Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

CARTILLAS DE RACIONAMENTO

É ben ter amigos, son quen te axudan na vida e ás veces te agasallan como ocorreu con Anselmo o fillo do taberneiro de Couzadoiro quen se achegou a visitarme coa súa dona, Julia, hai unhas semanas e me trouxo unha cartilla de racionamento e uns selos que tiña no faiado. Lembranzas doutros tempos.
Os anos corenta, en especial 1.941, foron os anos da fame. A guerra e o illamento internacional deixaron un país en ruínas onde non había que comer. Para controlar a distribución dos poucos produtos básicos alimenticios e de primeira necesidade existentes e asignar unha cantidade a cada persoa, o goberno estableceu as cartillas de racionamento en maio do 39. Ata se creou unha tarxeta de fumador. Eran un talonario formado por varios cupóns onde constaba a cantidade e tipo de produto; primeiro foron familiares e a partir do 43 xa eran de carácter persoal. Habíaas de primeira, segunda e terceira categoría, en función do nivel social, o estado de saúde e o tipo de traballo do cabeza de familia. As de primeira categoría eran para funcionarios; en Couzadoiro non había ningún agás o mestre. A poboación estaba dividida en varios grupos para establecer as racións: os homes tiñan a ración tipo, as mulleres o 80%, nenos e nenas ata 14 anos 60% e os maiores de 60 anos o 80%.
Os produtos só se podían mercar en establecementos suxeitos a control administrativo, aínda que nas aldeas subministraban as poucas tabernas existentes, unha ou dúas como máximo. Os funcionarios que os controlaban eran os de abastos. Cando chegaban ás aldeas a xente agochaba os sacos de fariña e trigo e levaban o gando ao monte para que non o requisaran. Nas aldeas sobrevivíase co que se plantaba na horta: verzas, patacas, fabas, maínzo, e pouco máis; os poucos animais que se podían ter: algunha galiña, un porco ou unha vaquiña de onde se obtiñan uns poucos ovos, leite e a proba da carne.
O peor era na Vila. Alí si que había fame negra. Non había cartos pero tampouco que mercar para comer. Coa cartilla íase por aquel pan negro do racionamento, feito con máis farelo e varreduras do forno que fariña. Daban tamén un cuarto litro de aceite, cen gramos de azucre, cen de garavanzos, un quilo de patacas e dous centos de xabrón. Co racionamento deberían dar tamén un folleto dos pratos que se podían cociñan con estes alimentos? Mais as mulleres aguzaron as súas mentes para poder dar de comer ás súas familias: tortilla sen ovos, guisos de patacas con loureiro, fritos sen aceite, caldo coa verdura de tempada?
Ir da Vila ás aldeas mercar as poucas cousas que podían ?sobrar? da colleita familiar era unha odisea. Había que evitar os fielatos, unhas pequenas garitas situadas nas principais vías, nas que se apostaban os gardas de consumo, os consumeros, coa finalidade de controlar e cobrar tributos por todas aquelas mercadorías que entraban nas vilas, calquera que fora o seu destino: a comercialización nun mercado, o aprovisionamento dos establecementos ou as dádivas a familiares e amigos. Aínda recordo un deles que estaba no que hoxe é o Cuco: de fielato a prostíbulo.
Só había uns poucos afortunados que podían recorrer ao estraperlo, palabra que provén da unión dos apelidos de dous famosos estafadores, Strauss e Perlowitz, quen case botan abaixo a II República. O estraperlo era o comercio ilegal de artigos intervidos polo Estado ou suxeitos a taxa. Esta práctica marcou as diferenzas sociais e políticas na posguerra.
Hai 60 nos que desapareceron estas cartillas e esperemos que nunca volvan eses tempos.
Comentarios (8) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 16-01-2012 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 moitas veces escoitei falar á miña nai do "fielato" xa que ela é unha das que dende ben pequena ia o estraperlo;onde mais ían era a cerdido por iso coñece ben o fielato do cuco;aínda que ela dí que onde peor o pasaba era en san adrian mais exactamente "na ramalleira",xa que na casa que hoxe é do noso querido veciño paco vivia un tenente que se os sentia pasar requisaballes o froito que levaban pra vender en cariño.t#blgtk08#eñolle oido contar moitas veces que tendo sobre 10 anos ían 1 dia con patacas é tan amodiño quixo pasar é debia levar mais medo que cú que....aló foi lola e mais as patacas,é por si non fora abondo,aínda por riba á bronca da miña aboa pq "era no tarde,cando as patacas se poñen negras o movelas moito".pero dí ela...¿como non había caer se levaba unhas zapatillas que foran da miña irma é me sobraban 2 ou 3 numeros?!
Comentario por loly (17-01-2012 01:05)
2 ...pero a pesares diso o tenente non saíu,é co "xenio" colleu folgos pra ir diante das compañeiras;cando todas chegaron á praza éla xa vendera #blgtk08#as suas patacas.¡pobre da muller que llas mercou,chegarianlle brancas á casa?!. MOI LEGAL NON ERA PERO...CANDO HAI FAME DISQUE CASE TODO VALE.
Comentario por loly (17-01-2012 01:17)
3 Eu tamén escoitei a meu pai miles de veces outra historia, a do ladrón das patacas. Na posguerra, coa fame, a xente ía ás hortas de noite e levaba verzas, patacas ou o que houbera. En San Mateo de Trasancos comentábase moito o conto porque lles ían ás patacas e a xente dicía que había que dar co ladrón. En San Mateo había unha estatua de Franco vestido de lexionario e da pé; unha mañá apareceu cun saqueto de patacas#blgtk08# colgado ao lombo. A xente deu en dicir que aparecera o ladrón das patacas. Neses anos de represión isto era pouco menos que un sacrilexio. A garda civil andivo en busca do que pendurara o saco, pero ninguén se deu a saber e a cousa quedou aí. Mais a estatua, que estaba na estrada de Ferrol a Valdoviño, na redonda que vai ao Polígono do Pozo (hai pouco que a retiraron) sempre se coñeceu como "o ladrón das patacas".
Comentario por Ara (17-01-2012 10:46)
4 Atopei este blog buscando os fielatos de Ortigueira, pois recordo a meu pai e a miña nai falar deles e teño algunha cartilla de racionamento na casa, aínda que entre uns e outros non exista relación.Sorprendeume entrar e ler referencia a tarberna de Anselmo de Couzadoiro e ao seu fillo, pois eu recordo ir a esa t#blgtk08#aberna con meu pai, iamos andando polo muiño de Andrés e mirabamos a ver si habia troitas no encalce. Meu pai era de Felgueira, e amigo do fillo de Anselmo, chamabase José Antonio Fernández Trasancos, e era coñecido por "Pepe de Pallas".Ao mellor VD. coñeceino persoalmente.

