| Blog do Club de Lectura Virtual da Biblioteca Pública de Pontevedra |
|
Benvid@s ao Club de Lectura Virtual de Pontevedra
Este Club de Lectura, promovido pola Consellería de Cultura, diríxese a todas as persoas interesadas en compartir a lectura e o comentario de obras diversas a través de Internet. Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blog, e tamén a través do chat, nas xuntanzas que faremos mensualmente e nas que poderemos contar, sempre que sexa posible, coa presenza do autor.
|
|

|
| Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Así nacen as baleas - Anxos Sumai |
|
Información sobre a obra:
Así nacen as baleas naceu, segundo a propia autora, dunha imaxe concreta, case obsesiva: un neno gordo que acaba de comer e queda durmido na súa cadeira. Dese vórtice, apareceron o resto dos personaxes: a nena narradora, a nai, un bebé que come parafusos e un pai embarcado en alta mar. É unha narración sobre a memoria, pero memoria individual e persoal en oposición á memoria colectiva tan de moda estes últimos anos.
A cidade mexicana de La Paz, na Baixa California, e outra cidade indeterminada conforman a paisaxe xeográfica dunha obra onde estas ausencias nominais -o personaxe principal feminino tampouco ten nome- buscan a identificación co lector.
No título a novela engástase a unha linaxe que arrinca a finais dos anos oitenta e que ten nas baleas un dos seus sinais de identidade. Precisamente, Helena González titulou A tribo das baleas a súa antoloxía de poetas finiseculares galegos, ámbito xeracional ao que Sumai pertence.
A balea sérvelle de metáfora do rapaz que come e se bota a durmir, un personaxe que ela identifica cos "tolos de todas as aldeas" e que aparece caracterizado pola beleza e a liberdade. A partir de aí, a escritora constrúe unha alegoría de como a beleza pode afogarnos: é tan grande que ninguén sabe o que facer con el. Na súa opinión nacemos condicionados polo que se espera de nós. Algunhas persoas conseguen rebelarse e outros acéptano. Aquí, quen se rebela é a muller, a nena, e quen acepta é o neno. Iso si, co escape de soñar coas baleas.
Anxos Sumai foi entrevistada recentemente en LIBRO ABERTO por Manolo Romón. Só tedes que buscar o programa do 4/02/2008 e ver o video. |
|
|
|
|
| Anxos Sumai |
|
Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.
Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e Melodía de días usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.
En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia.
Anxos de Garda http://www.culturagalega.org/anxosdegarda.php
Tertulia Novas Narradoras:
http://www.culturagalega.org/lg3/lg3_extra_tertulia.php?Cod_extrs=261&Cod_prsa=67
Entrevista: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Interesame/poner/evidencia/as/clasificacions/sociais/tradicionais/elpepiautgal/20071221elpgal_21/Tes/ |
|
|
|
|
| María Xosé Queizán |
|
 María Xosé Queizán nace en Vigo (Galicia) é escritora, catedrática de Ensino Medio, nesa cidade e unha figura relevante no movemento feminista en España. Na procura do espallamento das súas idean emancipatorias, comezou a escribir os seus primeiros ensaios feministas: A muller en Galicia (1977) e Recuperemos as mans (1980), cando falar de feminismo era máis ca unha heroicidade. Asimesmo foi cubrindo desde os anos 80, seccións de actualidade na prensa galega (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, etc.), enfrontando os aspectos máis crús da realidade das mulleres, cun estilo irónico e educativo. Tamén desde os 80 dirixe a revista de cultura, pensamento e escrita, Festa da palabra silenciada, que servirá como plataforma da escrita feminina destas décadas, de fóra e de dentro do país.
O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Os seus ensaios feministas son, hoxe por hoxe, a vangarda do pensamento feminista contemporáneo, con temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.
Como traductora, figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Margarite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlote Perkins.
Na actualidade, dirixe a "As literatas" de Edicións Xerais de Galicia, unha colección de narrativa onde procura dar a luz textos fundamentais da narrativa feminina, que non atoparon a consideración que merecían. |
|
|
|
|
| Maio: Así nacen as baleas, de Anxos Sumai |
|
Con “Así nacen as baleas”, a escritora Anxos Sumai obtén o Premio Repsol YPF do ano 2007.
