Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

LEMBRANZA DE VICENTE DE SAN CLAUDIO

A vida non sempre é fácil. Eu sempre pensei que a xente que tivo que marchar da súa terra para poder gañar o pan o tivo moi complicado, paréceme unha das decisións máis duras. Cando se chega a outro país atópanse costumes diferentes que hai que aprender para integrarse: outra forma de falar, outras comidas, outros xeitos de relacionarse? Afaise un aos costumes doutro país e cando volve xa non se sabe que maneira de facer é a axeitada. Acábase por non pertencer nin ao lugar de orixe nin ao de chegada.
Vicente marchou a Venezuela coa súa muller sendo ben novo. Deixaron á súa filla pequena ata que se asentaron no novo país e a levaron con eles. Viviu alá máis de media vida traballando nun bo posto na Firestone; criaron á filla e déronlle unha boa carreira. E a súa muller, sendo aínda nova, morreu, lonxe? Cando Vicente se retirou, as cousas en Venezuela non pintaban ben e decidiu volver; a súa terra dáballe seguridade.
Vicente era todo un señor, ben parecido (alto e cos ollos azuis) e moi educado; coñecíanselle as maneiras sudamericanas, suaves e pausadas, pero co seu carácter. Así e todo, distinguíase por seguir sendo de San Claudio, o tivo presente ata o derradeiro momento. Non perdeu a nosa fala (aínda a recorda a súa filla que marchou sendo unha nena), nin os costumes galegos (moito lle gustaba o caldo!), nin as lembranzas da súa nenez e xuventude.
Hoxe témoslle que dicir adeus a Vicente, sabendo que as ?señoritas Maricarmendesanclaudio? non o esquecen.

Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 22-06-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 Non esquecerei nunca o seu sorriso e e#blgtk08#ses olliños azuis. Ata sempre meu Rey.
Comentario por Aracelis (22-06-2011 15:22)
2 "A saia da Carolina
ten un lagarto pintado,
que llo pintou Carolina
unha noite no sobrado", cantaba o señor Vicen#blgtk08#te cando había festa e canturriada.Aprendín del esta copla e agora cada vez que a canto venme á memoria. Lembranzas e bicos para el.
Comentario por Gelo Paz (24-06-2011 18:54)
3 Que barvarida!!! a vaca #blgtk08#marela o leite que da.
Comentario por Lorena (24-06-2011 23:13)
4 "Por Dios Maricarmen no me diga esas cosas jajaja!" frase típica de nuestro Sr. Vicente de San Claudio. Eu cheguei a este barco o 10 de #blgtk08#xullo do 2009 e foi unha das primeiras persoas que se me quedaron na memoria que como ben sabemos acabas de chegar e con tanta xente...
Comentario por Mónica (01-10-2011 16:01)
5 Gracias a todos, por este lindo homenaje, asi era mi padre y asi lo seguiremos recordando, herm#blgtk08#oso en su interior y exterior, y ahora en su Espiritu nos seguira acompañando, por siempre.....
Comentario por Ines (25-04-2012 23:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0