Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

HORTA TERAPÉUTICA

Non hai mal que por ben non veña. Precisabamos que un veciño enraizase na casa e a David ocorréuselle facer unha horta en parte do xardín, aproveitando que moita da xente que aquí vivimos somos de agro e achamos moito de menos as nosas hortiñas.
É esta unha actividade significativa para todos e todas nós, achéganos á natureza, ofrécenos posibilidade de conversa e intercambio de ideas, dános unha razón para baixar a diario e ver como medra, se precisa rega, se lle hai que quitar as malas herbas, se xa se pode apañar algo?
Pediunos opinións por ver que plantar: patacas, tomates, allos? Mais ao final pensamos que era mellor opción algo que puidéramos comer de sobremesa ou merenda. Decidimos poñer amorodos, unha froita típica da primavera, que se dá ben na nosa terra; de feito os careixóns, máis pequeniños e tardíos, danse nos arribóns e nas taxeas. Escollemos o amorodo tanto polo seu sabor doce e toque acedo como polo seu recendo e a súa intensa cor. Ademais de apetitosos son beneficiosos pois teñen gran cantidade de vitaminas e poucas calorías, sendo recomendables para persoas con estrinximento, hipertensión, reumatismo ou diabete.
Animámonos e plantamos romeu, menta, margaridas, caraveis, framboeseiros, e ata Mari trouxo unha oliva; tamén puxemos arbustos exóticos (a ver como van) alquexenxes e froita da paixón.
Á horta baixamos de cote, pois o tempo está bo e dá xenio estar fóra e mirar para quen traballa. José de Castro de Rei axudou a retobatar a terra, Manolo de Couzadoiro aínda puxo algún plantón, Isabelita do forno rega tódolos días (este inverno é moi seco e só choveu un día dende que se plantaron) e os demais aconsellamos da nosa experiencia.
Comentamos que non era ben poñerlles o plástico negro, porque non deixa transpirar a terra, aínda que nos medre herba; xa a quitaremos. Houbo distintas opinións sobre a conveniencia de aboar ou non; decidimos non facelo, pois o terreo estaba descansado e non fora o demo que queimáramos as raíces dos amorodos. María de Couzadoiro di que os plantóns están moi raros; xa José de Castro de Rei mandou poñelos a un pé traveso, pero o pé debe ser o do xigante da légoa. Miña xoia! A que fixo os furados nunca un raño collera, ben se ve, pero a intención é o que conta.
Despois de tres semanas comezan a asomar, un pouco acovardados, os primeiros amorodos. Xa estamos desexando ver un caravel cheo deles. Para comelos temos moitas opcións: en xeado, torta, biscoito, marmelo ou nunha cunca con nata, con leite, con iogur ou con zume. Nun instantiño pódese preparar un batido de amorodo con plátanos cun pouco leite, azucre, nata e un chisco de chocolate relado. Aínda que a min como mellor me saben é recén collidos da horta.
Comentarios (9) - Categoría: 5. A saúde VENTO EN POPA - Publicado o 15-03-2012 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
9 Comentario(s)
1 pareceme unha idea estupenda,hoxe por fin puiden pasar a ver a vosa horta_xardin ¡que bonita a tede#blgtk08#s!.non sei se alguén terá ganas de matarme despois desta proposta...¿plantamos mainzo pa esfollada?
Comentario por loly (15-03-2012 22:28)
2 Je je je... Si temos a mesma axuda que nas esfollas, podedes contar#blgtk08# conmigo. Pepe, esta Loli vai acabar cos nosos cadrises... Apertas
Comentario por David (15-03-2012 23:22)
3 Onde hai que anotarse para a plantación de maínzo? Xa sei q#blgtk08#ue non fago os furados moi ben, pero interese heille poñer.
Comentario por Ara (16-03-2012 08:26)
4 Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira ,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
Horta terapéutica???!!!!! Esa actuación é boísima!!,en Galicia somos pioneiros en hortas...,en baixar o lombo.