Nesta segunda edición, o premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia outórgase a unha obra que conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller. Unha novela na que sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e biografía estouran a través dunha maneira de narrar que descobre un mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.
Logo de acadar o Premio da Crítica galega con Anxos de garda no 2004 e despois do éxito entre lectores e lectoras de Melodía de días usados, Anxos Sumai obtén o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007. Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente.
De volta desde California, onde como bióloga traballa coas baleas, a narradora da novela redebuxa o seu pasado coa axuda da lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos que, coma a protagonista, só é quen de existir mentres pode facerse preguntas.
Anxos Sumai conta a historia cunha linguaxe narrativa na que metáforas, personaxes e relato conflúen para describir o mundo desde a ollada diferente dunha rapaza e do seu irmán discapacitado psíquico.
O premio, que na anterior edición obtivo Miguel Sande coa a novela “Se algún día esta muller morta”, foi concedido por un xurado formado por representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Real Academia Galega, da Asociación Galega de Editores, dos organizadores e de Editorial Galaxia.
Podedes pasar xa a recoller o libro. Terédelo con vós ata o día 9 de Xuño. |
|
|
|
|
| Anna Gavalda |
|
Naceu en 1970 en Boulogne-Billancourt (París). En 1999 saltou á fama con Quixese que alguén me esperase nalgún lugar , galardoado co Gran Prix RTL-Lire 2000, unha colección de relatos da que se venderon un millón de exemplares en Francia e que foi traducida a trinta e cinco idiomas.
A súa primeira novela, Amábaa (2002), consagrouna a nivel internacional ao ser traducida a trinta e seis idiomas nos que cultivou xa dous millóns de lectores. Coa súa segunda novela, Xuntos e máis nada (Galaxia, 2006), o fenómeno internacional seguiu en aumento alcanzando, só en Europa, os tres millóns de exemplares vendidos. Ambas as dúas novelas foron levadas ao cine recentemente. Hoxe en día é a escritora francesa máis lida, aclamada por unha crítica e un público absolutamente entregados. Vive preto de París, en Boulogne-Billancourt, onde traballa a tempo parcial como bibliotecaria.
|
|
|
|
|
| Abril: A Semellanza, de María Xosé Queizán |
|
Novela que reflicte unha vida problemática e tráxica no seo dunha sociedade indiferente e incapaz de ofrecer un sistema de valores verdadeiramente asumibles. O protagonista, fillo único dun decadente matrimonio burgués que vive na cidade de Lugo, descobre a súa homosexualidade latente e emprende unha carreira contra o tempo en procura de si mesmo, desde a propia sexualidade e de acordo co seu propio corpo. M.ª Xosé Queizán explora pois as restriccións psicolóxicas e sociais que na sexualidade impón unha sociedade na que a heterosexualidade é dominante e as implicacións que para a identidade sexual e emocional do protagonista, e para as súas relacións, isto trae consigo. A busca da autenticidade, tanto no persoal coma no social, é daquela o motivo central desta novela.
|
|
|
|
|
| Marzo: Xuntos e máis nada, de Anna Gavalda |
|
Camille Fauque ten 26 anos, debuxa de marabilla, pero non ten forza para facelo. Fráxil e desorientada, malvive nunha bufarda e parece querer desaparecer: apenas come, limpa oficinas de noite, e a súa relación co mundo é case agonizante. Philibert Marquet, o seu veciño, vive nun apartamento enorme do que podería ser desaloxado; é tartamudo, un cabaleiro á antiga que vende postais nun museo, e o caseiro de Franck Lestafier. Cociñeiro dun gran restaurante, Franck é mullereiro e malfalado, case vulgar, o cal irrita á única persoa que lle quixo, a súa avoa Paulette, que aos seus 83 anos déixase morrer nun asilo botando de menos o seu fogar e as visitas do seu neto.
Catro sobreviventes, catro personaxes magullados pola vida, cuxo encontro vainos salvar dun naufraxio anunciado. A relación que se establece entre estes perdedores de corazón puro é dunha riqueza inaudita, terán que aprender a coñecerse para lograr o milagre da convivencia.
