Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

TRADICIÓNS DE SAN XOÁN

O San Xoán é o día que representa o solsticio de verán e con el están relacionados moitos rituais que ben lembran as persoas de certa idade. Dende o lume purificador chamado de xeitos diferentes: lumieira, luminaria, salta ou, o nome máis típico aquí na Vila, foleón, ata a auga tamén purificadora, coa que hai que lavar a cara na mañá de San Xoán, despois de deixala a serenar coas herbas durante toda a noite (sen que lle dea unha raiola de sol). Practicamente en toda Galicia se acostuma a coller de véspera as herbas de San Xoán: loureiro, fiúncho, reinaluisa, romeu, follas de nogueira, rosas, floriñas brancas (que por aquí hai moitas)?
Contan as nosas veciñas Benedicta Cornide Vázquez (90 anos) e Ramona Barcón Pereira (87 anos) que elas ataban o feixe de herbas co talo dun allo e sen lle quitar a cabeza. Angustias Paz Armada (88 anos) recorda que na Pedra (Cariño) pasábase o feixe de herbas polo lume de San Xoán antes de poñelo no poxigo da casa, na porta das vacas ou incluso no furado do vertedoiro, para protexerse das meigas.
Estrella Pallas Dubra (89 anos), con moi boa memoria, dixo que tamén era avogoso, na noite de San Xoán, correr espidos polas canles do trigo para botar a sarna fóra (iso que coa xeada da noite sentir as espigas do trigo no corpo non era moi agradable). Saturnino Cao Castro (65 anos) recorda que en Devesos (Ortigueira), contra a sarna, había que botarse por un cómbaro abaixo arrolándose espido; explica Saturnino que o cómbaro era a terra sen traballar que había arredor das fincas para alindar as vacas.
O máis curioso é o que conta Andrés López Rodríguez (83 anos). Na parroquia de Pantín (Valdoviño), na mañá de San Xoán, un Xoán levantábase ben cedo e ía á casa doutro Xoán para convidalo a caña con azucre; dende esa casa, ían os dous Xoáns a casa doutro facer a mesma convidada e así percorrían a parroquia durante a mañá e, cando se daban de conta, xa ?falaban o castellano?; chegaban a comer despois de durmila. Esta tradición a repetían por Aninovo e por San Xosé.
O ano que ven poñeremos en práctica estas tradicións novamente.

Comentarios (4) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 24-06-2011 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Herbas recendentes con propiedades menciñeiras,máxicas,protectoras contra as meigas, os aires lurpios e a envexa,serenadas co orballo da noite de san xoán que fan que ao lavar a cara con elas pare#blgtk08#zamos como de quince anos. Xa choveu Pepiño!!Todo sexa por conservar vivas as nosas tradicións pero o de subir a tina ao tellado para que collera a auga todo o poder do Santo, non sei, non sei...
Comentario por Gelo Paz (24-06-2011 18:39)
2 Aínda me ule a cara a reinaluisa e rosas. Non sei se estou máis nov#blgtk08#a pero o que de seguro que este ano as meigas non me han facer mal.
Comentario por Araceli (24-06-2011 22:54)
3 Cousa curiosa a que me contaron da Herba Luisa á que tamén se lle chama Verbena olorosa. Din que foi o costume de recoller esta planta#blgtk08# ás doce da noite de San Xoán (as mozas casadeiras)o que fixo que o nome de "VERBENA" extendérase a todas as celebracións nocturnas.
Comentario por Pepe Dovale (28-06-2011 11:25)
4 Hierba luisa, Cedron,Hierba Cidrera, Hierba de la Primavera,Reina Luisa, Verbena Olorosa, Hierba de las indias y Hierba de la Princesa.Mira Pepe, todos esos nombres le dan a la Hierba Luisa (los saque d#blgtk08#e internet).Pero, por lo que cuentas, Verbena Olorosa es el nombre mas simpatico.
En Uruguay le llamamos Cedron y la verdad es que es una delicia de sabor y de olor.Es originaria de Peru y Chile.
Comentario por Andres Cabrera (28-06-2011 19:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0