Abril: O sol do veran - Carlos Casares
Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas.
Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na verdade de ser e de sentir.
O bosque dos raposos aforcados
Os imperios de Suecia e Rusia competiron polo dominio de Finlandia desde o século XII ata as súas respectivas desaparicións. Desde o S.XV e durante 400 anos, o territorio de Finlandia permaneceu incorporado ao Reino de Suecia. A partir de 1721 o Reino sueco comeza a debilitarse e no ano 1809 o tsar Alexandro I de Rusia anexiona as terras finesas como gran ducado do Imperio Ruso. Non obstante, durante ese período gozou dun estatuto autónomo dentro do Imperio, coa súa propia constitución, parlamento, aduanas, relixión e exército independente. Durante a Primeira Guerra Mundial, Finlandia mantense á marxe do conflito, pero en decembro de 1917, e aproveitando o estoupido da revolución bolxevique, declara a súa independencia de Rusia. Este feito provocará unha guerra civil que durará ata maio de 1918 e que enfronta aos socialdemócratas e comunistas, apoiados por tropas bolxeviques soviéticas, e ao goberno conservador que contraataca con tropas tsaristas e alemás. A guerra remata coa vitoria destes últimos. Logo o recoñecemento de Finlandia como república independente terá que esperar ata decembro de 1918, que se produce trala derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial e o fracaso, en consecuencia, do experimento dunha Finlandia monárquica sometida á monarquía alemá.
Entre 1918 e 1920, voluntarios fineses levaron a cabo unha serie de incursións en territorio ruso, coñecidas como Heimosodat, cuxo obxectivo era a creación da Gran Finlandia. Eventualmente, asinouse o Tratado de Tartu con Rusia o 14 de outubro de 1920, onde se definiron as fronteiras ruso-finesas. Finlandia desocupou algunhas rexións na Carelia ocupadas polos voluntarios, a cambio recibiu unha saída ao océano Ártico a través de Petsamo.
A fronteira de 1920 sufriría grandes modificacións logo da Segunda Guerra Mundial. Logo de sufrir un errado intento de invasión soviética entre 1939 e 1940 (Guerra de Inverno), Finlandia perdeu acceso ao Lago Ládoga. En 1941 participou xunto á Alemaña Nazi na invasión da Unión Soviética, especificamente nas rexións de Carelia e ao redor do Ladoga e Leningrado (Guerra de Continuación). Finlandia logrou recuperar os territorios perdidos en 1940, pero ao reverterse o curso da guerra en contra de Alemaña, os fineses de novo tiveron que redefinir as súas fronteiras coa Unión Soviética en 1944. No Armisticio de Moscova, Finlandia realizou maiores concesións territoriais, e perdeu a súa saída ao océano Ártico (Petsamo).
Ao acabar a guerra, os soviéticos actuaron con dureza sobre os territorios conquistados. Expulsaron a todos os fineses do istmo de Carelia para substituílos por rusos: Finlandia tivo que acoller a máis de 400.000 refuxiados. Ademais, tivo que pagar cuantiosas reparacións de guerra ata 1952. En 1945-1946 os soviéticos conseguiron que as Nacións Unidas acusasen e condenasen a todos os políticos finlandeses que estaban no poder en xuño de 1941. Dun modo máis xeral, a política exterior de Finlandia estivo sometida a unha vixilancia constante por parte de Moscova: esta situación foi coñecida como “finlandización”, unha tutela que se efectuou sen que se instalase un goberno comunista en Helsinki nin se producise unha adhesión ao Pacto de Varsovia. Tras a morte do ditador soviético Josef Stalin, a presión sobre Finlandia relaxouse aos poucos: os soviéticos evacuaron a base de Porkkala en 1956; autorizouse a Finlandia a adherirse á Asociación Europea de Libre Comercio en 1962. Foi tamén un éxito a liña Paasikivi-Kekkonen, unha sutil dosificación de estrita neutralidade e combinación moi medida que satisfixo ás esixencias soviéticas sen menoscabar a independencia finlandesa, que encarnaron os presidentes Juho Kusti Paasikivi (1946-1956) e logo Urho Kekkonen (1956-1981). Recoñecida como ponte entre o bloque capitalista e o bloque comunista, Finlandia acolleu en 1973 a Conferencia sobre a Seguridade e a Cooperación en Europa, cuxa acta final asinouse o 31 de xullo de 1975. O derrube da Unión Soviética en 1991, puxo fin ao que subsistía da “finlandización”. En febreiro de 1993, Finlandia iniciou negociacións con vistas á súa adhesión á Unión Europea, que se produciu en 1994.
Algunhas críticas, recensións sobre a obra:
- Crítica en Fervenzas Literarias, por Manuel Castiñeiro.
- Recensión por David Amado
Finalmente, un documental sobre Laponia onde se escoita un Joikku (canción tradicional lapona) e onde podedes ver xentes do pobo saami cos seus traxes típicos e as incribles paisaxes desas terras (o documental está en finlandés e un pouquiño en inglés (penso que trata da deforestación), mais para facerse unha idea dos lugares polos que se moven o nosos protagonistas e o tipo de vida que alí se desenvolve está moi ben):
Arto Paasilinna
Arto Paasilinna naceu nun camión, en pleno éxodo da súa familia por mor da guerra. Primeiro fuxiron a Noruega, logo Suecia e finalmente á Laponia finlandesa. Paasilinna, que significa en finlandés “fortaleza de pedra”, é un nome inventado polo seu pai, apelidado orixinariamente Gullstén, para adaptar, como moitos finlandeses, un patronímico de resonancias suecas. “Coñecín catro estados diferentes na miña infancia. A fuxida converteuse nunha constante na miña narrativa, mais hai algo positivo na fuxida se antes houbo combate”
Desde os trece anos exerceu actividades diversas, entre as cales obreiro agrícola e leñador. Con vinte anos decidiu retomar os seus estudos para converterse en xornalista e asistiu á Escola Superior de Educación Popular de Laponia (1962-1963). Logo entrou como xornalista-becario no diario rexional Lapin Kansa (O pobo lapón). Falando desta etapa da súa vida, Paasilinna dixo: “Era un rapaz do monte que traballaba a terra, pescaba, cazaba, toda esa cultura que se atopa nos meus libros. Exercín como leñador nas ribeiras do norte, unha especie de aristocracia dos sen teito, pasei dun traballo físico ao de xornalista, fun do monte cara a vila. Como xornalista escribín moitos artigos serios. Foron un bo exercicio para escribir cousas máis interesantes.”
