Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O DÍA DAS APEGOTAS

Hoxe é 28 de decembro. Non vos meteron ningunha apegota?
As apegotas existen porque hai diaños con abelenza que as pensan e incautos que as papan ata o rabo. Nesta casa gústanos seguir as tradicións. Cada 28 de decembro tentamos que alguén crea o que non é, sempre con sentido do humor e sen facer mal. Non o temos fácil, a meirande parte da xente xa anda coa mosca atrás da orella. Temos posto vaselina nas manillas das portas, pasta de dentes nas pechaduras, agochar as chaves das habitacións? Mais algúns dos tripulantes teñen moita imaxinación e elaboran moito máis as apegotas.
Lembro cando alguén colleu un boneco de tamaño natural (deses cos que fan prácticas de enfermaría), o vestiu coma un vello e o deixou no chan. Cando chegou a enfermeira pola mañá e o viu levou o susto da vida, case lle fai o boca a boca.
Doutra vez chamou alguén, que dixo ser o médico de agarda, para informar de que a persoa que ía ingresar ese día era moi agresiva e había que poñerlle 250 dl. de haloperidol (dous litros e medio, vaia). Como no centro non tiñamos, a xero que colleu o teléfono chamou ao Centro de Saúde, ao Hospital de Conxo (de onde viña o ingreso), á directora? para conseguir haloperidol suficiente para cando chegara o ingreso. Moi eficiente! Ese día varias xeros lle deron o almorzo á persoa que ingresou (alguén do persoal coa cabeza vendada) e non era doado? moi agresivo, xa digo. Durou a apegota ata a quenda da tarde. A ventá da habitación quedou aberta, pensaron que escapara e saíron correndo na súa busca, sen saber nin que cara tiña! Chegaron ata o aparcadoiro e xa caeron de conta cando escoitaron as risadas.
Ata algunha enfermeira tivo que aguantar a bulla dunha familiar alporizada por non coidar axeitadamente da residente, con denuncia aos xornais (co seu nome e número de colexiada) e chamada de atención do Xerente do Consorcio incluída.
Non lles hai que facer! Quen dixo que traballar nunha residencia de persoas maiores é aburrido? Será noutras, porque nesta sempre hai algo polo que rir. E se non, que llo pregunten a Honorinda que ría a cachón ao mediodía dicindo ?nunca tal vin, nunca tal vin?.
Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 28-12-2011 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 No nome do "xerente" e no meu propio teño que di#blgtk08#cir: GRAZAS SARA. Estes momentos son impagables.
Comentario por Ara (28-12-2011 22:19)
2 Pobre Sara, mimadriña!! Toda a mañá cargando ca lousa de ter que saír no xornal de maior tirada...É verdade, rir, rimos Pepe, foi unha mañá ben entretida aínda q#blgtk08#ue algunha que sei eu xa ha de estar pensando na que vai facer no vindeiro ano. O caso é que o listón está moi alto!! Xa se verá. Encántame o día das apegotas.
Comentario por Gelo Paz (28-12-2011 22:39)
3 Patrón!! Ese día o barco transformouse nun epi sodio de vacaciones en el mar#blgtk08#!!!.Non peche a lista das apegotadas e non esqueza renovalas ano tras ano!!
Comentario por Retranqueiro (29-12-2011 14:39)
4 este dìa e un gran dìa, inda que para algunhas non o foi tanto, ja, ja, que lastima non estar presente para vivilo en vivo e en directo, que non se perda o senti#blgtk08#do do humor que iso e fundamental, estes momentos son innolvidables, ay pobre do que lle toque, que neste barco non esta libre naide. A sequir con ese bo humor.
Comentario por Sonia (29-12-2011 21:58)
5 esa foi boa, pero entre outras ,quedome co susto do panadeiro .cando foi deixar o pan na cociña, deu un berro tremendo o ver un mon#blgtk08#eco vestidiño de cociñeiro enriba da encimera cun carteliño que poñia: sentate margarita, que hoxe cociño eu, onde vai o mortero.
Comentario por descalza (04-01-2012 18:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0