Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

PEPES E PEPIÑAS
Os Xosés, Pepes e Pepiñas, e tódolos pais, celebramos hoxe o noso día.
Xosé e Xosefa son nomes que viñeron a menos, por mor da chegada doutros máis ou menos exóticos cos que hogano se nomean boa parte dos meniños e meniñas. Porén a festividade non perdeu pulo. Hai anos que cadra festivo e outros coma este que non, mais no noroeste galego a súa celebración é especial.
Xa no século XIX, arredor do día de San Xosé, xurdiron grupos musicais que interpretaban cancións adicadas ás Pepiñas. O nome de Xosefa estaba moi estendido entre as familias e as noivas. Os grupos de amigos, que se xuntaban nas barberías, tiñan ocasión de amosar o resultado das horas de ensaio, formando colectivos para ofrecer as súas melodías ás mulleres amadas e, acaso sen sabelo, dar orixe a un espectáculo coral da maior aceptación popular.
En Ferrol a Noite das Pepitas ten un especial engado romántico, pois arrodéase dos ingredientes para que así sexa: a música, a nocturnidade e a moza asomada ao balcón. As rondallas saen á rúa, con traxes que lembran aos da tuna e con instrumentos musicais de corda e púa, para gabar ás mulleres coas súas cancións.
A grupos como o coro Toxos e Frores, decano dos galegos, seguíronlle outros como Añoranzas, Sonidos del Alba, os Bohemios, Lucero del Alba, a Rondalla Mugardesa, os Trovadores, a Rondalla de Cariño, a Coral Polifónica de Ortigueira ou Urtica.
As habaneiras son as cancións estrela, mainas e harmoniosas; viñeron de alén mar polo contacto coa emigración a Cuba ao principiar o século XX. A única en galego é aquela con letra de Xosé María Lema Suárez e música de Xavier Comesaña, que conmemora o centenario do noso himno, titulada Cen anos hai e que di:
Baía da Habana,
na beira mar,
ao vaivén das ondas
un galego soña
coa patria natal.
Malecón da Habana,
beira doutro mar,
quedaban as ondas
musitando a oda:
cara a Galicia van.

Parabéns para Benedicta do Ermo (que tamén é Josefa), Baudilio de Loiba, ámbolos dous Pepes de Castro de Rei, Fina de Caranza, Fina das Pontes, Josefa do Ermo, Josefa da Madalena, Miranda e para tódalas Xosefas, Pepiñas, Xosés e Pepes, nos que me inclúo.
Comentarios (9) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 19-03-2012 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
9 Comentario(s)
1 Parabéns Pepe, para ti e para todos os Pepes e Pepas que coñecemos e un bico de chocolate e laranxa, como adoitamos dar en Ferrol por estas datas.
Tradición antiga a das "Pepitas" de Ferrol,de capas con cintas de cores e escarapelas, de afin#blgtk08#adas voces, laudes e mandolinas,piropeando á fermosura da que facemos gala as mulleres da miña terra. Vaia por todas as ferrolanas e por todas e todos os demáis, que un piropo ou unha habaneira ben cantada dalle gusto escoitar a calquera.
Comentario por Gelo Paz (19-03-2012 10:57)
2 Ola Pepe, son unha rapaza de Ferrol e encantoume ler este artigo. Ao meu avó paterno chamábanlle "Pepe Nacha" e cantaba moi ben. Aínda non nacera eu e cantaba na Rondalla Armonía, que agora xa non sae neste día.El contaba que a tradición veu do sur, dos inmigrantes andaluces que viñeron á cidade a traballar nos asteleiros e no a#blgtk08#rsenal militar e que o de repartir os doces "bicos" foi despois.
O meu avó xa non vive, pero mándolle unha aperta dende aquí e un bico ben grande, pois hoxe cumpría anos e estaba de santo.Ademáis era o pai do meu pai, ao que aproveito dende este fermoso blog para darlle os parabéns.
Sorte,capitán, no seu navegar!.
Comentario por A neta de Pepe Nacha (19-03-2012 12:37)
3 Ola Pepe. Eu quérome unir na felicitación aos Pepes e Pepiñas, en especial a meu p#blgtk08#ai, por ser o mellor pai do mundo, e tamén por chamarse José. Bicos para ti tamén.
Comentario por Ara (19-03-2012 15:45)
4 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
FELICIDADES!!! a tódolos Xosés e Xosefas, tamén a tódalas variantes de citados nomes anteriormente.<#blgtk08#br /> Dende eiquí felicitar a GRAN PEPA(non é Pepa Flores(Marisol)),a nosa Constitución,que lle fai a competencia a Avelina e cumpre 200 anos.
Por certo ... mencionar que a GRAN PEPA con 200 anos precisa un estilista...,é decir que vaia acorde cos tempos (renovarse ou ...)
Comentario por Monicreque (19-03-2012 15:58)
5 Hola,Pepe as miñas felicitaciòns neste dìa dos Xosès, Xosefas. etc..., Espero que pasaras un bo dia e recibiras moitas felicitaciòns, moitas felicidades a todos os pais tamèn en especi#blgtk08#al o meu tamen, que inda non e xosè da igual, mereceas sempre, e a miña nai que e xosefa, moitas felicitaciòns especias o resto de Xosès, e Xosefas do noso barco, bicossssss a todos/as
Comentario por Sonia (19-03-2012 21:06)
6 aínda que o día xa esta rematando non quero deixar de felicitar a#blgtk08# todos os xoses e xosefas é a todos os pais.moitas felicidades!!!
Comentario por loly (19-03-2012 22:05)
7 As miñas felicitacións Pepe espero que fose un día moi especial e o mesmo tempo tr#blgtk08#asmite as miñas felicitacións a todos os PEPES E PEPAS DO CENTRO UN BIKO MOI FORTE
Comentario por veronCA (21-03-2012 20:00)
8 xa chegou a polizona do teu barco#blgtk08# ponome as tuas ordesmeu capitan
Comentario por (23-03-2012 16:03)
9 Menuuda sorte ter que tr#blgtk08#aballar para un,polizona
Comentario por Roberto (24-03-2012 12:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0