Abril: Non me deixes nunca - Kazuo Ishiguro
Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe campestre, un colexio exclusivo acubilla os seus alumnos, protéxeos do mundo exterior, failles crer que son especiais, auténticos seres escollidos. Mais, por que están realmente alí? Kazuo Ishiguro, autor de The Remains of the Day (O que queda do día), explora nesta novela as posibilidades da ficción a través dun relato que agacha unha verdade terrible. Non me deixes nunca é a historia dun destino inesperado, dun fado arrepiante que pon de relevo a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz. [Presentación Editorial]
Esta obra de Kazuo Ishiguro ten sido incluída no xénero da ciencia-ficción, mais o seu autor resístese a aceptar esa catalogación, e é que o mundo que crea na novela ben podería ser o noso mundo real, un mundo alternativo posible, e por iso mesmo, arrepiante.
Non me deixes nunca  admite múltiples e diversas lecturas, algunhas máis literais, outras máis alegóricas, e que dará lugar, sen dúbida ningunha, a un interesante debate.
Muriel Barbery
Escribiu a súa primeira obra no ano 2000, Une gourmandise (Unha larpeirada): unha crítica á agonía gastronómica de ter que atopar un sabor descoñecido. Foi un éxito literario e traducida a doce linguas.
A súa obra A elegancia do ourizo, foi a sorpresa editorial do 2006. Fixéronse 50 reimpresións e en outubro do 2007 levaba vendidos 600.000 exemplares que hoxe superan o millón só en Francia. Estivo durante trinta semanas consecutivas ocupando o primeiro posto de vendas do país. Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Georges Brassens no 2006, o Rotary International, o Premio dos Libreiros e o Premio da Biblioteca para Todos no 2007, no 2008 concedéuselle un premio na Vila de Kujoyama.
Muriel Barbery confesa ter sempre xunto dela un exemplar que non deixa de reler de Guerra e Pa . O Xapón é un país que exerce fascinación sobre ela e ao que puido trasladarse grazas aos ingresos obtidos das vendas de A elegancia do ourizo.
A elegancia do ourizo
1-Das belezas latentes, por Lorena Domínguez Mallo, Culturagalega.org/lg3
2- Os personaxes solitarios de Muriel Barbery, por Aurora Intxausti, El País.
3- Barbery: A elegancia do ourizo, por Eugenio Sánchez Bravo, Auladefilosofia.blogspot.
E para os que queirades saber máis do país que exerce tal fascinación na autora da obra que nos ocupa, recoméndovos a lectura de Japón. De la katana al manga, de Javier Martínez Herrero, Shinden Ediciones, unha amena e rigorosa introdución á historia do primeiro país non occidental que conseguiu situarse na vangarda tecnolóxica do mundo.
Por último, a obra de Muriel Barbery foi levada recentemente ao cinema pola directora novel Mona Achach, con Josiane Balask no papel da señora Michel. Déixovos aquí o tráiler do filme:
Son moitas as referencias filosóficas e literarias que aparecen no libro, déixovos aquí aquelas que fan alusión ao elemento xaponés polo peso que teñen na novela e quizais por ser as menos coñecidas:
Haiku.- poema breve composto por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. Adoita levar unha palabra clave chamada Kigo que indica a estación do ano á que se refire o poema. Tradicionalmente o haiku buscaba describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións, a vida cotiá da xente. Moi influído pola filosofía e a estética zen, o seu estilo caracterízase pola naturalidade, a sinxeleza, a sutileza e a austeridade. Alguén se anima a crear un haiku?
Tanka.- poema breve composto por cinco versos de cinco, sete, cinco, sete e sete sílabas. Se a un haiku lle engadimos dous versos de sete sílabas temos un tanka. O único requisito para formar tankas é que o terceiro verso ten que servir de enlace entre os dous anteriores e os dous posteriores, coma unha especie de eixo que permita unir semanticamente toda a composición. Probamos cos Tankas?
Taniguchi e o manga.- Manga é a palabra xaponesa para referirse á banda deseñada en Xapón, ao cómic. Fóra de Xapón é o termo empregado para catalogar toda a produción deste xénero procedente dese país. A súa principal característica física é que a lectura faise de esquerda a dereita, como na escritura xaponesa.
Jiro Taniguchi (Tottori, 1947) é un dos debuxantes de manga xaponés máis recoñecido tanto no seu país como no estranxeiro. Boa parte da súa obra está traducida ao español pola editorial Ponent Mon. Se vos apetece botarlle unha ollada, na biblioteca teñen na sala de préstamo algúns exemplares dispoñibles.
