Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

75 ANOS DE FALA D'AS MUSAS
En setembro de 1.884 naceu en Abadín Daniel Pernas Nieto. Estudou para cura no seminario en Mondoñedo e foi ordenado o 18 de abril de 1.909. Estivo como sacerdote de varias parroquias, entre elas a de Insua de Ortigueira, e tamén foi capelán desta casa.
Comezou a escribir poemas na segunda década do século XX, que foi publicando en diversas revistas como: Vallibria e As San Lucas (Mondoñedo), Las Riberas del Eo e La Comarca (Ribadeo), Aurora (Vilalba), Ilustración Gallega (Vigo), El Compostelano?
Daniel Pernas non quedará nos anais da literatura como un escritor de renome, pero lle corresponde un pequeno espazo porque tivo a honra de publicar, nesta terra, o primeiro libro en galego tras o comezo da Guerra Civil. O día de San Martiño solicitou permiso ao bispo para a publicación, que lle foi concedido visto que o libro non contiña ?nada contra a fe e os bos costumes?.
Deste xeito, Fala d?as Musas saíu do prelo de Ortigueira, propiedade de Fojo, o 23 de decembro de 1.936, tal día coma hoxe hai 75 anos. Trátase dunha escolma de 26 poemas costumistas e relixiosos ao estilo de Noriega Varela. Na portada aparece un debuxo de Bernardino Vidarte, artista de Mondoñedo. Prologou o libro, en castelán, Álvaro Cunqueiro, que aquel ano era profesor en Ortigueira, e nel di: ?No es esta obra el anverso delicado de una tela de China. Es una blanca sábana de puro lino, florecida, por la gracia que alcanza el que con ángeles sueña?. Non foi a única vez que Cunqueiro lle dedicou unhas liñas ao de Abadín. No libro Xente de aquí e de acolá o retrata brevemente no relato sobre Louredo de Hostes, aquel home que precisaba uns lentes para soñar; os lentes remataron na reitoral de Baroncelle, onde era sacerdote Daniel, e di Cunqueiro: ?Sabe Deus o que soñaría o reverendo don Daniel Pernas Nieto con axuda deles, que valencianas brancas, que viños tintos, que troitadas, que festas, naquelas longas e frías noites de inverno, cando acinzan coa xeada as polas núas dos bidueiros!?
Daniel Pernas durante a guerra tamén publicou poemas en galego no xornal La Voz de Ortigueira, anunciando que pertencían a un segundo volume de Fala d'as musas que nunca chegou a facerse realidade. Finou en Mondoñedo en xullo de 1.946.
Cando se cumpren 75 anos desta singular publicación, queremos lembrar un dos seus poemas do libro Fala d?as Musas, que fora escrito en Insua en maio de 1.913:

A VELLIÑA
Enriba d?a probiña van caindo
As folerpas d?a neve mainamente;
Éla peta co?a moca n-os puxigos,
y-o gonzo ferruxente
as portas quedas ô seu paso deixa;
e soilo un can que a sente,
de vez en cando lle respond?a probe
somellando decir queixosamente;
?que a millor d?as virtudes mal ó atopa,
que d?a noite o relente,
y-a mesma neve lle farán un leito
negado po-la xente.?

Comentarios (3) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 23-12-2011 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Patrón hoxe publicouse un artigo na prensa,en concreto no xornal EL PAÍS,no que lle dedican unhas parrafadas.X#blgtk08#a teñen un candidato idoneo para a celebración "do día das letras galegas"do Centro Residencial de Ortigueira.
Comentario por Retranqueiro (23-12-2011 14:43)
2 Ten razón Retranqueiro. Algo teremos que facer para homena#blgtk08#xear a este poeta que estivo tan preto dos nosos maiores.
Comentario por Ara (28-12-2011 09:35)
3 Grazas patrón, por toda esta información que gran parte descoñecía,e #blgtk08#que é tan enriquecedora. De novo pídolle disculpas por o meu galego.
Comentario por Lolita (21-01-2012 12:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0