Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O GOLPE

O golpe ou raposo (Vulpes vulpes) é un carnívoro da mesma familia que os cans. Ten patas curtas, fociño estreito e afiado, orellas ergueitas e picudas e cola longa e peluda. Pesa sobre 7 quilos e mide arredor dun metro, máis a cola. É de cor rubia por riba e branca pola barriga.
Tamén se utiliza o nome de raposo na nosa lingua para denominar varias plantas e fungos: chícharo de raposo (froito da xesta), pan de raposo (cogomelos), barbas de raposo (a mala herba do toxo)...
O noso golpe é un cazador solitario de galiñas (se non están ben gardadas), algún coello, ratos, toupas, ovos de aves e, sen non hai outra, come preas, froita ou insectos (mal lle vai ao golpe cando anda aos grilos). Móvese nun espazo duns 100 ferrados dende a súa tobeira, defendéndoo doutros golpes. Se ten que escapar pode correr tanto coma un chimpín costa abaixo (case 50 quilómetros á hora).
O golpe sempre tivo unha imaxe de dúas caras, xa que por unha banda considérase unha alimaria dos pequenos animais domésticos e por outra admírase a súa beleza e a súa astucia. Dende antigo, foi protagonista de contos da literatura galega de tradición oral simbolizando a intelixencia, como aquel fopeiro e golecho que adrolou ao lobo; mais tamén houbo golpes enganados como aquel letrado deludido polo galo Coidado, a raposa engaiolada para ir ás Vodas do Ceo, a que coñeceu ben ao Tío das Calzas Vermellas ou o chamado Milmañas a quen o gato preguntaba ?ti ris ou regañas??
Hai moitas crenzas na nosa terra sobre o golpe, como que velo en xexún é sinal de bo agoiro e porén escoitar o seu ouveo pola noite anuncia a morte dalguén da veciñanza.
Se queredes escorrentalo empregade a seguinte fórmula:
Arrapa, raposa,
e avanta no toxo!
Deixa a galiña
da miña veciña,
que ten dous pitiños
que quedan orfiños.
Arrapa e arrapa,
que a dona te atrapa
e bótache os cans
correndo detrás.
Comentarios (8) - Categoría: 7. TESOUROS naturais - Publicado o 27-02-2012 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 Eu que vivo na aldea; aínda estiven pretiño dun fai dous días.Estaba diante da miña casa, e ao verme non escapou, estivo quietiño mirándome,decidín votarlle algo de comer e cando lle lancei un cachiño de carne non tivo máis pés para escapar. Era precioso, pero que n#blgtk08#o me escoite miña tía Margarita que ese mismo día tardou un pouco máis en meter as galiñas e matoulle 11, vaia disgusto!! Direivos que esas galiñas estaban máis mimadas que calquera mascota que teñamos. Que pena non saber antes a fórmula. Chegou tarde para miña tía.
Comentario por Lolita (28-02-2012 17:41)
2 Xesús! un metro de raposo, sin o rabo, aínda me abulta oh! Eu ben sei que na miña terra, terra esclava onde as haiba, non estamos moi lustrosos, nin a xente nin as galiñas, e o raposo do que come cría, por iso de ter un metro máis#blgtk08# o rabo, poucos vin. Pro bueno bon artículo este do animaliño. E por certo Lolita... en vez dun cachiño de carne, tiñas que darlle un cafeíño, despois da enchente das 11 galiñas... café, copa e puro. Meu Santo, que enchente papou.
Comentario por Espinete (28-02-2012 18:41)
3 Ten que ser de máis dun metro para ter cabida para tanta galiña, mimá. De seguro que logo foi polo río abaixo como#blgtk08# dí a copla:
Polo río abaixo
vai unha raposa
leva o cú rachado
non hai quen llo cosa!!
Comentario por Gelo Paz (28-02-2012 20:28)
4 Bueno, bueno,as galiñas nas comeu.matounas e deixounas en filiña par#blgtk08#a logo ( seguro), volver por elas; pero miña tía arruinoulle o plan.
Comentario por Lolita (28-02-2012 20:40)
5 eu teño visto algun de cor gris,precioso,#blgtk08#amitabase os huskys eses cans da neve...
Comentario por loly (28-02-2012 21:39)
6 Ai Pepiño esperemos que espinete non faga#blgtk08# real a lenda urbana co donpinpon jajaja
Comentario por (29-02-2012 09:17)
7 O raposo é aspirante a cabo primera!por as galiñas en fi#blgtk08#la!jajaja faltoulle dicir saúden jajaja canto conto !!!
Comentario por Roberto (29-02-2012 22:11)
8 Jajaaa... Muy bóa o de cabo 1ª,home o de enfiliña non se pode coller ó pé da letra; pero de cont#blgtk08#o nada.Pura e dura realida ,sobre todo pas probes galiñas e para miña tía que se quedou sin elas.
Comentario por lolita (01-03-2012 11:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0