
Abelardo Anido Piñón foi veciño desta casa ata que finou. Era do lugar das Cascas en San Adrián de Veiga e sobriño da nosa Avelina quen o criou coma un fillo, pois lle morrera a nai ao nacer.
Abelardo dicía que isto non é un conto, que é unha verdade. Luisa Gregorio Castro (70 anos) que naceu en Devesos, tamén nos ten contado este contiño.
Nalgún tempo, todas as cousas falaban e a vergoña e máis a néboa falaron. Atopáronse un día e a vergoña preguntou:
? E se te perdo onde te poido atopar?
? Se me perdes, de inverno nos altos, e de verán, nos baixos? respostou a néboa.? E se eu te perdo a ti, onde te poido atopar?
? A min, se me perdes non me busques, porque quen perde a vergoña non a volve atopar na vida.
Cousas da xente. Non lles falta razón.
En Ortigueira a néboa apóusase a carón da ría que forma o Mera e sobre o esteiro de Baleo. Na foto podedes ver ámbalas dúas desembocaduras e a praia de Morouzos entre elas, pero nun día sen néboa. |