Xuntos e máis nada é unha historia viva, cun ritmo suspendido no aire, chea deses minúsculos dramas persoais que seducen pola súa sinxeleza, a súa sinceridade e a súa inconmensurable humanidade.
Anna Gavalda deixa falar aos seus personaxes, posúe un agudo sentido da observación da fraxilidade do ser humano, do delicado equilibrio entre a felicidade e a desesperanza, entre os sentimentos e as palabras para contalos. Acertou cunha novela emocionante, divertida, que se le de vez, que celebra a felicidade de estar con quen de verdade é importante. Levada xa ao cine, Xuntos e máis nada fixo tremer durante meses as listas dos libros máis vendidos de Francia.
|
|
|
|
|
| Luís Rei Núñez |
|
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958), xornalista de profesión e xefe de cultura da Televisión de Galicia, é autor dunha obra literaria que inclúe, entre outros títulos, os poemarios A rolda invisible (1988) e Alma mareira (2003), a biografía de Rafael Dieste A travesía dun século (1987), o volume ensaístico Poetas Andantes Navegantes (1995) e libros de xénero difuso, como Imán Fisterra (1995) ou Muros (2002), ademais das novelas Expediente Artieda (Premio Xerais 2000), A estrela dos polisóns (Xerais 2003), Toda a vida (Xerais 2005), e O señor Lugrís e a negra sombra (Xerais 2007).
|
|
|
|
|
| Encontro para comentar Brooklyn Follies: Xoves 14 ás 21:00 |
|
Ola a tod@s!!
O xoves teremos o encontro a través do Chat para comentar Brooklyn Follies.
Vémonos alí!! |
|
|
|
|
| Conversa mantida con María Reimóndez no Chat Xuntanzas |
|
Eva: María, o primeiro, moitísimas grazas por estar aquí hoxe
reimondez: un pracer
Eva: En canto O club da calceta, como xurde esta novela? De onde saen estas seis mulleres? Son froito da túa imaxinación ou inspirácheste en xente que coñeces?
reimondez: vaia, son moitas preguntas, irei unha por unha
reimondez: habitualmente cando escribo busco contestar a preguntas
reimondez: cousas que me chaman a atención, que me incomodan, que me interesan
reimondez: é unha maneira de "investigar" a realidade
reimondez: o club naceu cunha pregunta que logo quedou algo diluída no libro: que acontecería se as mulleres reaccionasemos con violencia ante a violencia que se exerce contra nós?
reimondez: e de aí foi avanzando un nobelo moito máis complexo
reimondez: os personaxes son mulleres que teñen trazos de persoas reais
reimondez: pero non son identificables na súa totalidade
reimondez: co cal hai un pouco de todo
reimondez: de imaxinación e de persoas concretas, quero dicir
reimondez: debo admitir que me gusta moito crear personaxes
reimondez: que sexan "persoas" completas e autónomas
Eva: A pesar de que nun primeiro momento poden parecer estereotipos, cada unha delas presenta moitos matices que permiten a súa individualización, quixeches deste xeito romper cos tópicos?
reimondez: é unha das partes que máis me divirten de escribir
reimondez: exacto, esa era a idea
reimondez: por unha banda utilizar a diversidade e a unidade
reimondez: ese xogo entre mulleres moi diferentes pero que se ven unidas polo espazo que a sociedade quere darlles
meju: cal e o teu personaxe favorito?
