|
|
|
|
O CEPO DE NADAL |
|
 Antes de que a estas terras chegara o cristianismo, existían outras crenzas relixiosas relacionadas coa natureza. Unha das celebracións estaba vencellada ao solsticio de inverno, o Natalis Invicti (nacemento do invicto). Celebrábase o nacemento do sol (invicto) fillo da deusa nai que nos ven sacar das tebras.
Cando chega o cristianismo esta celebración é ocupada desdobrando a Teofanía en dous: o Nadal e a Epifanía, é dicir, o nacemento de Xesús, que ven iluminar o mundo, e a adoración dos Magos.
Entroncando coa antiga tradición, aínda hoxe atopamos vestixios de diferentes rituais:
? Facer un agasallo simbólico como agradecemento do recibido e para merecer agasallos celestiais.
? Pendurar na casa ferraduras, chocas ou acivro como protección.
? Prender unha vela con mistos de madeira, xa que o lume está relacionado co sol pois tamén proporciona luz e calor.
Pero o ritual de máis raizame é o Cepo de Nadal. Nesta casa déunolo a coñecer Avelina Piñón, como non! 99 anos dan para moita sabedoría e experiencia.
Ela conta que un pouco antes do Nadal limpábase ben a borralla da lareira. Na Noiteboa acendíase un bo cepo de cerdeira (aínda que noutros lugares empregan o carballo) para que ardese gran parte da noite. A carón do lume xuntábase a familia, novos e vellos, a cantar panxoliñas e contar contos. Críase tamén que as ánimas dos familiares defuntos acudían arredor dese lume para unirse á celebración.
Di Avelina que o Cepo non o deixaban consumir, senón que o apagaban e o gardaban nun curruncho da casa. Cando existía perigo de treboada volvían a acendelo, xa que este lume espantaba o pedrazo e os raios. E era verdade! asegura Avelina moi convencida.
Tiña outra utilidade máis o Cepo de Nadal. A borralla que producía tamén se conservaba para botar nas leiras e así protexer as colleitas.
Poñéndonos a ler un pouco, descubrimos que o ritual do Cepo de Nadal xa o comentara Otero Pedraio hai case un século e que sigue a facerse en máis lugares de Europa e de España.
Ai Avelina, canto nos aprendes! |
|
|
|
9 Comentario(s) |
|
1 |
Patrón Parabéns polo fermoso artigo!!!,semella unha explosión de sabedoría tras acender unha mecha....Botando a miña retranca na lareira e así convertindoa en tizón por un intre.... #blgtk08# />
Parabéns para AVELINA por ser un libro aberto de sabedoría,sempre está disposta agasallarnos coa súa edición.Avelina forma parte da miña "biblioteca" un saúdo agarimoso Avelina!! |
|
|
Comentario por Retranqueiro (20-12-2011 15:01) |
|
|
2 |
e verdade o dito:no te acostaras sin saber una cosa más.case 30 anos coñecendo a avelina e non sab#blgtk08#ia nada dos seus contos,cantigas e tradicions;ten razon cando di que ten unha biblioteca na cabeza |
|
|
Comentario por loly (21-12-2011 00:39) |
|
|
3 |
Pepe, muchas gracias por el regalo que nos han hecho llegar nuestras compañeras. No es#blgtk08# de nuestra talla, nos va grande. Pd: a las compañeras no les dejamos practicar. Besos |
|
|
Comentario por andrés y martín (21-12-2011 08:33) |
|
|
4 |
"Me llena de orgullo y satisfacción.." ay! este no es el discurso. Os deseam#blgtk08#os feliz navidad a todos!! Besos y abrazos. Pd: hay que controlar el champán |
|
|
Comentario por fanny y ana (21-12-2011 08:37) |
|
|
5 |
hola pepe que tal por ahi,te deseo felices fiestas que tod#blgtk08#o vaya bien y espero que pronto nos veamos mucha felicidad |
|
|
Comentario por verónica (21-12-2011 08:43) |
|
|
6 |
Que paseís unas felices navidades y un#blgtk08# próspero año nuevo!! Con cariño Puri. |
|
|
Comentario por Puri (21-12-2011 08:45) |
|
|
7 |
Felices fiestas y próspero a#blgtk08#ño nuevo!! Saludos mercedes |
|
|
Comentario por Mercedes (21-12-2011 08:46) |
|
|
8 |
Estando aki reunidos: carmen canoura, fanny, puri, eva, martín, vero, ana, andrés, montse, maría del mar, mercedes, carmen martínez, nor#blgtk08#a, marian. Queremos desearos a todos feliz navidad y un próspero año nuevo y que todos vuestros deseos se cumplan. un abrazo muy grande |
|
|
Comentario por grupo de instituciones (21-12-2011 08:55) |
|
|
9 |
Moitas grazas a todos e todas polos vosos comentarios e que teñades un feliz ano novo. Lamento que An#blgtk08#drés e Martín non lles deixaran practicar ás compañeiras...Saúdos e que nos vexamos pronto por aquí. |
|
|
Comentario por Pepe Dovale (26-12-2011 11:27) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|