Go.- xogo de orixe chinesa moi practicado en Xapón. A finalidade do xogo é progresar construíndo maior territorio e conseguindo para iso parte do territorio do contrincante, mais sen chegar a aniquilalo. Trátase de atopar un perfecto equilibrio obtendo un pouquiño de vantaxe.
Kokinshu (Kokin Wakashu).- Poesía clásica xaponesa de orixe cortesá e temática sentimental (temas: amor, primavera, miscelánea). Século X.
Yasuyiro Ozu (1903-1963).- influinte director de cine xaponés. Conxuntamente con Akira Kurosawa e Kenji Mizoguchi, Yasujiro Ozu forma parte do trío de grandes cineastas xaponeses do século XX. Se ben os seus estilos e os temas escollidos no permiten establecer demasiados paralelismos, o nexo de unión entre eles delimítao fundamentalmente a influencia que exerceron sobre directores de cine contemporáneo das máis diversas procedencias.
Segun avancedes na lectura irei incluindo novas referencias (musica, arte, biografias...)
Agardo os vosos comentarios.
Terceira parte:
No capítulo 9 (páxina 255) da terceira parte da lectura, "Chuvia de verán", faise referencia a unha obra de arte, un Bodegón de Pieter Claesz, velaquí o tedes.
Tamén hai varias referencias musicais, valequí algunhas:
- Melissa, de Julien Clerc (Páx. 250 - Pensamento Profuno nº12)
E non podía ser menos o Confutatis do Requiem de Mozart do capítulo 14, premendo sobre o nome poderedes escoitalo.
Aqui vós deixo os enlaces a algunhas referencias desta cuarta parte da lectura:
- Capítulos 2 e 3: información sobre <b>Guillermo de Ockham
- Capítulo 6: a orixe do hábeas corpus
- Capítulo 7: Paloma cando observa as rosas recorda a Pierre de Ronsar, velaquí a súa biografía e algúns dos seus poemas.
E non podían faltar as referencia musicais:
- Dido e Eneas: a ópera de Purcell, que escoita Renee na casa de Kakuro (Cap.8) Dido e Eneas
- "Ao cruzar o patio, paramos en seco os dous ao tempo: alguén se puxera a tocar o piano e oíase moi ben o que interpretaba. Era algo de Satie....(...) "Canto lle gustaría a Renée este intre!", dixo Kakuro. E quedamos así uns minutos, a escoitar a música..."    (derradeiro pensamento profundo, páx. 423) Erik Satie - Gymnopedie No.1
Marzo - A elegancia do ourizo - Muriel Barbery
Renée, a porteira do número 7 da rúa Grenelle, leva moito tempo finxindo ser unha muller corrente. É viúva, cativa e laida. E ninguén sospeita da súa extraordinaria cultura. Paloma ten doce anos e tamén oculta unha gran intelixencia. Négase a ter como destino a vacuidade e inepcia da existencia adulta. Canto faga trece anos ten pensado suicidarse. Ambas levan unha vida solitaria deica a chegada ao edificio dun home misterioso que propiciará o encontro. Xuntas irán amosándonos cun sorriso como é posible acadar unha felicidade cimentada na amizade, o amor e a arte.
«Un conto moderno, refrescante e intelixente», Le Figaro; «A nostalxia atemporal de Marcel Proust e o frescor de Philippe Delerm… Divertida, intelixente… aérea coma un haiku», L’Express; “Dicir que Muriel Barbery ten talento é quedarse curto… Ten un humor devastador», Le Nouvel Observateur.
Podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir do 1 de marzo e teredelo con vos ata o 3 de abril.
Fran Alonso
A súa traxectoria como narrador comeza con Tráiler (1991, Premio Blanco Amor de Novela), que xira arredor da vida e dos mitos dos camioneiros. Logo publicou Cemiterio de elefantes (1994), libro de relatos centrado no mundo da noite; Silencio (1995), que se adentra na esquizofrenia do mundo urbano a través dunha situación límite;  O brillo dos elefantes (1999), que conta a historia dun neno centroamericano acurralado pola miseria, a fame e a guerra; e Males de cabeza 2001), libro de relatos no que aborda o tema da loucura desde puntos de vista moi diferentes.
Tamén abordou a biografía en A vida secreta de María Mariño (Xerais 2007) e «A voz que vén da seitura», incluído no libro-disco con DVD da Señora Carmen A flor dos meus anos (PAI Música, 2007).
Como xornalista é autor de Territorio ocupado (1998, Premio Losada Diéguez), unha crónica de literatura periodística sobre o conflito saharauí, e Un país a medio facer (2008), un libro de entrevistas.