reimondez: carai, non che sabería dicir
reimondez: con todas o pasei ben
reimondez: e con todas foi difícil ás veces conectar
reimondez: porque todas teñen algo de min e ao tempo son moi diferentes
meju: eu teño debilidade pola tia Davinia, xa que ten riscos en comun coa miña tia Ramona q morreu hai uns dias
reimondez: gústame que cada quen teña o seu personaxe favorito (parece) pero eu non me podo decantar por ningunha
Eva: Elvira paréceme un personaxe entrañable
reimondez: a tía davinia nin sequera existía nas primeiras versións da novela, podédelo crer? haha
reimondez: con elvira paseino moi ben, recreando a forma de falar da miña avoa
Eva: tendo en conta que é o personaxe que guía ao club, si que parece incrible
marcos: Eu non sei se é co que máis me identifico pero desde logo si coñezo mulleres cos rasgos de Anxos
meju: para min encarna esas mulleres do rural q moitas delas sen saber ler tiñan en si toda a sabiduria e a forza
marcos: tes razón
reimondez: si, a tía davinia é un pouco iso
meju: creo q moitos de nos temos ese referente
reimondez: e tamén as mulleres que están nas nosas familias e que nos ofrecen maneiras diferentes de estar no mundo
reimondez: que se rebelan contra a sociedade de moitas formas
reimondez: sen estar nos libros de historia (cousa xa difícil para as mulleres en xeral)
Eva: O club da calceta pódese definir claramente como feminista, hai incluso quen fala de novela de tese, ocasionoute isto críticas ou problemas dalgún tipo?
reimondez: volvendo a anxos, creo que é un personaxe que me gustaba por eses dilemas que temos as feministas ao traballar en colectivos "mixtos"
reimondez: o feminismo está mal visto, haha
meju: q opinen os homes...
reimondez: a xente sempre mira con cara rara cando unha di que é feminista
reimondez: como se estivese mal da cabeza
reimondez: o patriarcado esfórzase en presentarnos como unhas tolas
reimondez: que é a forma de quitar valor ao que pensamos, ao que facemos...
reimondez: eu creo que hai que recuperar a palabra
reimondez: e rirse deses conceptos absurdos tan difundidos como que o feminismo é que "as mulleres queden por riba"
reimondez: ou "o contrario do machismo"
reimondez: que son cousas moi estendidas e de andar por casa que non teñen nada que ver co movemento que para min ten o único garante de cambiar para ben as sociedades
reimondez: dunha forma pacífica e duradeira
Eva: pero tes datos da acollida entre o público masculino?
marcos: Desde logo como home vin reflexado en cada un dos personaxes a mulleres que ao longo da vida te vas atopando, con todos os seu matices e coa resistencia ao xeito de cada unha
reimondez: normalmente teño máis información de mulleres e mozas que len o libro
reimondez: supoño que cada libro ten un público máis ou menos determinado
luis1: a min resultoume duro
reimondez: teño menos información dos homes (luís, colle a indirecta)
reimondez: duro? iso é interesante
reimondez: por que?
luis1: máis ben cru
reimondez: en que sentido?
Eva: Luis, algún personaxe en particular?
luis1: o Xan lembrabame o de Rosalia, os demais todos Pedros
luis1: o conductor do autobus é odioso
luis1: e o entrevistador
Eva: a min resultoume especialmente duro o de Luz, pero creo que polo retrato que fai dunha realidade que está aí fóra
marcos: pero moi descoñecida...
Eva: certo
reimondez: ese foi un personaxe que me resultou difícil de escribir
reimondez: os personaxes masculinos, a dicir verdade, non os pensei tanto
reimondez: aínda que parece que aos homes vos dan que pensar e ata hai quen se sente ofendido, haha
Eva: a evolución do Manuel é xenial
reimondez: a verdade é que causan sorpresa creo que porque non estamos afeitas a ler libros onde os personaxes masculinos, todos, sexan secundarios
luis1: da que pensar, pero é moi sano
reimondez: canto me alegro!
reimondez: de feito non me publicaron unha novela cando tiña uns vinte anos porque os personaxes masculinos non estaban "suficientemente desenvolvidos"
marcos: Creo que o personaxe de Luz tamén abre debates que están na sociedade en canto á prostitución e todo o que a rodea, a progresía...
reimondez: a min é un tema que me preocupa moito
luis1: o de secundarios é algo que se sinte permanentemente e que costa
meju: as veces e necesario ter esa perspectiva, facendo referencia ao anterior libro TRES SEGUNDOS DE MEMORIA na que nos adentrabamos na cabeza dun home
reimondez: na literatura hai personaxes principais e secundarios
reimondez: a nosa sociedade ensínanos a ler
reimondez: e a entender que as mulleres somos os personaxes secundarios (maioritariamente)
reimondez: e os homes os principais
reimondez: o cal tamén vai conformando as nosas identidades
marcos: tes razón
reimondez: creo que como feminista o meu papel é dar maneiras alternativas de estar na sociedade, sobre todo para as mulleres
reimondez: os homes terán que pensar pola súa conta
reimondez: aínda estou agardando que os escritores galegos comecen a escribir sobre os seus papeis de xénero
reimondez: quitando algúns casos de escritores que tratan a homosexualidade, moi pouco hai...
