantas o son ata que alguén descobre as súas utilidades). Hoxe sábese que teñen propiedades vasoconstrictoras (paran as hemorraxias), favorecen as dixestións, axudan á recuperación do fígado, melloran a circulación e axudan a baixar o colesterol, aumentan a producción de leite nas nais, son antianémicas, diuréticas e depurativas, van ben para a reuma e para os problemas de tiroides, a infusión das follas reduce o estrinximento, a decocción da raíz seca é un laxante suave...
Utilízase en cosmética para eliminar as imperfeccións da pel e para previr a calvicie. Na industria úsanse os talos, que son moi fibrosos, para a elaboración de fibras téxtiles naturais.
E logo, para que non serve a estruga? Pois para alimentarse tamén, por se alguén o estaba a pensar. Xa as comían no antigo Imperio Romano. Son ricas en vitaminas e minerais, e incluso teñen proteínas. Cómense como calquera verza, xa que unha vez cocidas non pican. Os talos son moi leñosos, polo que só cociñaremos as follas. Pódense facer en sopa, en puré, en revolto, en ensalada ou en pratos doces. Para facer unha crema doce de estrugas collede medio litro de nata, 75 gramos de azucre e 100 gramos de puré de estrugas; montade todo co batedor. Quedará unha crema doce con aroma a estruga coa que podedes acompañar calquera sobremesa.
Non esquezades recollelas cando a lúa estea en Escorpio e con luvas. Non fagades como aquela pequeniña de 3 ou 4 anos que veu unhas estrugas na beira do río, case tan altas coma ela, e dixo moi contenta: Mira mamá, mira que plantiñas máis bonitiñas... Ai! Mami, pican! Nunca se lle esqueceu o nome. Estrugas.
Comentarios (8) - Categoría: 7. TESOUROS naturais - Publicado o 03-04-2012 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 Boas Pepe.
Eu ainda sei outra utilidade para as estrugas. Son moi boas para sulfatar os morteiros, para que non os coman os bichos. Coa ventaxa que si se sulfata con productos químicos, non valen para comer o mesmo día, pero si o fas coas estrugas, simplemente lavalas con auga e a comer.
Para facer o sulfato, colleremos unha boa brazada de estrugas, canto mais verdes bullentes mellor, metelas nun valde grande e tapalas con auga corrente,#blgtk08# deixalas 21 días macerando, lonxe da casa, non ten un olor moi agradable. Colaremos a auga, metemola nuha sulfatadora e xa se pode botar por riba de todo o que se queira, fruta, verdura, flores... nin a pican os bichos nin a leva tanto a peste.
E dín que tamén son moi boas para os que teñen os cadrís baixos, os que non se dan baixado polo traballo. Uha boa zorreghada con estrugas nas cachas, e subelles a ansia o momento.
Un saúdo Pepe.
Comentario por Espinete (04-04-2012 09:44)
2 Epa! esquenceume decir, que o zume das estrugas antes de votalo na sulfatadora, ai que revaixalo en auga#blgtk08#, nuha proporción de 10 litros de auga por 1 de estrugas. Si se vota así puro, queima todo o que toque.
Comentario por (04-04-2012 10:36)
3 Pepe, vexo que se atenden peticións... porque foi pedilo Monicreque e falar das estrugas. Así que eu tamén vou pedir, uníndome ao que dix#blgtk08#o a Polizona, eu tamén quero unha desas historias bonitas que agocha o Ortegal. Unha de escapados, por exemplo. A ver o que podes facer.
Comentario por Ara (04-04-2012 15:30)
4 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
Son un monicreque sentíndose Pinocho (teño unha boa nariz pero con "talla única"...) ,ca súa "fada madriña"concedéndolle un desexo...Grazas por adicarlle un artigo ás estrugas.
Xa saben que en Galicia caracterízase ,entre outros tesouros,polas espectaculares árbores.Non é só toxo e estruga,non sempre xeneramos esa "reacción"...
Son un monicreque feito de madeira:
Pernas de buxo;madeira flexible,compacta e duradeira para largos sendeiros...
Brazos de castiñeiro;madeira rexa que ofrece sostén e á vez ofreceu a castaña,un dos productos galegos por e#blgtk08#xcelencia.
Cabeza de ameneiro;madeira que resiste as consecuencias da auga,é decir que resiste aos chaparróns que caen...
Corazón de carballo;para min a + nobre...,madeira que alberga os mellores viños.
O resto do corpo de salgueiro;madeira utilizada para conxuros e árbore para lugar de conxuros.
Todas estas árbores forman parte de min ,árbores que se atopan no ecosistema galego.Un exemplo claro de ecosistema galego é AS FRAGAS DO EUME ,o lume arrasou hectáreas deste exemplo de ecosistema galego.Unha perda para Galicia,agardemos que non volva suceder.
Este monicreque non volve ao baúl... Pois arestora continúa de xira.Cando regrese espero atopar uns bos artigos e sobre todo "polémicos".BOAS VACACIÓNS A QUEN PROCEDA...
Comentario por Monicreque (04-04-2012 21:13)
5 Hola Pepe , boas si que e bon este artigo das estrugas, ai cantas veces non me terei picado, a primeira vez porque non sabia o que era e as outras por despestiste, inda que dende que as catei a primeira vez non se me olvidan e recollezoas as legoas, acordome que cando era pequena e ia chorando e dando as queixa a miña avoiña, (Joaquina), que sempre me deu moitos#blgtk08# mimos e tiña remedios pa todo, e senon remedios daba consolo, pero o remedio pa aliviar o picor das estrugas , como ben digo miña avoa ia coller o canoto dunha verza , unha col vaia, e o zume que soltaba pasabalo por onde pasaran as estrugas, e efecto facia non me preguntedes por que pero sanaba, bueno os mimos dunha avoa tamèn axudan, saudos , a todos e ata outra
Comentario por sonia (04-04-2012 22:04)
6 Eu si probei as estrugas en puré, xa hai ben anos. Non podo chufalas moito. A min non me soubo. #blgtk08#Pero terei que probar esa crema doce que ao mellor é como aquel anuncio, as teño probado pouco.
Comentario por Ara (05-04-2012 22:47)
7 Con tantas utilidades como teñen as estrugas e o baratas que son non sei como non prantamos na horta unhas pouquiñas. Ha de ser por medo a picarse,non si? porque eu creo que é o que máis coñezo delas.Quen non se picou algunha vez?.Cousas nosas,que está ben conservalas e transmitirllas ás máis pequenas/os aínda que fagan rabear un pouco. Sei dun non tan neno,que para ter boa circulación nas pernas, fr#blgtk08#egábaas coas estrugas.Non sei se lle era efectivo ou non pero tiña truco:regábaas cun pouco viño (seguro que de barrica de carballo)e ao son dunha gaita de buxo, rebulía coma unha castaña asada.Valgan as propiedades tamén das nosas árbores e súmome así, ao sentir do Monicreque polas Fragas do Eume, que hai días arderon, pola mala cabeza dalgún e malfacer doutros.Que non se repita!.Saúdos dende Ferrol.
Comentario por Gelo Paz (07-04-2012 11:57)
8 coñecin nun dos meus vaxes a unha muller orixinaria de Becerrea que sempre me convidava a infusion de estruga con salvia dicia q#blgtk08#ue era mui bo para sa mulleres pois regila ociclo menstrual e moi rico de tomar xa que a salvia dalle un toque saboroso provadeo
Comentario por polizona (12-04-2012 20:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0