
A Coresma recende a cera e incenso, a potaxe e peixe, a leite fritido e torradas.
Acho de menos aquelas sobremesas e merendas ao pé da lareira, coas súas tradicionais torradiñas aproveitando o pan sobrante do día anterior. Un doce de sabor enxebre e humilde, que pola súa consistencia axudaba a matar a fame e evitar así a tentación de consumir carne. A receita ten moitos anos de historia e a súa elaboración é sinxela, só hai que embeber rebandas de pan en leite ou viño cun toque de azucre, canela ou anís, rebozalas con ovo batido, fritilas e pórlles un pouco azucre.
Onte á tarde lembramos os tempos de antes cunhas torradas que sabían a gloria. Lola de San Paio, Isabelita do forno e María e Lucho de Couzadoiro puxéronse coitelo en man a cortar o pan.
Contaron varios xeitos de facelas, pois cada cociñeira ten as súas mañas: había quen mollaba o pan en leite con azucre, outras en viño e outras só con ovo. Decidimos facelas con leite, que nos pareceron máis dixestivas, ao que se lle botou un chisco de canela para darlle un toque especial.
Algunha xa notaba a falta de práctica no brazo ao bater os ovos que utilizaron para mollar as torradas, antes de poñelas nas tixolas. Burbullaban no aceite quente cun arrecendo familiar.
Lucho botoulle o azucre por riba. A María parecíalle moito pero non era para tanto. Un día non son días.
Falando, falando, María confesou que facía as torradas de sobremesa os domingos pois a Lucho lle encantan, pero a ela lle gustaban máis as chulas. Xa quedamos que o próximo obradoiro de cociña serán as chulas coa receita de María.
Merendamos que non se escoitaba un chío no comedor. Ovella que berra, bocado que perde. Cando rematamos, Luísa propuxo facer outro día unha empanada de mazás que a ela lle sae moi rica. Non sei se daremos comido tanto? Farase un esforzo. |
2 |
Boas a tod@s;eiquí un monicreque que fuxiu do baúl e colgou os fíos por un intre.O meu propósito é representar unha función sátira,sendo contrapunto a outras artes escénicas.
Abofé!!que pola cariña d@s cociñeir@s de Coresma... non semella postre de Semana Santa.
Seguindo o rito católico,a torrada reflexa a Coresma:
O pan é o corpo de Cristo,que xace neste tempo,sendo base da torrada.
O leite,os ovos entendense como os baños necesarios para que o corpo resucite.
A baño de ac#blgtk08#eite quente reflexa o sufrimento do Señor.
O resultado é a torrada,resurrección do pan morto!!!.UN POSTRE DIVINO!!
No século XV data a primeira mención por escrito en España ,atribuída ao poeta e músico Juan de la Encina"miel y muchos huevos para hacer torrajas"citando a torrada como prato reconstituinte para recén paridas.
En Portugal as torradas teñen o nome de "rabanadas" sendo doce tradicional da Navidad.
Menuda actuación me deu a torrada... pero a mellor actuación é papala!! |
|
|
Comentario por (14-03-2012 15:16) |
|