reimondez: e paréceme unha pena
reimondez: daría unha literatura moi interesante, creo eu
marcos: quizais non senten tanto a necesidade de facelo
reimondez: exacto
marcos: as situacións que se consideran normalizadas ou de supremacía non se teñen como unha necesidade a abordar
Eva: supoño que depende da finalidade que se lle queira dar á literatura
reimondez: claro, pero independentemente da individualidade, a literatura é unha práctica social e política
reimondez: mesmo se as autoras ou autores non a ven como tal
reimondez: (algunhas e algúns)
meju: Maria, ti entendes a literatur como un compromiso diante da vida, non?
reimondez: eu creo que máis que como un compromiso para min é unha forma de estar en sociedade
reimondez: de comunicarme
meju: pero ti es unha persoa altamente comprometida
reimondez: de dar visibilidade a cousas e tentar facer que a miña sociedade reflexione un pouco
reimondez: eu véxome moi normal, haha
meju: home, no club hai quen se asustou co dos asasinatos...
reimondez: creo que simplemente son moi sensible ao mundo que me rodea
reimondez: e son cu de mal asento co que percibo como inxusto
reimondez: haha, o dos asasinatos
reimondez: ese é só un pequeno xogo que retoma a pregunta grazas á cal naceu o libro
meju: non te ocasionou problemas coa editorial?
meju: e moi politicamente incorrecto
reimondez: o que? matar xente?
reimondez: haha
reimondez: nun libro é ata habitual
reimondez: na vida real, por suposto, é outro tema
Eva: creo que se entende ben a chiscadela...
reimondez: na editorial non me tocaron nin unha coma do libro
reimondez: xerais é unha editora moi respectuosa
meju: antes falabas da obra de teatro
reimondez: si, a estre é o 7 de marzo en narón
reimondez: a obra creo que vai ser estupenda
reimondez: está dirixida por Celso Parada
reimondez: e a adaptación é del e miña
reimondez: (sobre todo del)
marcos: Vai rular moito por máis sitios?
reimondez: os ensaios están xa ás portas e despois de estar coas actrices creo que vai ser moi interesante
meju: non hai moitas obras literarias galegas que teñan adaptacion teatral, iso e moi boa niticia, non?
reimondez: neste momento ten comprometidas xa máis de 20 funcións
reimondez: ata o mes de xuño
reimondez: as actuacións inclúen pontevedra, cangas, vigo
meju: ali nos veremos todos os clubs da cidade
meju: rurais, urbanos virtuais
Eva: O club da calceta inaugurou o club de lectura de Xeve e, a verdade, é que lles encantou. Pensan asistir todas á representación
luis1: vai ser perigosa para os homes
meju: jajaja
Eva: jajajaja
meju: levade casco
marcos: xa será menos jajaja
Eva: algo que me comentaron alí é que lles parecía unha novela moi cinematográfica...
reimondez: o sábado 3 de maio estará no caixanova de pontevedra
Eva: alí estaremos!
marcos: alí estaremos
reimondez: tamén se vai facer unha película
reimondez: pero desa non sei nada
meju: unha longametraxe?
reimondez: é unha película para televisión
marcos: que bo!
Eva: que ben!
meju: sabes quen actua?
reimondez: si, o libro dáme moitas alegrías, non o vou negar
reimondez: na película non sei nada
meju: creo que e moi bo poder ver a tua obra en linguaxes tan distintas
meju: e todo un exercicio de estilo
reimondez: a obra de teatro téñoa máis próxima
reimondez: e faime unha ilusión terrible
reimondez: ver como falan os personaxes con voz propia
Eva: está traducida a outras linguas, verdade?
meju: e poñerlle caras
reimondez: está traducida ao italiano
meju: xa saiu?
reimondez: e este ano sairá en castelán
meju: comose titula?