Como poeta deu á luz A lúa no probador (1992), Persianas, pedramol e outros nervios (1992), Tortillas para os obreiros (1996),  Cidades (1997) Premio Rañolas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano, Accésit do Premio Lazarillo e o libro máis votado da Lista de Honra da revista Clij, e Balada solitaria, poemario realizado conxuntamente co fotógrafo Renato Roque, publicado exclusivamente en Portugal (Edicões Eterogémeas, 2004) e traducido ao catalán.
A súa obra narrativa está recollida nas antoloxías Relato contemporáneo (Xerais, 1995), O relato galego (Sotelo Blanco, 1995), Colloque sur la Jeune Littérature Européene (Bruxelas, 1996), Unha liña no ceo (Xerais, 1996) e ¡Va de cuentos! (Espasa Calpe, 2000). A súa obra poética está tamén recollida en antoloxías e revistas como Quimera (Barcelona, 1997), Grial (Vigo, 1999), D'efecto 2000 (Letras de Cal, 2000) e Letras para armar poemas (Alfaguara, 2000).
É responsable das coleccións de poesía <Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos e coautor da tradución ao galego do Polgariño de Charles Perrault. Editou e coordinou o libro Mini.relatos, onde participan 27 autores galegos novos, publicado pola Librería Cartabón (1999). E moitos dos seus libros foron traducidos a outras linguas: castelán, catalán, portugués ou inglés. [Fonte principal: www.vieiros.com]
Cito uns parágrafos da mesma:
Con respecto á literatura, teño que confesar que escribir un libro e saber que mo vai ler alguén é unha experiencia profundamente gratificante. E resulta evidente que son as lectoras e os lectores os que lle dan vida aos libros con cada lectura. Así que a todas elas e eles, gracias por facerme posible como escritor.
Eu creo que a literatura nos axuda a comprender moito mellor o mundo en que vivimos (e, seguramente ese é o principal motivo polo que eu mesmo escribo), o que, en definitiva, é moito, moitísimo. Por iso no podo compartir a opinión de aqueles escritores e escritoras que alegan que a grandeza da literatura está na súa gratuidade. A aprehensión do mundo que nos proporciona a literatura (como lectores ou como escritores) é de tal magnitude que supera, na miña opinión, calquera tipo de gratuidade.
Males de cabeza
Vídeo de Fran Alonso onde nos fala sobre Males de cabeza:
<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/WADgHtybDvE&hl=es&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/WADgHtybDvE&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>
Febreiro: Males de Cabeza - Fran Alonso
En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradicións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.
INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias. [Presentación editorial]
Da man de Fran Alonso ídesvos mergullar nun tema apaixonante: a tolemia, nas súas máis diversas manifestacións. Cales son os límites entre cordura e loucura? Que é estar tolo e qué estar cordo? Quen o determina e por qué? Onde está a orixe da tolemia? Cal é a relación entre tolemia e creatividade?... Con estas e outras preguntas haberá que se enfrontar na lectura dunha obra que dará lugar, sen dúbida ningunha, a un interesante debate.
Podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir do 1 de febreiro e terédelo con vós ata o 1 de marzo.
Conexión Tubinga
Alberto Canal
É licenciado en Ciencias da Información, rama Periodismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é responsable de Co-municación do Grupo Caldaria e director da editora AVC, dedicada a publicacións periodísticas especializadas. Conexión Tubinga (Xerais 2008), finalista do Premio Xerais 2008, é a súa primeira novela, e sobre ela ten aberto un blog titulado: conexiontubinga.wordpress. com
Atoparedes máis información no blog do propio autor, ademáis de información de gran interés sobre a opinión dos críticos, artigos, datos sobre a historia, sobre os pensadores que aparecen no texto, os escenarios...
http://conexiontubinga.wordpress.com
No programa Libro Aberto do día 1/02/2009 atoparedes (na súa segunda parte) unha entrevista ao autor de Conexión Tubinga.
Aquí tendes o enlace para ir á páxina de Televisión á carta, só tendes que buscar o programa do día 1/02/2009.
O bosque dos raposos aforcados - Arto Paasilinna
Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando estes saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo a aqueles maleantes sen estilo. Naquelas frías terras do norte coñece ao comandante Remes, militar alcólico co que acaba vivindo unha serie de estrafalarias aventuras no límite entre a realidade e o absurdo.
Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos aforcados é o primeiro libro que se verte do finlandés ao galego.
[Presentación editorial]
Unha comedia para este mes de Decembro!!! Podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir de mañá, día 1. Terédelo con vós ata o día 2 de Xaneiro.
BOA LECTURA!!!