Reciba un cordial saúdo.
Comentario por Manuel Fernández Casas (22-03-2012 19:48)
5 un recordo cheo de respeto e mais de emocion para aquelas nais da posguerra que tanto sufriron e tanto loitaron #blgtk08#pra darlle de comer a sua familia tamen para o meu papa que foi un de aquelles nenos que comian papas pejas
Comentario por polizona (01-04-2012 18:51)
6 Ola Manuel, vaia sorpresa que levei, que un de Felgueira e outro de Corvelle sen se coñecer de antes vaiámonos atopar en Internet.
Entre nós non nos coñecemos pero, posiblemente, ao meu pai poidéchelo coñecer.Chamábase Xoaquín Dovale e tiña unha máquina de mallar e foi moitos anos por Felgueira a mallar.Aos que sí coñezo é aos teus parentes Plácido(xa finado), Raúl e m#blgtk08#áis Amable.
Pode ser tamén que coñeceras a un primo carnal meu que vivía no Baleo, e que tiña o apodo de Rocha.
Hai uns días, no mercado, estiven falando con Benedicta e Antonio, o seu home,e xa me dixeron que pola semana santa estiveras por aquí.Se cadra que volves, a ver se coincidimos.
Un saúdo do teu veciño de Corvelle, en San Cristovo de Couzadoiro.
Comentario por Pepe Dovale (02-05-2012 18:37)
7 Plácido, Raúl e Amable son irmáns da miña nai.
Rocha era carpinteiro. A única vez que vin poñerlle o ferro a roda dun carro fixoo él. Unha das súas fillas estivo casada ( xa faleceo) con curmán de m#blgtk08#eu pai, Abelardo.

Si coñeces a Benedicta e máis o home, Antonio, pois xa sabes máis ou menos quen son.

Unha aperta. Espero poder coñecerte en persoa. Recibe un cordial saúdo.
Comentario por Manuel Fernández Casas (03-05-2012 17:31)
8 Grazas Manuel polas túas palabras e como ben dís ti, gustar#blgtk08#íame coñecerte un día que veñas por aquí.Ata outra ocasión
Comentario por Pepe Dovale (03-05-2012 18:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0