Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

PROBA A POÑERTE NO MEU LUGAR

Este ano 2.012 é o ano do envellecemento activo. Moitas veces as persoas maiores debemos facer fronte a algún tipo de discapacidade, que non é un problema individual senón que transcende a nivel social. As nosas aldeas, vilas e cidades deben ser lugares para poder vivir as nosas xentes, con ou sen discapacidade, xa que todos de xeito temporal ou definitivamente pasaremos por esta situación nalgún intre das nosas vidas: cando temos dificultades de mobilidade (por unha escordadura, por unha fractura, por enfermidades dexenerativas?), cando levamos o carriño da compra ou mesmo cando levamos o carriño do bebé.
No marco do conxunto de Proxectos Comunitarios que leva a cabo o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en máis de trinta concellos de Galicia, dende o noso centro desenvolvemos en Ortigueira o proxecto Proba a poñerte no meu lugar en colaboración con ASPANEPS. Esta asociación, con máis de 30 anos de experiencia ás súas costas traballando con menores con problemas psicosociais, realiza dende hai varios anos un proxecto de concienciación sobre a situación das persoas con algún tipo de discapacidade denominado Ponte no meu lugar. Do mesmo xeito, o noso obxectivo é a concienciación pública dos atrancos que cada día debe solventar una persoa con discapacidade física e/ou sensorial polos espazos públicos.
Este venres frío e húmido xuntámonos na praza de Isabel II un grupo de usuarios de ASPANEPS acompañados de Xavi Picos, o educador social; corenta rapaces e rapazas das dúas clases de 3º de E.S.O. co profesor de Educación Física, Carlos Legarreta; e un grupo de maiores da nosa casa con varios tripulantes e a nosa educadora social, Gelo Paz. Alí os rapaces e rapazas do Instituto puideron poñerse por un ratiño no lugar dunha persoa con dificultades usando un simulador de idade e diversas axudas técnicas. Probaron a desprazarse pola Vila e acceder ao concello sen visión (con antefaces), con dificultades de visión e de mobilidade (con gafas cun lente velado e cintas suxeitando as pernas), con dificultades de mobilidade e de motricidade fina (con andadores e cinta na man que impedía que a puidesen pechar), con grande dificultade na mobilidade (en cadeira de rodas), con dificultades para realizar as actividades básicas da vida diaria (con corpiño e luvas e axudándose de abotoador, pinza e calzador).
Coa axuda de Legarreta, conseguimos que o concelleiro de obras e alcalde accidental, Nino Quintiana, probara o simulador de idade. Camiñou pola Vila e accedeu ata o concello, amosándose sensible cos problemas da discapacidade e en especial cos do envellecemento.
Esperemos que esta sensibilidade se traduza en comprensión cando vemos as dificultades que presentamos as persoas maiores e en máis accesibilidade nas nosas rúas e edificios públicos.
Polo de agora, deixámosvos unha galería de imaxes para que poidades ver a actividade realizada.
Comentarios (4) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 23-01-2012 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Grazas a Xavi,Mapi e aos rapaces/as de Aspaneps por compartir con nós o seu proxecto "Ponte no meu lugar" e vir dende Ferrol a Ortigueira con tantas ganas. Foi un pracer contar con tod@s!!. E tamén grazas#blgtk08# a toda a tripulación do noso barco, Pepe,por estar aí unha vez máis e amosar na comunidade o noso traballo. Agardo que puxesemos un graíño de area para que a accesibilidade na Vila sexa real.Un saudiño
Comentario por Gelo Paz (24-01-2012 21:47)
2 A min en particular encantoume participar deste proxecto que, sen ir directamente dirixido ás persoas deste barco, lles pode favorecer a longo prazo e non só a elas senón a toda a xente da Vila e quen se atope nela.
Gustome ver como a maioría d#blgtk08#os rapaz@s do Instituto de Ortigueira (nunha idade difícil) teñen gañas de aprender e empatía coa xente maior. Moitos ánimos para el@s tamén, pois o noso futuro vai estar nas súas mans. Dende aquí quixera convidal@s a visitar a nosa casa cando queiran.
Comentario por Ara (25-01-2012 07:41)
3 Pasámolo moi ben cos nosos amigos de Aspaneps e os alumnos do Instituto de Ortigueira. Metímonos na pel das persoas maiores e comprendimos as dificultades que se atopan n#blgtk08#o seu día a día nas actividades da vida diaria (no vestido, desprazamentos pola vila,etc.). A verdade que foi un bo día, Pepiño.¡¡Apúntome para a próxima vez¡¡
Comentario por Laura Liz (06-02-2012 13:54)
4 felicito a todo el equipo de cuidadores/as de la residencia de ortigueira y reconocemos su labor de d#blgtk08#ia a dia por dar ilusion a los residentes de la misma, que de una forma u otra ellos tanto necesitan.
Comentario por abel pellon (03-03-2012 15:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0