Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

PRIMEIRAS TÉMPORAS

A institución das témporas aparece en Roma, no século III, substituíndo ás festas pagás agrícolas. Nun inicio, correspondíanse co tempo da semente ou da colleita en cada lugar e non cunha data determinada. O obxecto das témporas é adicar un tempo para agradecer a Deus os froitos da terra e pedirlle a súa bendición sobre a semente para que dea boa colleita, ofrecendo actos penitenciais como o xaxún.
A Igrexa foi reconvertendo tódalas festas pagás e deste xeito as témporas organizáronse nun conxunto de catro ciclos litúrxicos, con celebracións propias, coincidentes co remate e inicio das estacións do ano e tendo en conta o calendario lunar. Isto serviu tanto para facilitar o cálculo das datas, como para vencellalas ao culto católico. Así as primeiras témporas cadran na segunda semana da Coresma, as segundas na semana seguinte a Pentecostés, as terceiras na semana despois da exaltación da Santa Cruz e cuartas na semana posterior a Santa Lucía.
En Galicia, un país dependente da natureza tanto no mar coma no agro, empregamos de sempre as témporas para predicir o tempo. Para isto disque se hai que se fixar no tempo que vai o mércores, venres e sábado da semana das témporas, así o do mércores correspóndese ao primeiro mes da próxima estación, o do venres ao segundo e o do sábado ao terceiro.
Non faltaba tampouco en casa de ningún galego ilustrado un lunario co que facer os cálculos o máis exactos posible. O lunario contiña os aspectos principais do sol e a lúa, isto é as conxuncións, oposicións e cuartos da lúa co sol e a nova dos eclipses de ámbolos dous astros. Asemade tamén describían unha cronoloxía de varias novas de cousas sucedidas dende a morte de Cristo ata o presente e diversas recomendacións de hixiene e saúde.
Tamén en Galicia teñen moita tradición os calendarios agrícolas anuais, libriños nos que aparecen predicións do tempo, as lúas, as mareas, as feiras, consellos agrícolas, refráns, adiviñas, o santoral... Dous son os que teñen máis sona. O máis antigo é O Gaiteiro de Lugo, fundado en 1.857 polo impresor Manuel Soto Freire e denominándose inicialmente Calendario Gallego. Comezou escribíndose en castelán, mais pouco e pouco foi tendo presenza o galego nas súas páxinas e a partir de 1.936 publicouse integramente na nosa lingua. Foron colaboradores habituais Xosé Filgueira Valverde ou Antonio Noriega Varela. O outro calendario é O Mintireiro Verdadeiro, promovido en 1.952 por José Regadío Vázquez, quen era crego en Palas de Rei. Foi escrito en galego dende un inicio e ten unha sección na que recuperan palabras galegas en desuso. Amosa un carácter crítico, humorístico e retranqueiro. Defínese como ?chusqueiro, escotolido, galego-castelán, profético, enxebre, noticioso, artimañeiro e tamén barato?.
Tesouros vivos da nosa cultura tradicional que hai que pór en valor.
Comentarios (8) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 30-03-2012 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 Ola Pepe!

Deste lunario que ti falas, xa lle teño oído nombrar a miña nai. Tamén teño visto o Gaiteiro de Lugo, do que nunca souben é do Mintireiro Verdadeiro, este non me soa. E había outro famoso tamén, O Zaragozano, seguro que aínda ha de haber algún por casa de meus pais.

Pero de onde eu son, o que máis acertaba co tempo, non era nin o lunario, nin calquera dos outros calendarios. Era o ghato. Este si que adiviñaba, e non o Pemán. Cando se sentaba na lareira e lavaba a cara, se pasaba o pé por detrás da orella dereita... chovía; se o pasaba pola esquerda, orballaba; e se metía o rabo na cinza, vi#blgtk08#ña do nordés. Así foi un día, que debeu de sentir o pobre do animal tanto nordés xunto, que de tanto meter o rabo na cinza, prendeulle lume. Xa había un cacho que cheiraba a chamusco, pero el debía estar quentiño que non se movía. Pero cando sinteu que se queimaba, botou un berro feo, pegou un salto, esghaduñando na cociña e a berros botouse fóra da casa. Miña nai de tanto medo que tivo case cae de cu no chan berrando... Fou! cousa do demo! e este ghato toleu! E non había tolear animaliño, levava lume no rabo, meu santo.
Que bon ghatiño aquel, ratar non rataba moito... pero o tempo cravabao.

