Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

ASÍ TE PRECURAS, ASÍ DURAS

Sabiades que o noso corpo, cando somos novos, está composto dun 80% de auga e co paso dos anos descende ata un 50-60%? Cando me dixeron iso dubidei se sería verdade, Parecíame moita cantidade! Agora xa entendo a insistencia do persoal que nos coida: ?Pepe, tes que beber. Un vasiño ca comida venche ben, axúdache a facer a dixestión? ou ?Que boa pinta ten a sopa que está ben soltiña!? e xa para rematar ?Queres un pouquiño de manzanilla para quedar con bo sabor de boca??. E moitas veces, bébese sen ter sede. Pero doume conta que, co paso do tempo, a auga segue tendo a mesma importancia, ou incluso máis, para a nosa saúde, aínda que a sensación de sede vaia a menos coa idade. Non por iso podemos deixar de beber, e sobre todo no verán que as temperaturas son moi altas. As ensaladas, algunha froita, verduras, zumes tamén nos aportan gran cantidade de auga.
Na primavera e no verán saímos a dar un paseo arredor da residencia, saímos fóra e poñémonos na sombra ou un pouquiño ao sol, pero sempre con crema solar e con sombreiros. Pero temos coidado coa roupa que nos poñemos, porque se nos abrigamos moito, pódenos dar unha baixada de tensión! O mellor é poñer roupa lixeira e clara (xa que a escura atrae a calor).
Xa sabedes, precaución e a seguir disfrutando do verán!

Comentarios (1) - Categoría: 5. A saúde VENTO EN POPA - Publicado o 30-06-2011 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 Asi me gusta Pepe, que razòn tes, claro que ai que beber a ver se toman exemplo todo o mundo que da tripulaciòn, e seguiremos saind#blgtk08#o a desfrutar do bo tempo cando nolo permita claro, eso si ben protexidos contra o soliño, a desfrutar do verannnn que logo pasasss
Comentario por Sonia Novo (30-06-2011 23:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0