Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

UNHA NOITE BOA DE VERDADE
Nunca sabes o valor das pequenas cousas coitás ata que as deixas de ter diante: a comida, a calor do fogar, a familia, a axuda dos demais, a compaña da xente amiga? Cando unha destas cousas falta a túa vida adquire outro sentido ata que a volves recobrar. Neste barco, son as cousas máis valiosas. Se nalgunha ocasión algún pasaxeiro desembarca sen rumbo fixo, o resto da tripulación, coma unha piña, pon todos os seus folgos ata dar con el, dende o primeiro ata o último. Ningún barco no mundo pode desexar ter tripulación máis motivada e xenerosa; remove Roma con Santiago e se fai falla chama a tódalas portas que poidan prestar axuda. Sen se render. Mais o sentimento de perda mentres non se atopa é unha das frustracións máis grandes; que facer? onde buscar? que dicir?... decisións que nunca sabes se te levan polo camiño axeitado. Ata facemos cousas absurdas como mirar para as estrelas, as mesmas que o están vendo, por ver se nos guían dalgún xeito. O certo é que cando a luz abre e o teu amigo volve ao barco por Nadal, non podes deixar de pensar que está si que é unha NOITE BOA de verdade.
BENVIDO Á CASA JOSÉ!
Comentarios (7) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 25-12-2011 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
7 Comentario(s)
1 Parabéns para toda toda a tripulación pola busca intensa e a boa recompensa de atopar a José de novo no noso barco. Mereceu a pena!!#blgtk08#Cousas da vida e anécdotas que pasan na nosa singladura que nos fan fortes e nos dan experiencia para evitar naufraxios.Unha aperta
Comentario por Pepe Dovale (26-12-2011 11:43)
2 Caramba Pepe. Que bo caderno de bitácora, no que aparecen as cousas boas e as que non o son tanto (aínda que t#blgtk08#eñan final feliz). Esperemos non nos ver nestes bretes máis veces e se nos vemos que rematen do mesmo xeito.
Comentario por Ara (26-12-2011 16:01)
3 Neste comentario a única retranca é o meu nome.Parabéns polo traballo realizado por #blgtk08#tod@s;nestas situacións vese o verdadeiro rumbo do barco, no que remata en bo porto.
Comentario por Retranqueiro (26-12-2011 17:53)
4 Pepe, dí o refraneiro que "Ben está o que ben acaba"... Unha proba mais de que non está sempre no certo, non é meu amigo? Ben podía pasar o teu compañeiro e tocaio José Lombao sen pasar unha noite coma p#blgtk08#asou, e con el tod@s nós. Quero agradecerche públicamente tantos cabos diarios que nos botas coas portas da casa, nese exemplo de boa veciñanza que das o estar pendiente dos teus compañeiros. Unha aperta
Comentario por David Martínez (27-12-2011 09:51)
5 Canta razón tes Pepe!.Únome ás felicitacións e que mellor que unha historia con final feliz c#blgtk08#oma esta para rematar ben o ano.Boas festas para toda a veciñanza do teu barco tan especial.
Comentario por Gelo Paz (27-12-2011 13:11)
6 Pepe, ti es quen mellor controla as saidas,#blgtk08# pero tes uns tocallos que son moi artistas
Comentario por Belén (28-12-2011 14:36)
7 Non sabía esta historia que me alegra moito que tivese un final feliz. Menos mal que temos este barco para cando andamos lonxe da casa saber como vos vai. Un bico e unha aperta moi grande a Lombao e tamé#blgtk08#n para a nosa Lolita R. que tamén me enterei onte de que está malina.Feliz día de santos inocentes e feliz fin deste 2011 e que o 2012 empece con bo pe para todos. Ei pasar lista cando volva o día 4....
Comentario por Mónica (28-12-2011 15:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0