Ata outra Pepe.
Comentario por Espinete (30-03-2012 23:29)
2 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
Nos primeiros pasos da evolución do home xurde o acto,a necesidade de culto.A necesidade de culto é nexo de unión entre tódolos seres humanos;aínda que a deidade,ideal,obxecto de veneración non sexan os mesmos e varien dependo de certos factores... dende logo o sentimento é o mesmo en maior ou menor grado,dito grado presenta unha fluctuación dependendo,unha vez +,de certos factores...
A necesidade de culto desembocou en tradicións,rituais,legados... cós cales formamos colectivos cun mesmo sentimento,cunha mesma actuación;é decir cun mesmo obxectivo e nos tempos actuais dito obxectivo en común non é doado acadalo,a trabe de citado obxectivo e a crenza.
Nun comezo existían unha gran diversidade de crenzas,as cales se foron reducindo e reconvertindo por razóns obvias... Para min a gran actuación é o resultado grazas a crenza e non cabe dúbida que#blgtk08# a forma de acadar un gran colectivo é conxugar,mesturar tradicións,relixión,costumes,sabedorías,troulas...
Dende que eu era un monicrequiño e tiña a madeira "verde"(xa saben xente nova e leña verde...)recordo que se vendían os calendarios agricolas nas feiras.Estes "libriños" funcionaban como publicidade espallando a nosa tradición no agro entre outras cousas....A día de hoxe aínda persisten(non é doado),para min o mellor é ler as prediccións meteorolóxicas... pois o clima a día de hoxe está a dar "moitas voltas"e non é predecible,o clima trata de abraiarnos e abofé que o consegue!!!
Arestora pódense acadar "estes libriños" por internet.Eu recomendo a súa lectura ,no MENTIREIRO VERDADEIRO as prediccións están envoltas de sorna,retranca,artimaña,labia... é obvio que con tales APLICACIÓNS GALEGAS a predicción é"NON DECIR,DECINDO ". Para que este tesouro siga vivo e o corazón non pare de latexar é preciso mercalos.
Este monicreque vaise de xira co espectáculo,retornarei coas monicrecadas...
Comentario por Monicreque (31-03-2012 13:13)
3 Pepe, temos que dar as grazas a Lola Sande, a filla de Pataquiña de Espasante, que nos emprestou o lunario que se ve na foto e outr#blgtk08#os libros antigos. E tamén a Loli de Mera que nos agasallou co Gaiteiro de Lugo o último xoves que coincidimos no mercado da Vila.
Comentario por Ara (31-03-2012 22:10)
4 Patrón;canto apréndo neste blog, e o mesmo tempo canto me río con algunhas historias. Neste caso dicirlle a Espinete que eu sabia que si o gato pasaba a pata por detrais da orella chovía, pero xa#blgtk08# vexo que me quedaba curta.Prove gatiño!!!! o peor, que o sair para fora unha de dúas, ou se lle apagaba o lume do rabo, ou ese vento do nordes llo facía prender máis. Quedeime ca duda jajaaa...
Comentario por Lolita (10-04-2012 13:02)
5 ...Ben, non quería chegar eu a estes extremos de dicir como se lle apagou o lume ao probe do ghato. Pero como meu pai sempre me dixo que era de moi boa educación contestar ao que che preguntaran, pois direiche Lolita, que ao ghato apagáronlle o lume cun saco, un saco de esparto, daqueles que se poñían ao cochocho, cando orballaba. Resulta que cando o ghato saíu a fume de carozo pola porta, ía ceghiño de todo o animal, e non se deu de conta que no medio da eira estaba meu pai falando cunha veciña, María da perna curta, que viña de coller no estrume cun saco d#blgtk08#e esparto ao lombo. Cando veu saír aquel animaliño a berros e envolto en lapas cara a ela, tal como tiña o saco agarrado coa man, así llo baixou dúas ou tres veces derriba do espiñazo berrando... Ai Xesús, que arde o ghato! Miña alma, a intención era boa, o lume apagoullo, pero no que non tentou, foi que dentro do saco levaba o fouciño, un furquito e unha fiambrera de aluminio, onde levara a merenda para o monte por se lle daba a fame mentras collía no estrume.
Pobre ghato, morreu ardido e apaleado. Meu santo que morte levou. Que gran perda tivemos.
Comentario por Espinete (10-04-2012 23:29)
6 Agora xa vexo claro polo que non querias chegar o final da Hi#blgtk08#storia;duro final po minino.As miñas condolencias pola perda.
Comentario por Lolita (11-04-2012 15:43)
7 Gracias muller...#blgtk08# non somos nada.
Comentario por Espinete (11-04-2012 18:48)
8 Ups!cuanta información inte#blgtk08#resante,parece l twitter!!
Comentario por Rajolita (11-04-2012 22:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0