Colabora desde 1963 en diversos xornais e revistas literarias. Na actualidade está dedicado fundamentalmente á súa obra literaria. Vive en Espoo, preto de Helsinki.
A obra literaria de Arto Paasilinna está composta por numerosas novelas (trinta e catro no 2009) e moitas delas, como avanzabamos ao comezo, traducidas a máis de 20 linguas. As súas obras caracterízanse por un sentido do humor e da narración raras: están cheas dun bo humor e dunha xovialidade inhabitual na literatura contemporánea, dun humor agridoce e burlesco. Os personaxes singulares que viven nas diferentes rexións de Finlandia son a marca de identidade dos seus escritos. A natureza mesma é un personaxe e por iso as súas obras adoitan ser cualificadas de “novelas de humor ecolóxico”.
O primeiro período da súa produción caracterízase polo seu humor acedo: Prisioneiros do paraíso, A lebre de Vatanen, Un home feliz, O muiñeiro ouveador, O bosque dos raposos aforcados… De entre elas a máis coñecida é A lebre de Vatanen, de 1975, que foi levada ao cinema polo director Risto Jarva en 1977 e por Marc Riviere en 2006. O segundo período e máis de xénero “picaresco”, Pequeno suicidio entre amigos, Fillos do deus da tormenta e A Besta Servidora do pastor Huuskonnen.
Cando se lle pregunta polo futuro da súa carreira, Paasilinna responde: “Os finlandeses non son peores que o resto, mais si o suficientemente malos para que eu teña sobre o que escribir ata a fin dos meus días”.
Marzo: O bosque dos raposos aforcados - Arto Paasilinna
Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos aforcados é o primeiro libro que se verte do finlandés ao galego. [Presentación editorial]
Poderedes pasar a recoller o voso exemplar a partir do 1 de marzo e teredelo con vos ata o 3 de abril.
Non me deixes nunca
Déixovos aquí os enlaces a unha serie de críticas sobre a novela de Ishiguro que, non obstante, recomendo ler despois de ter rematada a obra posto que se fan revelacións argumentais que poden estragar a intriga e incluso condicionar o debate:
Para saber un pouquiño máis sobre o tema que aborda a novela, desde un punto de vista científico, quizais conveña botarlle unha ollada a este programa de REDES,  de TVE e conducido polo divulgador científico Eduard Punset, onde aparecen aclarados algúns conceptos e explicadas algunhas cuestións  que axudan a entender o alcance real das investigacións nese eido:
REDES: CLONAR… PARA QUE?
<embed src="http://www.guba.com/f/root.swf?video_url=http://free.guba.com/uploaditem/3000114178/addvideo.flv&isEmbeddedPlayer=true" quality="best" bgcolor="#FFFFFF" menu="true" width="375px" height="360px" name="root" id="root" align="middle" scaleMode="noScale" allowScriptAccess="always" allowFullScreen="true" type="application/x-shockwave-flash" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer"></embed>
E finalmente e como complemento para despois da lectura, comentarvos que existe unha película, A illa, que fai unha proposta, salvando as distancias, parecida á de Ishiguro. O filme foi dirixido por Michael Bay e está protagonizado por Ewan Mc Gregor e Scarlett Johanson. Estreouse no 2005, xustamente o mesmo ano no que Ishiguro publica a súa novela.
Trailer do filme:
<embed src="http://www.metacafe.com/fplayer/2847337/montaje_de_video_la_isla.swf" width="400" height="345" wmode="transparent" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" type="application/x-shockwave-flash" allowFullScreen="true" allowScriptAccess="always" name="Metacafe_2847337"> </embed>
- Click here for the funniest movie of the week
Sinopse
Lincoln Eco-Seis (Ewan McGregor) e Jordan Delta-Dous (Scarlett Johansson) atópanse entre os centos de residentes dun complexo pechado a mediados do século XXI. Do mesmo xeito que todos os habitantes desta contorna coidadosamente controlada, todo nas súas vidas cotiás está sometido a vixianza, aparentemente polo seu propio ben. A única saída , e a esperanza que todos comparten, é ser elixido para ir a "A illa", o último recuncho sen contaminar do mundo tras un desastre ecolóxico que, segundo din, cobrouse a vida de todos os habitantes do planeta, excepto a deles. Lincoln, que ultimamente ten pesadelos inexplicables, está inquedo e cuéstionase cada vez máis as restricións que lle impuxeron á súa vida. Pero a verdade impónselle con crueldade cando descobre que todo sobre a súa existencia é mentira, que a illa é un engano, e que el, Jordan, e todos aos que coñecen son máis valiosos mortos que vivos. Sen tempo que perder, Lincoln e Jordan emprenden unha arriscada fuxida a un mundo exterior que nunca coñeceron e no que teñen unha misión primordial: vivir.