Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

SAN XOÁN

Chegou o San Xoán anunciando o verán. Onte festexámolo como está mandado.
Atrás da nosa casa está o monte de Brandariz e hai plantas de tódalas clases, así que despois de xantar saímos un grupo de maiores a recoller as herbas de San Xoán. Pola tarde ía calor e estábase mellor fóra que dentro. Tinolo, que hai pouco que veu vivir con nós, acompañounos. Collemos fiúncho, loureiro, follas de nogueira? que iamos metendo na cesta que levaba Estrella. Ademais de herbas atopamos careixóns, eran pequeniños pero moi saborosos; eu xa había tempo que non os comía. Achegámonos á casa de Carmen de Miñaño. Ela maila súa filla Isabel déronnos rosas, reinaluisa e romeiro; ben que llo agradecemos, pois o ulido que teñen fai que a auga de San Xoán recenda.
Xa de volta na casa, vimos unha montaxe audiovisual sobre o conto O medo é libre, que tedes neste blog na sección Contos da Vila, e estivemos a recordar contos e lendas de San Xoán, moitas delas con aparicións. É curioso que as aparicións sempre as vían os mesmos. Eu creo que eses medos foron desaparecendo a medida que se fixeron as pistas e se puxo alumeado público.
A fame tamén facía ver visións e nós fame non pasamos. Ceamos con empanada, sardiñas e de sobremesa torta de aniversario, pois lembramos os cumpreanos d@s veciñ@s que cumpriron no mes de xuño: Benigna, Olimpia, Baudilio, Luisa e Socorro. Celebramos con antelación o aniversario de Avelina Piñón Rodríguez que o domingo 26 terá 99 anos. Quen chegara aló coa lucidez e a saúde que ela ten!
Despois da cea, acendemos o foleón para saltalo ou, polo menos, para saltar un tizón. Se entrades na fotoblogoteca poderedes ver as fotos do día.
Para rematar un día ben completiño, preparamos a auga de San Xoán e deixámola fóra á fresca da noite. Pola mañá, lavamos a cara con esta auga que recendía e botamos o responso: Meigas fóra! Meigas fóra! Meigas fóra!

Comentarios (3) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 24-06-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 É verdade Pepe,resultou unha tarde-noite intensa con aroma a roseira e romeu e sabor a careixón e sardiña ¡faltou o pan de mestura!.Axudámoslle a soplar as velas a quen cumpría anos no mes de xuño e recibindo con agarimo o desexo de #blgtk08#Avelina de chegar todos e todas a cumprir os anos dela ¡Quen nos dera! e ademais tivemos a visita de Matías (o neniño de David) e a súa nai, que tivo a ben escoller un día máxico para darse a coñecer.Que ben o pasamos!!Bicos
Comentario por Gelo Paz (24-06-2011 18:22)
2 hola pepe boa verdade que foi unha tarde noite distinta e ben festexada, pasamolo todas/os ben, e è un pracer celebrar os cumpres dos nosos tripulantes, e tamen como di x#blgtk08#elo o noso noviño tripulante matias e a sua nai non poideron escoller mellor dia para presentarse.bicos e moitas noraboas polo traballo deste gran equipo que formamos todo
Comentario por Sonia Novo (24-06-2011 22:10)
3 pois si pepe a verdade é que o pasamos moi ben,como ben di sonia matiás e a sua nai non poideron escoller mellor dia:a mariñeira #blgtk08#mais veterana e o grumete mais noviño por fin se coñeceron;a avelina facialle ilusion ¡gracias david!e por suposto tamen a vicky
Comentario por (25-06-2011 01:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0