Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O PASAPALABRA EN ORTIGUEIRA
Nestes días de peche no centro, de cambios, de renovación de espazos, de calor, de parolas, de novos horarios, de fortalecer lazos entre as persoas maiores, tamén hai tempo para desfrutar e facer exercicio non só físico senón tamén mental.
O persoal proponnos realizar as sesión de xerontoximnasia, tódolos días pola mañá, para comezar o día en boa forma física. Neste confinamento probamos a facer Ioga, actividade que tivo moi boa acollida entre nós.
Á tarde, as propostas didácticas son variadas, centradas no xogo cooperativo, onde participamos un bo número de persoas maiores, realizando numerosas probas por grupos ou de maneira individual. O caso é participar!!
Son sesións de exercicios de estimulación cognitiva, de traballo coa memoria, de categorización nominal, de tertulias onde se escolle un tema de actualidade, de orientación á realidade, de reminiscencia, de atención, de expresión creativa e musical, etc? Un montón de xogos e actividades para facer, que o persoal nos ofrece para pasa-lo pipa e onde non só temos o protagonismo como destinatarixs, senón que inventamos o nome dalgún dos xogos e establecemos as súas normas básicas. Algúns deles son: ?O cachibote?, ?Os ovos da Kika?, ?A roda do carro? ou o ?Tenis con globo?.
Tamén noutros xogos, deixamos saír a nosa vea artística realizando a cartelería dos mesmos como nos ?Xogos Olímpicos? ou no famoso ?Pasapalabra?, para o que tivemos que preparar ?o rosco? das letras. Vaia tardes entretidas que pasamos e moitas risas botamos, iso sí, a puntería ás veces non é o que mellor se nos dá. Hai que seguir practicando e afinando!!

Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 06-06-2020 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
TARDES DE BINGO
Tanto tempo de confinamento dá para facer moitas cousas polas tardes, logo de merendar. Xogamos en equipos, por parellas ou individual, según sexa o xogo plantexado.
O xogo do BINGO non ía ser menos i é un dos favoritos pois parece que engancha. Prepárannos os cartóns a tamaño XL para velos mellor, repártennos rotuladores de cores vivas que marcan ben o papel e recitan os números como se tivesen un micrófono, repetíndoos por se temos dúbidas. Ademais, ao cantar liña levamos unha presa de caramelos e se cantamos bingo, un agasallo do máis variopinto (cremas, colonias, peines, barallas, neceseres, etc...)cousas que nos veñen moi acaídas.
Hai quen ten sorte e canta seguido pero a outroxs non nos queda máis que agardar ata a próxima partida.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 06-06-2020 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
A ÁRBORE DAS MENSAXES

Desde comezos do confinamento no CAPM de Ortigueira recibimos unha morea de mensaxes de apoio, animando tanto ás persoas maiores como a todo o persoal que traballamos no centro chegando de maneira virtual a través do noso blogue Coamarea, por correos electrónicos ou por whatsapp. Aproveitamos que temos un taboleiro de cortiza no comedor, zona que visitamos varias veces ao día, para colocar a nosa ?árbore da vida? no centro e ir enchendo de follas de cores, según ían chegando as mensaxes de ánimo e recoñecemento polo traballo realizado. Son circunstancias especiais nas que se agradece o ánimo recibido e o recoñecemento a tódolos equipos de persoal que traballamos nos centros de maiores, tentando dar a atención integral e de calidade que as persoas usuarixs merecen.Sobre todo neste día pero tamén no resto do ano: Parabéns compañeiras polo traballo ben feito, a todxs e cada unha!!.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 01-05-2020 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
O QUIXOTE VISÍTANOS POLO DÍA DO LIBRO (23 de abril)
A celebración do Día do Libro remóntase aos comezos do século XX. O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro Internacional.
A súa orixe está en 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron ? ou morreron ? outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta dataa tan simbólica para a literatura universal foi a escllida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todxs, en particular axs máis novxs, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos creadorxs ao progreso social e cultural.
En España, Miguel de Cervantes Saavedra coñecido tamén polo alcume de ?O manco de Lepanto?, escritor de gran renome escribiu a comezos de 1605 ?O Quixote?, sendo a obra máis destacada da literatura española e das principais da literatura universal, ademáis de ser a máis lida, logo da Biblia. Resultou ser ?o mellor traballo literario xamais escrito?, encabezando a listaxe das mellores obras literarias da historia.
Lonxe nos quedan os anos de Cervantes pero á súa mellor obra, sempre viva, damos lectura, cada 23 de abril, para lembrar as andanzas do fidalgo da Mancha, Alonso Quijano, que de tanto ler novelas de cabaleirías acaba toleando e crendo que é un cabaleiro andante. As súas intencións son boas, axudar aos pobres e desfavorecidos, e lograr o amor de Dulcinea do Toboso, acompañado polo seu fiel escudeiro Sancho Panza pero a sorte non os acompaña nas súas diversas saídas, como na primeira delas, na que ataca a uns xigantes que en realidade resultan ser muíños de vento.
E en Ortigueira non íamos ser menos!!, ademáis de conservar un dos poucos muíños de vento que quedan en pé no Campo da Torre, tivemos unha visita inesperada pero ben aplaudida, a de Don Quixote montando no seu cabalo Rocinante, acompañado de Sancho Panza e da súa amada Dulcinea. Moitas grazas a Augusto, Sandra e Mariluz, por facernos botar unhas risas e pasar unha tarde tan entretida.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 30-04-2020 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
#NOS FICAMOS NA CASA
Moi bó día de "primavera confinada"por mor do Coronavirus, a tódalas persoas que vos preocupades por nós, tanto dxs usuarixs como do persoal do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ortigueira.ESTAMOS BEN!!,tentando manter a rutina tanto as actividades básicas da vida diaria como as actividades para encher o noso tempo de lecer, e que realizamos ao longo da semana.
Levabamos tempo sen usar este blog pero, dadas as circunstancias excepcionais que nos toca vivir, cremos que pode resultar unha boa ferramenta para compartir o noso sentir,as nosas emocións, tarefas,actividades e entretementos coas familias, amizades e veciñanza. Así,establecemos outra canle de comunicación, ademais das que xa temos, para sentirnos máis preto de todxs vós. Agredecémosvos as vosas aportacións e comentarios, é ben sinxelo.
#NóS FICAMOS NA CASA, quedade vós tamén. Moito ánimo e apertas virtuais.
Comentarios (14) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 25-03-2020 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
BO ANO 2017
Usuarias/os, familias e persoal do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ortigueira desexámosvos un ano cargado de bós momentos, moita saúde e ledicia e cheo de boas sementes que tenten mellorar o mundo que nos tocou vivir.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 11-01-2017 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
ATA A PRÓXIMA ALIANA

