Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

BO NADAL

Estamos nun tempo rebuldeiro, cheo de ledicia mesturada de saudade, onde o protagonismo é da familia, dos picariños e picariñas e dos máis vellos, de quen están e quen xa marcharon.
O Nadal é tempo de celebración de orixe pagá, copada polo catolicismo e que na actualidade transcende á relixión. Non é unha soa festa, senón un cúmulo delas: o nacemento do Deus, a festa dos inocentes, o peche do ano vello, o nacemento do novo e o día dos Reis. Tal e como hoxe o coñecemos, o Nadal é a herdanza do século XIX, cando se puxeron de moda o intercambio de agasallos e tarxetas de felicitación, o enfeitado de árbores ou a chegada de Papá Noël. Van quedando no camiño aquelas vellas tradicións, como a do Cepo de Nadal, a de pendurar acivro, ferraduras e chocas nas portas das casas para a súa protección, a do nomeamento do Bispiño ou mesmo a de ir cantar o aguinaldo polas casas.
Escoitei o outro día que o Nadal é a morriña do pasado, os sentimentos do presente e a esperanza no futuro.
No meu nome e no de toda a tripulación desexámosvos unhas FELICES FESTAS e ao ano que ven pedímoslle SAÚDE e SORTE para todos e todas e TRABALLO que non falte. E lembrade que o mellor agasallo do Nadal que temos é o voso sorriso.
Comentarios (9) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 16-12-2011 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
9 Comentario(s)
1 Patrón fermosas ,emotivas,tenras...datas!!,é unha mágoa que non perdure ese sentimento todo o ano,malia sería aburrido para min!!Metendo a miña retranca nun sobre e transformala en "felicitación"....O Nadal é a celebración do nacemento de Xesús ,según a relixión católica a data é o 25 de decembro,aínda que historiadores datan o nacemento de Xesús entre os meses de xullo e agosto.O que se celebraba nestas datas era o solsticio de inverno ,era unha festa pagá na que facía sombra os ritos relixiosos....O que realmente imp#blgtk08#orta é o sentimento acompañado de boas accións,independente pero a vez símil de tradicións e ritos.FELIZ ANO 2012!!!.Os meus parabéns ós profesionais que traballan nestas datas,sería desleal a miña condición laboral senón mando un saúdo especial ós xeros que traballan na quenda de noite dos días 24 e 31 de decembro.Mencionarlles que dende a miña curta experiencia serán recibidos polos residentes cun agarimo especial,o cal non se percibe noutros días.Sería de bo recibo que nos comentaran a vivencia.Deica o ano 2012!!!
Comentario por Retranqueiro (16-12-2011 15:55)
2 Graciñas pola felicitaciòn, e moi bonita, parabens e felices festas para todo da miña parte tamèn, e como di o noso retranqueiro especialmente para esas xeros que traballan nesas noites tan sinalas, e moitos parabens para todos/as tripulantes deste barco e feliz ano 2012, e claro que si coma sempre recibiremos o agar#blgtk08#imo do nosos residentes, iso nunca nos falta e menos nestes dìas, inda que seguro non sabemos a maior parte das veces devolver ese agarimo como eles merecen, pero bueno cada quen a sua maneira damosllo o mellor que sabemos e que podemos, o que si e seguro e que se da de todo corazòn, felicitacioonsss para todos/as....
Comentario por sonia (16-12-2011 21:44)
3 feliz nadal e feliz aninovo¡¡¡ portadeves todos moi ben..tanto persoal como residentes...que senon os reis pasara#blgtk08#n de largo e so deixaran a roupa para lavar como de costume. Vemonos a volta raparigos¡¡¡ unha aperta¡¡¡
Comentario por descalza (17-12-2011 14:30)
4 Que a choiva da felicidade te pille co parauguas roto, que te empape plenamente e que salpique a todos l#blgtk08#os que están a tu alrededor. ¡¡¡Feliz Navidad!!! e próspero ani novo vémosos para reis bicos para tod@s.
Comentario por Mónica (19-12-2011 10:10)
5 Eu tamén me quero unir a esta felicitación cun desexo de saúde e #blgtk08#paz para todos e todas. E este ano a ver se nos toca a lotería...
Comentario por Ara (19-12-2011 15:47)
6 eu tamen quero unirme a todos vos neses desexos de saude,paz,amor,tamen que toque a loteria,pero sobre todo que non falte ä alegria e que poidamos #blgtk08#seguir cantando,bailando,contando contos e saltando o foleon de san xoan bicos pra todos.boas festas tamen de parte da miña nai lola do gaiteiro
Comentario por loly (21-12-2011 00:22)
7 pos só quedará ter saude,pois lo#blgtk08#teria pasou de lonxe¡¡¡
Comentario por descalza (22-12-2011 20:12)
8 Únome a vostedes nestas festividades, que o ano 2012, veña cargado de moita felicidade, traballo e sobre todo saúde pa#blgtk08#ra todos vostedes os que traballan alli e os que residen. Desde Venezuela un bico moi grande.Muackkkkkkkkkkkkk.......
Comentario por Regina Gòmez (28-12-2011 16:40)
9 Feliz navidad y un próspero año nuevo para todo el personal y vecinos.Que el año nuevo que empieza n#blgtk08#os traiga salud, trabajo y amor.Que no nos falte harmonía y que nos llevemos bien.Un saludo
Comentario por Mari Carmen Fojo Rivera (02-01-2012 17:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0