Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

A RONDALLA DE CARIÑO

Coma todos os anos polo Nadal, recibimos onte a visita da Rondalla de Cariño. Un grupo de homes e mulleres, unhas máis novas e outros algo menos, cunhas voces estupendas que nos fixeron pasar unha tarde de domingo bárbara.
Angustias había saír coa familia antes da merenda, pero en vista da actuación pospuxo a súa saída un ratiño para poder escoitalos.
Trouxeron un repertorio variado con tres panxoliñas e tamén con cancións populares, coma o Pirimpinpín, que nos fixeron mover, bater palmas e algunha ata se animou a botar unha peza. O noso Jesús dende o seu asento dicía: ?Botade outra polo mesmo prezo!? Mais ao final xa dicía: ?Puxéstesvos cos cánticos e hoxe non hai merenda?. Certo é que merendamos un chisco máis tarde que os demais días, pero a actuación mereceu a pena. Quedamos todos e todas encantados. As cantigas eran moi animadas. E merendar, merendamos: un chocolatiño quente con madalenas que souberon a gloria.
Estas festas empezan pintando moi ben?
Comentarios (4) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 19-12-2011 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Que ben o pasamos o a#blgtk08#no pasado ca rondalla
Comentario por Mónica (19-12-2011 15:34)
2 Patrón seguro que é un pracer e un honor recibir este tipo de visitas altruístas,e toda a tripulación exercerían de suntuosos anfitrións.
Por un anaco o barco deixou de navegar ó son das ondas e así navegar ao son de"yo vendo #blgtk08#unos ojos..." "clavelitos" malia que eu son + de "alecríns"... enredando a miña retranca ó compás da Rondalla e así deixandoa insonora por un intre....Dar grazas a Rondalla pola súa fidelidade ano tras ano,creando a súa ruta musical
Comentario por Retranqueiro (19-12-2011 20:19)
3 Xa vexo que o Nadal non só arrecende a laranxa e chuchamel senón que vai acompañado de chocolate e boa música por non perder os bos costumes. Moitas grazas á ro#blgtk08#ndalla de Cariño por aportar, un ano máis, o seu grao de area e facer das tardes de decembro unhas tardes entrañables.Apertas musicais para todos e todas elas.
Comentario por Gelo Paz (19-12-2011 21:32)
4 Xa vexo que non deixades pasar oportunidade para endulzar os vosos días, alégrome, un chocolatiño quente acompañado de boa mús#blgtk08#ica, envidiable.
Quero felicitarvos as festas a todos, tanto aos residentes coma aos traballadores. Un bico para todos
Comentario por Nora Campos (21-12-2011 21:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0