Nestes días pasados de entroido e lambonadas típicas da tempada,de barullo e festa, marchou paseniño a nosa traballadora Aliana,terapeuta ocupacional,ao rematar o seu contrato de traballo. Desexámoste dende aquí,saúde,sorte,amor e que sigas traballando no que máis che gusta.Vente de visita un xoves que faga bó tempo, que habemos ir dar boa conta dos churros co chiculate que fan no Mercado. Unha aperta
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 20-02-2016 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
XA VAN CINCO ANOS BLOGUEANDO COAMAREA

O pasado día 18 deste mes da Candeloira, o noso blog cumpríu 5 aniños. Como pasa o tempo!!!. E que mellor xeito de celebralos que con música da boa, e en directo. Os nosos amigos de Maniños (Fene), Leso e Teresa, xenro e filla da nosa Esperanza, deleitáronnos a mañá, ao ritmo dunha guitarra virtuosa e das súas voces melodiosas. Leso explicou que aprendeu a tocar a guitarra aos 12 anos, de maneira autodidacta, lembrándonos que xa de neno ía acompañando con ela á ?Ronda de Clave Azul? de Maniños , promocionando a música de pulso e púa, e da que formaba parte o home de dona Esperanza, posteriormente o seu sogro).Cousas da vida!! .
?Ai queee placer sentía yooo?? e quen se atopaba na sala de actividades, ao escoitar os seus aloumiños en forma de habaneira, tentando acompañalos nos retrousos. Foi un concertazo en toda regla, que queremos agradecerlles dende aquí , a unha familia tan colaboradora. Resultou unha mañá entrañable que convidaba a namorar, pois somos d@s que pensamos que calquera día do ano e bó para facelo, sen ter que facerlle caso ao tal san Valentín.
Aproveito no meu nome e no de todas as persoas maiores e o persoal, desta nosa Casa Grande, tanto as cancións como o tempo que nos adicaron e xa quedamos en anotar outros títulos que nos apetezan para pedirlles na próxima cita, que de seguro, estará próxima. Se cadra, facemos unha coral.
E non está de máis, agradecervos a tod@s e cada un/ha das persoas, coñecidas ou non, amig@s, veciñ@s, familiares, traballador@s do Centro, etc,? que tivestes o detalle de entrar no noso blog e compartir un cachiño da nosa historia. Agardamos seguir navegando coa marea e que vos o vexades. Bicos de salitre e apertas mariñeiras.


Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 20-02-2016 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
BO ANO 2016 DE CORAZÓN

As persoas maiores do CAPM de Ortigueirs,residentes e usuari@s do Centro de Día, así como todo o persoal e familiares, desexámosvos DE CORAZÓN unhas boas festas e unha boa entrada de ano 2016
Comentarios (3) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 31-12-2015 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
BUDIÑO VEU TOCAR Á NOSA CASA

Tódolos anos celébrase en Ortigueira o Festival Internacional do Mundo Celta, cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk.
Nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, liderada naquel intre por Xavier Garrote. Unha idea visionaria que triunfou grazas á axuda de toda a vila.
A forza do Festival, organizado polo Concello de Ortigueira, valeulle que na edición do 2003 o Ministerio de Economía lle concedese o galardón de Festa de Interese Turístico Nacional e en 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional.
Na fachada atlántica europea trazouse na antigüidade un arco de relacións comerciais e culturais entre os territorios dos chamados países celtas, dende Escocia ata Galicia pasando pola costa cantábrica, Irlanda, a Illa de Man, Cornualles, Gales e Bretaña.
Nas distintas edicións do Festival puidemos desfrutar das músicas e culturas de todos estas nacións.
Este ano a estrela galega invitada para o sábado á noite era o afamado gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Dende 1997, en que sacou o seu primeiro disco Paralaia, leva tocando en escenarios de todo o mundo dende Galicia a Suíza e ata Cabo Verde. O domingo 19 veu á nosa casa tocar unhas pezas xunta o guitarrista Fernando Barroso. Un agasallo especial para nós que non esqueceremos. Deu gusto escoitalo e poder bailar ao seu son. Temos que agradecerlles este aprezo tanto aos músicos como a Fran, quen moitos anos estivo organizando o Festival, e os acompañou.
Agardamos que outros anos se repita a experiencia.
Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 24-07-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0