Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

AS MULLERES, PROTAGONISTAS DA HISTORIA

Disque hoxe é o Día Internacional da Muller. Para min que tódolos días o son. Da muller e do home. Porén é ben lembrar a esas mulleres humildes arteiras da historia e a súa loita secular por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Unha loita contra ?razóns? biolóxicas, históricas, científicas, morais? que aínda continúa.
Para celebrar as conquistas que en materia de igualdade se van conseguindo, hoxe fomos visitar a exposición O voto feminino, unha exposición itinerante do Instituto da Muller que se atopa no claustro do Concello de Ortigueira ata o 22 de marzo.
Alí puidemos ver un percorrido polas mulleres do último século e medio. Vimos retratos de mulleres na súa vida cotiá, de mulleres traballadoras, de mulleres das artes, de mulleres galegas destacadas no plano social (Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán?), de mulleres que loitaron polos dereitos e as liberdades, das primeiras deputadas en Cortes, da primeira ministra?
Angustias do Gaio e Mercedes de Betanzos ben se recordaron da posibilidade de ir votar nos anos da II República. Mais a guerra truncou tódalas ilusións. Mulleres e homes marcharon ao fronte a loitar pola seu. A ditadura rachou con tódolos dereitos, de mulleres e de homes, comezando unha persecución contra de quen tivera ideas distintas ás do goberno franquista. Así quedaron na súa memoria homes coma Foucellas ou Neira, e tamén mulleres como aquela sindicalista de Cariño que tiña que se agochar para non ser fusilada ou como Gloria, a moza de Neira, que despois de estar no cárcere marchou para o exilio a Francia.
Nos anos 70 recobramos os nosos dereitos coa Constitución, pero Isabelita do Forno amosou sensibilidade feminista para recordar que non aínda temos plena igualdade de dereitos na práctica e queda moito camiño por andar.
Pola tarde, conteille a don José que fóramos ver a exposición e dicía el que, de tódalas que viu no concello, esta é unha das máis interesantes, que fan falla dous ou tres días para tirarlle todo o partido. Poida que teña razón. Xa Luísa de Devesos comentara que isto había que estudalo a fondo.
Despois da exposición fomos repoñer forzas ao mercado e agasallámonos cun chocolatiño con churros que soubo a gloria, tanto aos homes como ás mulleres.
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 08-03-2012 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 teñolle oido a meu pai falar do tal neira,pero nunca oira falar da sua moza.meu pai contabame que naqueles tempos él soía ir ás feiras dos arredores,e o seu medio de transporte era o cabalo,é por iso utilizaba moito carreiros é atallo#blgtk08#s polo monte,por iso se ten atopado mais de unha vez co famoso neira;él contabame que non lle facia mal a xente,que so pedia o necesario prometendo devolvelo,promesa que cumpria sobre todo cos pobres,ós que non adoitaba roubar
Comentario por loly (08-03-2012 21:53)
2 Tes moita razón, Pepe. É unha das exposicións máis interesantes e divertidas que visitamos. As mulleres da casa tiveron unha partici#blgtk08#pación moi activa e saímos do claustro sabendo ademais cousas que non estaban na exposición, pero si nas lembranzas das máis vellas.
Comentario por Ara (09-03-2012 09:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0