Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

OS MAIOS

Outro ano máis celebramos a Festa Interxeracional dos Maios en Ortigueira e outro ano máis mirando ao ceo pola mañá, esperando que non se mandara a auga. Tivemos sorte, non choveu e puidémonos xuntar na praza do Concello @s pequeniñ@s da Escola Infantil Galiña Azul, @s nen@s do CEIP José María Lage, @s rapaces do IES, o grupo de usuari@s de ASPROMOR, os maiores do noso Centro Residencial e os veciños e veciñas da Vila que se quixeron achegar.
Entre todos fixemos unha alfombra floral (podédela ver na fotoblogoteca) cun sol no medio feito no ?Obradoiro Sol-Art? dos Centros de Maiores do Consorcio. Moito me gustou ver aos pequerrechos da Escola Infantil coas serraduras e as borras de café argallando na alfombra. Xuntamos en total 4 maios piramidais: o da Escola Infantil, o do CEIP, o do IES e o de ASPROMOR, e tres maios figurativos do Centro Residencial: unha boneca maia, un burro e un carro, este último adornado polas rapazas da aula Rosalía de Castro do IES. Houbo un obradoiro de broches de flores de feltro que desenvolveu Tania a Educadora de ASPROMOR e que se repartiron entre @s participantes. Léronse coplas alusivas aos maios e @s nen@s do cole cantaron a coro unha fermosa copla. Por suposto, non faltou a música durante toda a mañá e alguén aínda se animou a bailar; temos que agradecerlle a Jaime, o monitor de ASPROMOR, que tocara para nós unha muiñeira coa frauta traveseira. Os maiores do Centro Residencial entregaron paquetiños de caramelos aos máis pequenos para adozar se cabe un pouco máis a mañá.
O ano que ven repetimos?
Comentarios (2) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 09-05-2011 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
A SEMANA SANTA

Na Residencia de Ortigueira temos unha capela na honra de San Roque na que o noso párroco D. José Buide Rodríguez di misa a diario. D. José non só di misa, comparte a vida con nós. Ten moitas lembranzas xa que leva na Vila case corenta anos.
Son moitos os recordos ligados á Semana Santa. Hai anos o Domingo de Ramos era o día en que se estreaba roupa nova. As nenas un vestidiño ben xeitoso e os nenos unha camisa e un pantalón que despois da misa xa o enchiamos de lamparóns ao sacudirnos cos ramos.
Contaba o outro día D. José que antigamente se bendicían os ramos o primeiro domingo da Semana Santa, tal e como se sigue facendo, pero tamén se bendicían uns ramiños o día de San Pedro Mártir (29 de abril) e despois se levaban ás leiras para que as colleitas foran boas.
Vede un retrato da nosa veciña Aurora Pereira Moure (87 anos), que é a segunda pola dereita, e as súas compañeiras de San Claudio un domingo de Ramos.
Comentarios (0) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 20-04-2011 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
A PRIMAVERA
Di a miña veciña Estrella Pallas Dubra (89 anos) que NA PRIMAVERA VEN A GATA FERA, porque é bonita pero frío bota. Lembra que cando ela ía á escola aparecía no Catón o debuxo da primavera que era unha moza forte e estaba dereita cunha vara na man xunto a dúas vacas louras e pigharadas de branco, unha deitada e outra pacendo.
Comentarios (0) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 31-03-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0