Coa horta acadamos:
Activamos o intelecto;distribuimos a horta,que se rego para arriba o das cebolas e tantos pés que veñen sendo tantos metros... a carón van os tomates e outra vez... que rego para arriba... en fin trocámonos en arquitectos rurais en toda regra(sen número de colexiado).
Semellámonos a Pemán;se nace a lúa no día... chove "tantos" días seguidos,sopra do Nordés tempo#blgtk08# seco,soa a barra da illa de S.Vicente uff....Todos estes partes meteorolóxicos sen precisar ver as isobaras....
Astrónomos;controlamos lúas,na lúa minguante facer os semilleiros de cebolín,leitugas...
Culturistas;sen dúbida o mellor ximnasio "ecolóxico"que existe,utilizando o raño exercitamos músculos(bíceps,oblicuos,dorsais e nutros que non sabias que estiveran no corpo...)
Sabedoría;transmítense coñecementos do agro e non agro...
Productividade; a colleita BO TRABALLO!!
Menuda actuación a horta terapéutica... aínda que a mellor actuación para mín é escoitar"lévoche anos na horta terapéutica,antes non había outro remedio que terapeuticarnos coa horta!!!"
Comentario por Monicreque (16-03-2012 14:11)
5 Non é mala idea a de Loly, plantar maínzo, e de paso, digo eu, xa metidos en gastos, por que non un par de xovencas de raza galega? Iso si, de leite sen cría, se non dan moito que facer. Así podedes rentabilizar o traballo. Coas vacas facedes o rego para o maínzo. O maínzo non se planta nun furado, d#blgtk08#o furado sale a miñoca, muller, (esta Ara tenme unha pinta de labrega... vai por Deus!). Ademais coas vaquiñas tedes leite para o iogur de amorodos; co cenceno e a folla do maínzo dádeslle de comer ás marelas; aínda coa pluma da esfolla pódese estrar a corte das vacas.
Ecología en estado puro.
Comentario por Espinete (16-03-2012 14:23)
6 Boa cousa é isto da horta, polo menos de comer non dará pero de falar...
Boa idea a de Loly de sementar maínzo pero eu mellor agardo a que o teñan e nos conviden ás papas.
Monicreque,eu sonche de cidade e non estou afeita a "terapeuticarme"facendo regos pero se hai que aprender, apréndese.
Pepe vaia choio, maínzo para as papas, leite galego para acompañar e ca pluma, facemos un colc#blgtk08#hón para a siesta, non sexa que quedemos sen ela.¡Tanto traballiño! Como ben dí o refrán "comer e rañar todo é empezar" e "un palleiro, non se fai sen palla", así que dádelle ao sacho,a ver que sae.
Espinete ¿non saberás a quen encargarlle un cartel para sinalizar o prado das vacas? pois os que temos para a horta estannos quedando ben chulos, fáltalles o toque do verniz e listo.

Comentario por Gelo Paz (16-03-2012 16:30)
7 ten razon espinete,o mainzo non se planta nun furado senon nun rego,pero como de momento non temos "marelas" coido que uns grans nunhos buratiños tamen se han de dar#blgtk08#,aínda que non sexa mais que pros paxaros.david po los teus cadrises non rabees que media ducia de grans plantochos eu que estou disposta a aprender con gelo
Comentario por loly (16-03-2012 21:45)
8 Hola patròn, pois si que da de si a horta, froito non sei se dara pero como di Gelo que falar da moito, bueno a verdade que terapeutica segur#blgtk08#o que è, bueno haber se dentro duns meses comemos os froitos desa gran horta que tanto traballiño da, a seguir con moito animo para coidarla.
Comentario por sonia (17-03-2012 20:31)
9 Hla,me parece super xuli l huerta!,además con ls fresas que tienen un color ideal.Aunk l otro día cuando stuve d incógnito he vi#blgtk08#sto algún k otro dsperfecto dentro dl edificio,pues ya saben con tanto voluntariado... venga pues hasta vernos!muakis para todos
Comentario por Rajolita (18-03-2012 22:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0