|
|
|
|
|
|
| ENTROIDO NA CASA |
|

É costume dende hai uns anos que a mañá do luns de Entroido elaboremos unhas rosquiñas para a merenda. Hoxe non había ser menos. Puxémonos mans á obra e non nos levou unha hora facer seis quilos de rosquiñas. Unhas máis redondiñas e outras menos, algunhas máis apachocadas e outras ben gordiñas... Teñen que ser diferentes pois non é igual o gusto de todos e todas. Avelina tivo unha boa axuda por parte do seu afillado, Abelardo; Luísa tivo dúas axudantes de categoría: Paula, a neta do meu irmán Vicente, e Candela, a filla de Gelo. Tamén veu Luz Vide visitar a Ramona e gabouse do ben que nos viña a actividade para mover as mans.
Despois de xantar María de Lucho, Lola de San Paio, Isabelita do Forno e Luísa de Devesos foron para a cociña a fritilas. Acabaron nun santiamén. Cando as rosquiñas chegaron á sala, arrecendía a Entroido por toda a casa. Estaban boísimas, douradiñas e esponxosas.
Despois da merenda, tamén coma tódolos anos, facemos baile na casa. Cada quen disfrázase do que lle parece ou do que pode: vaqueiras, indios, piratas, pallasas... o caso é pasalo ben. Gelo e Candela trouxeron as pandeiretas e tocaron unhas pezas que cantamos a coro e houbo moitos e moitas que se animaron a bailalas.
Recibimos varias visitas, ademais de Candela. Unhas mascaritas que aínda non descubrín quen son... pero xa me enterarei. Houbo outra que apareceu cun anteface pero axiña o quitou, era Rocío, unha das enfermeiras a quen recordamos con cariño. Canto me alegrei de vela. Mercedes recibiu a visita da súa neta e da súa nora coas que conversou animadamente. Tamén viñeron José Luís e Antía, o pai e a filla de Araceli, con Sandra, a amiga de Antía.
Podedes ver as fotos na FotoBlogoteca Entroido na casa.
A nosa é unha casa aberta. Quen queira vir queda convidado ou convidada para o ano que ven. Garantimos troula. |
|
|
|
|
| 6 Comentario(s) |
|
| 1 |
¡que ben o pasades!cando vexo tantas cousas que facedes non deixo de pensar¡canto traballan é que fapeira son eu!.aínda que tampouco e de extrañar despois de ter lido que hay #blgtk08#quen non sabe se ben a traballar ou a pasalo ben;penso que iso o dí todo,é unha vez mais GRAZAS E FELICIDADES por todo o que facedes...que pasiño a pasiño xa se vai coñecendo |
|
|
Comentario por loly (21-02-2012 00:40) |
|
|
| 2 |
Que bonito blog!, pero de onde sacades o tempo para facer isto?, est#blgtk08#á currado currado. Bonita forma de achegarnos aos nosos/as maiores. |
|
|
Comentario por Laura (21-02-2012 08:20) |
|
|
| 3 |
Quero transmitir o agradecemento de meu pai pola boa tarde que compartiu con nós. Por certo, Loli, el tam#blgtk08#én me dixo se viña a Ortigueira a traballar ou a disfrutar. Dende onte, aínda estou pensando na resposta. |
|
|
Comentario por Ara (21-02-2012 09:29) |
|
|
| 4 |
eu penso que é facil;gustache o te#blgtk08#u traballo é por iso disfrutas |
|
|
Comentario por loly (21-02-2012 22:02) |
|
|
| 5 |
Comparto con Loli o que dí, disfrutamos co noso traballo, gústanos, e iso é o que tentamos transmitir e creo que o conseguimos, aínda que sexa pasiño a pasiño. Andando amodiño chégase lonxe, como dixemos noutra ocasión. É de agradecer Loli, a boa publicidade de #blgtk08#persoas coma ti, que vos implicades en todo o que facemos. Dende aquí unha forte aperta e para o ano encárgome eu de facerche a carouta para levar a Oleiros de comparsa ou para poñela o luns de entroido na Resi.Biquiños tamén para Lola a Ghaiteira da nosa parte. |
|
|
Comentario por Gelo Paz (23-02-2012 10:52) |
|
|
| 6 |
moitas grazas gelo por acordarte de nós,sempre conseguides emocionarme.faise o que se pode,é non é boa publicidade, senon pura rea#blgtk08#lidade.penso que debemos darlle a toda xente a oportunidade de coñecernos para que disfruten e aprendan con nosco ¡merece a pena! |
|
|
Comentario por loly (23-02-2012 22:17) |
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|