reimondez: si
luis1: ten que ser moi gartificante
reimondez: http://www.tifeoweb.it/pws/index.php?module=article&view=1841, aquí vedes unha recensión sobre o libro
Eva: as traducións son túas?
reimondez: en italiano
reimondez: non! eu non falo italiano
Eva: e a de castelán?
reimondez: non, a de castelán tampouco a quixen traducir eu
meju: si? q curioso!
meju: por?
reimondez: primeiro porque me resulta tedioso
meju: sendo ti tradutora
reimondez: xa sei o final! haha
meju: jijijiji
reimondez: segundo precisamente por iso, son tradutora pero non traduzo literatura cara ao castelán
reimondez: custaríame moito tempo e traballo e realmente prefiro dedicalo a traducir cousas de inglés ou alemán, as miñas linguas de traballo, ao galego
meju: e non che apeteceria q os teus letores en castelan leran o libro da tuas verbas?
reimondez: non teño ningún afán posesivo sobre as miñas palabras
meju: pero deixaranche revisar a tarduccion final, non?
reimondez: non sei, pero a persoa que a fai é unha tradutora da miña total confianza
reimondez: iso si é importante
meju: si, sendo asi a cousa cambia
reimondez: pero iso non quere dicir que vaia mirar cada palabra
reimondez: o que me interesa é que sexa unha persoa competente e sobre todo que entenda o seu papel como mediadora
reimondez: e que teña unha forma de entender a tradución semellante á miña
Eva: No encontro con Rosa Aneiros e falando do proceso creador, ela dicía que eran moitas as veces nas que a historia lle ía marcando o camiño a seguir, ocórreche a ti o mesmo?
reimondez: eu boto moito tempo compoñendo os personaxes
reimondez: elas son as que marcan a historia
reimondez: co cal o meu proceso semella diferente do de Rosa
reimondez: eu necesito saber o que quero contar
reimondez: pero sobre todo necesito personaxes que teñan vida propia
reimondez: e logo eu conto esa vida
reimondez: ou as partes que me interesan, normalmente invento moitas máis cousas das que aparecen no libro
meju: e sabes o final?
meju: cando te entas a escribir?
reimondez: o importante é a viaxe, non o destino, haha
meju: estou de acordo
reimondez: pois o de sentarme a escribir é bastante complicado
reimondez: porque coa miña vida medio nómade...
reimondez: escribo en fases
reimondez: penso moito sobre o que quero escribir, moitísimo
meju: por iso sempre vas con libretas...
reimondez: cando viaxo en todo tipo de medios de transporte
reimondez: (ben, en mula chégame con non caer...)
reimondez: si, primeiro escribo en cadernos
meju: jjajjaja
marcos: jajaj
reimondez: esa é a primeira fase
reimondez: adoro os cadernos
Eva: Ola, Elvi!!
reimondez: benvida, elvi
Elvi: Sinto chegar tarde
Eva: que ben que puideses estar aquí hoxe!!
Eva: cóntovos
Eva: Elvi forma parte do club de lectura de Xeve
Elvi: Xa pensei que non chegaba a tempo
Eva: chegas, chegas...
Eva: algunha pregunta que lle queiras lanzar a María?
reimondez: anímate!
Elvi: Pois non sei.. se está a traballar nalgo novo
Eva: queremos máis, e máis...
reimondez: haha
reimondez: estou traballando nalgo novo que non podo desvelar
Eva: María, en que xénero te sintes máis cómoda? Poesía ou narrativa?
reimondez: gústame escribir as dúas cousas aínda que penso que se me dá mellor a narrativa
meju: a poesia e mais espontanea, non?
reimondez: eu diría fragmentaria
Elvi: publicaches algo de poesía?
reimondez: pero iso tamén me permite escribir bastante cando ando dun lado para outro
reimondez: si, o meu libro favorito, creo, "moda galega"
reimondez: paseino moi ben escribíndoo, e foi o meu primeiro libro publicado
reimondez: paseino aínda mellor cando saíu e a xente o empezou a ler
meju: esta en Editorial Positivas
meju: para quen o queira ver
reimondez: normalmente escribo "proxectos" poéticos máis ca libros
meju: como e iso?
reimondez: e este era un percorrido polas rúas de vigo
reimondez: un percorrido polas tendas de roupa de vigo, para investigar, unha vez máis, o corpo, a moda e o que fai coas mulleres, a imaxe, o consumismo...
reimondez: como coas novelas, traballo cunha pregunta, ou cun tema
Elvi: o club da calceta tamén estaba ambientado en Vigo, así que supoño que vives aí reimondez: boa dedución!
reimondez: pero debo dicir que SON DE LUGO!
