Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O APALPADOR NA NOSA CASA
Chega o día da ilustre visita do Apalpador. Por algunhas casas xa vai chegando.
Hoxe pasou pola nosa para apalpar os bandullos de quen se deixara. Atopou barrigas cheas pois era a hora do xantar, aínda que unhas máis que outras. Mirade se é avispado que só con tocar xa sabe se na barriga entran o peixe e as verduras ou só se enche de pan e patacas. A algúns notounos un pouquiño máis cheos que o ano pasado, a quen tiña unha chiolada na barriga pediulle que comera un pouquiño mellor e quen lle pareceu máis moulán comentoulle que tiña que poñerlle freo aos dentes. Nunca vin home tan espelido coma o Apalpador.
Prestounos chupar nos carameliños que nos trouxo. Mais este non foi o único agasallo. A principios de decembro, o Centro de Maiores de Rairiz de Veiga convocou o segundo Concurso de Postais de Nadal para tódolos centros do Consorcio. Nós presentamos varias postais: Avelina presentou unha co cepo de Nadal, Marina outra co a laranxa coa que nos agasallaban de pícaros, José outra coa figa, eu outra co pito da neve e Angustias unha coa árbore de Nadal feita coas súas mans. A postal de Angustias foi a gañadora e lle trouxo o premio o Apalpador: un disco de panxoliñas que imos escoitar todos estes días.
Grazas Apalpador! Volve o ano que ven!
Comentarios (8) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 30-12-2011 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 Que ben que se revitalicen a nosa cultura, Pepe. Ás veces as tecnoloxías invádennos de #blgtk08#tradicións alleas coma se fosen propias e esquecemos as nosas.
Viva o Apalpador!
Comentario por Ara (31-12-2011 11:33)
2 Patrón!!!!!hai artigos publicados referíndose ó Apalpador como unha invención nacionalista...,xustificandose en que na orixe do Apalpador existen certos enigmas e sobre todo algunha que outra contradicción....Se en realidade é unha invención ,aproveite a ocasión!!! faga xurdir a versión feminina(coas características físicas do seu agrado,cunha personalidade ZALAMERA ...).
Escondendo#blgtk08# a miña retranca na faltriqueira por un intre na "Apalpadora" e así aforrando retranca...
Patrón de invención nada!!,polo que espallaron ,escoitaronse as risas por toda a Vila e algún cando veu o Apalpador pensou"cada ano veñen os hippis do mundo celta + cedo"...
Non dubide en contratalo como nutricionista,será a mellor pílula!!!.Que pase a revisión anual!!!FELIZ ANO 2012!!!
Comentario por Retranqueiro (31-12-2011 15:14)
3 Ten razón o Retranqueiro Pepe en que o Apalpador trae controversia, pero mellor facer crer aos nosos nenos e nenas que é unha personaxe entrañable e GALEGA como o Apalpador quen deixa algún agasallo na noite do 24 ou en anovello e non un vello vestido de encarnado, que voa nun trineo e bebe Coca-cola.Para ti Pepe en especial, para toda a tripul#blgtk08#ación,para familiares, amig@s, achegad@s, unha forte aperta e bicos a moreas.Un brindis polo 2012, con licor café, feito na casa,para que o ano que entra o noso blogue teña moitas historias máis que contar e persoas como o Retranqueiro ou Ara que fan, cos seus comentarios e actualizacións, que o noso barco leve un moi bo rumbo.FELIZ COAMAREA!!
Comentario por Gelo Paz (31-12-2011 16:54)
4 Feliz ano para todos #blgtk08#.un bico moi grande
Comentario por rocio (31-12-2011 17:18)
5 Parabéns polo blog, está cheio de experiéncia, emoçons #blgtk08#e dessas cousas que fam medrar a curiosidade. Um saúdo!
Comentario por séchu (02-01-2012 23:46)
6 Estes que foxen do noso pensando que é malo, que prefiren a Cocacola a unha boa presada de castañas, que lles cheira a nacionalista todo aquilo que se aparte do seu xeito de entender o mundo, estes segu#blgtk08#ro que este ano ficarán sen crocas e sen un man agarimante que lles toque a barriga...( no seu caso bandullo). Unha aperta, patrón e que o Apalpador vos-nos traia todo aquelo que de verdade necesitemos.
Comentario por lucio (06-01-2012 19:02)
7 Que bo traballo este blog,sempre se valorou o que non temos na #blgtk08#nosa terra.Finará a hipocresía e daremos o chimpo nas orixes?.
Comentario por mouriz (07-01-2012 08:55)
8 Hola Pepe, hola a todos.
Estuve allí el día que estuvo "o apalpador" y pude conocer a este pintoresco personaje del cual yo no tenia conocimiento.
Aprovecho a ha#blgtk08#cerles llegar mis saludos a todos. Hoy fui por la residencia pero es imposible verlos a todos en una sola visita.
¡¡Que pasen bien!!
Hasta pronto.
Andrés
Comentario por Andrés Cabrera (10-01-2012 12:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0