Elvi: así me gusta reivindincando as raíces
marcos: que significan para ti os lectores e lectoras das túas obras? e como te sintes se é que sintes algo cando te das conta de que al´uén non entendeu o que querías transmitir coa coa obra?
reimondez: para min as lectoras e lectores son unha fonte de curiosidade, ideas e interese permanente
reimondez: eu creo que os libros son abertos, cada quen os le e interpreta como quere
reimondez: é un proceso abraiante, escribir algo e ver como cobra vida noutras persoas
reimondez: como significa cousas diferentes para cada quen
reimondez: xa digo que eu teño pouco afán posesivo e que me gusta precisamente iso da literatura
marcos: pero supoño que a intencionalidade é clara nuha obra
reimondez: a relación coas persoas que len é do máis gratificante de escribri
reimondez: a miña lectura é unha das moitas
Eva: e que importancia lle concedes á crítica?
reimondez: a crítica é diferente
Elvi: como se ten portado contigo?
reimondez: o problema da crítica é que tende a ser unha voz elitista, masculina e patriarcal
reimondez: a crítica ten o papel de dar visibilidade aos libros
reimondez: pero hai xente que pensa que a súa función é denigrar ou sentar cátedra
reimondez: non me gusta esa actitude
reimondez: e moito menos os estereotipos que crean arredor das escritoras e as nosas obras os medios
Eva: dou por suposto que non pensas nela cando escribes...
reimondez: en absoluto
reimondez: neste momento cando escribo a obra misteriosa só penso nas miñas tres lectoras estupendas
Elvi: Tamén e certo que poucas veces se poñen dacordo a crítica e o público, penso eu
reimondez: eu non podo dicir que me tratase mal a crítica, en absoluto
reimondez: non no sentido de escribir que o libro é unha merda (con perdón)
reimondez: pero creo que hai unhas expectativas
reimondez: e sobre todo uns estereotipos
reimondez: como se o que escribisemos fose "literatura menor"
reimondez: porque a protagonizan mulleres, fala da calceta, ou de ter a regra
reimondez: mentres que o que escriben os homes ten que interesar a todo o mundo
reimondez: a min sempre que me preguntan (e é recorrente) se escribo "para mulleres"
reimondez: contesto que lle pregunten a manolo rivas se escribe para homes
meju: jajajja
reimondez: porque todos os seus personaxes adoitan ser masculinos (os principais)
reimondez: cando el conteste, contesto eu tamén
reimondez: haha
Elvi: pero hai homes que escriben de e para mulleres, ou non?
reimondez: non teño nin idea
meju: Jorge Bucay
reimondez: eu non escribo especialmente para mulleres nin para homes
marcos: Cal é a razón de que non haxa ningún lector na nova obra misteriosa, si é que hai razóns...
reimondez: a min estes fanme desconfiar
meju: hai homes q escriben cousas de autoaxuda para mulleres
reimondez: porque as mulleres tamén somos un "mercado"
reimondez: entón hai que escribir para nós
reimondez: e para non variar, falan eles de todo e nós escoitamos
reimondez: eu prefiro falar tamén
reimondez: na obra misteriosa non hai ningún lector porque as persoas nas que máis confío son tres mulleres
reimondez: as tres teñen un sentido literario demostrado
reimondez: agudo e estupendo
reimondez: fíome da súa capacidade crítica
meju: ao respecto do que dicias de mercado
reimondez: e ademais pásoo moi ben con elas, que se lle vai facer
reimondez: :-)
marcos: boa resposta
meju: nos indices de lectura sempre saen mais alto os niveis de lectoras q de lectores
reimondez: home, non todo na vida vai ser sufrir, haha
meju: e iso marca unha tendencia editorial
reimondez: ben, en teoría
Eva: nos clubs vémolo claramente
reimondez: porque en galicia acaba de saír unha análise (en festa da palabra silenciada)
Eva: están integrados na súa maioría, os presenciais, por mulleres
reimondez: sobre o número de libros publicados en galego por mulleres e en narrativa en 2005 ou 6, non recordo eran como...
reimondez: CINCO
meju: q dis?
meju: so?
reimondez: no resto, quitando a infantil e xuvenil, a cousa melloraba pouco
Eva: cinco?
reimondez: mirade os andeis das librerías en galego e xa me contaredes
reimondez: na colección na que eu publico ao longo do tempo case me sobran os dedos das mans para contar as mulleres que publicaron
meju: un exemplo foi a biblioteca de la voz de galicia
reimondez: (que publicamos)
meju: esa de autores galegos
Elvi: con eses datos pensaríase que a venta de libros en galega non é moi boa
reimondez: os datos son de publicacións, non de vendas
meju: si, publicase moito, vendese menos...
meju: e lese menos inda
reimondez: os homes publican moito, haha
Elvi: e as publicacións de homes?
Eva: intentamos mellorar iso un pouco...!!!
reimondez: en galicia publícanse máis de mil títulos ao ano, non si, meju?
meju: certo
Elvi: e proporción entón non é moi boa
meju: cada vez mais e curiosamente cada vez se le menos
meju: e unah das grandes incognitas deste pais
meju: a mais libros, menos lectores
Eva: María, antes de rematar, poderíasnos falar un pouquiño de Implicad@s no desenvolvemento?
reimondez: ese é o meu auténtico proxecto vital
reimondez: que podedes coñecer na nosa páxina e no noso blog
reimondez: www.implicadas.org
Eva: temos tamén un enlace no blog do club
reimondez: www.implicadas.blogspot.com
reimondez: nós tamén temos clubs de lectura, haha
meju: si! solidarios
reimondez: implicadas é un proxecto común ao que todas e todos estades convidadas/os
meju: os que non o coñezan
reimondez: somos unha organización de cooperación ao desenvolvemento
meju: recomendamos velo e creo que tamen nos axuda a entender a tua obra
reimondez: quet traballamos para erradicar a pobreza dende as súas raíces
meju: a tua forma de estar no mundo e de entender a vida e a litertura
reimondez: si
reimondez: aínda que no club da calceta non aparece a india
reimondez: nin etiopía
reimondez: o libro tira moito do meu traballo coas mulleres do sur
meju: pero si o compromiso, a implicacion ante as inxusticias
reimondez: coas que viven na pobreza e coas que traballan nos movimentos sociais
marcos: Para iso hai que ler Usha
reimondez: haha
meju: no club do ano proximo
reimondez: as mulleres do sur ensínanme tantas cousas que non me chegan os libros para botalas fóra
marcos: boa idea
reimondez: haha
reimondez: por certo que vos aviso
reimondez: que acabamos de publicar un libro
meju: cal?
reimondez: de poetas galegas e tamiles (do estado de tamil nadu, no sur da india)
reimondez: chámase Vanakkam-Benvidas
reimondez: e creo que vos dará unha visión moi diferente e directa das mulleres deste país
meju: tomamos nota!
reimondez: ademais de poesía da mellor calidade
reimondez: teremos ás poetas se todo vai ben aquí no mes de novembro
meju: fantastico
marcos: que ben
reimondez: como este ano implicadas fai 10 anos temos un ano cheo de actividades
reimondez: estade atentas ao noso blog!
Eva: María, rematamos xa... Darche as grazas por ter compartido este tempo con nós e tomamos boa nota das túas recomendacións
marcos: Grazas María
reimondez: moitas grazas a vós polo voso tempo e por crear este espazo
reimondez: sen o cal os libros non terían sentido
Elvi: si moitas grazas
meju: a ti por enchelo...
luis1: grazas moitas grazas
reimondez: espero que nos vexamo novamente
marcos: Espero que si
meju: con certeza na estrea da obra de teatro
Elvi: de seguro
reimondez: CLARO!
reimondez: mándovos moitas apertas de calceta
Eva: Graciñas, María
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|