| Club de Lectura Virtual da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal |
|
Benvid@s ao noso Club de Lectura Virtual!
Este Club de Lectura diríxese a todas as persoas interesadas en compartir a lectura e o comentario de obras diversas a través de Internet. Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blog, e a través do chat cando sexa posible.
|
|

|
| Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A elegancia do ourizo - Muriel Barbery |
|
 A elegancia do ourizo conta a historia da porteira dun edificio da burguesía parisina e dunha rapaza de doce anos que teñen en común a súa vida solitaria, os esforzos por vencer a desesperanza e as súas cualidades pouco comúns descoñecidas polos ricos vaidosos que moran na súa veciñanza.
Renée, a porteira do número 7 da rúa Grenelle, leva moito tempo finxindo ser unha muller corrente. É viúva, cativa e laida. E ninguén sospeita da súa extraordinaria cultura. Paloma ten doce anos e tamén oculta unha gran intelixencia. Négase a ter como destino a vacuidade e inepcia da existencia adulta. Canto faga trece anos ten pensado suicidarse. Ambas levan unha vida solitaria deica a chegada ao edificio dun home misterioso que propiciará o encontro. Xuntas irán amosándonos cun sorriso como é posible acadar unha felicidade cimentada na amizade, o amor e a arte.
«Un conto moderno, refrescante e intelixente», Le Figaro; «A nostalxia atemporal de Marcel Proust e o frescor de Philippe Delerm… Divertida, intelixente… aérea coma un haiku», L’Express; “Dicir que Muriel Barbery ten talento é quedarse curto… Ten un humor devastador», Le Nouvel Observateur.
Podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir de mañá, día 1 de Decembro. Terédelo con vós ata o día 2 de Xaneiro.
BOA LECTURA!!! |
|
|
|
|
| 24 Comentario(s) |
|
| 1 |
Ola: estou empezando co libro, estame gustando.
Chamoume a atención o crítica que é Paloma coa vida adulta, ubicándonos nunha peixeira, ten bastante razón.#blgtk08#
Paloma parece que coincide coa escritora no gusto pola cultura japonesa. A escritora debeulle dar forte para chegar a irse.
saúdos
|
|
|
Comentario por anxo (04-12-2009 12:59) |
|
|
| 2 |
Tamen me gustou moito o símil dos peixes, Anxo.
A elegancia do ourizo foi un dos libros que máis me gustou dos que lin o ano pasado, e alégrome moito de que sexa proposta de lectura para o club virtual. Pareceume todo un homenaxe á bele#blgtk08#za e ás artes. Ten moito que comentar.
Vou lanzar unha pregunta, ¿ qué opinades do amor propio de Renee?
¿ está orgullosa de sí mesma , ou é todo o contrario ?
Disfrutádeme da lectura. Apertas! Laura
|
|
|
Comentario por Laura (04-12-2009 14:12) |
|
|
| 3 |
Antes esquecinme de comentar que teño curiosidade por saber a que ven a conto o título do #blgtk08#libro, "A elegancia do ourizo", me imaxino que cando se avance máis coa lectura se saberá. |
|
|
Comentario por anxo (04-12-2009 16:51) |
|
|
| 4 |
Ola, como estades? Que tal de ponte?
Ben, non sei cómo ides coa lectura nin en que punto andades, mais penso que xa se pode comezar a facer algún comentario sobre as protagonistas, non si?
Temos dúas narradoras diferentes: Renée e a nena. Renée é unha muller que parece conforme co seu modo de vida e que ten moitísimo interese en non revelar quen é en realidade. A portería permítelle levar a súa vida como ela quere. ¿Amor propio, Laura? Non sei se é unha cuestión de amor propio. Sabe perfectamente quen é e o que quere: prefire vivir no anonimato e facerse pasar por parva por unha cuestión de comodidade. É unha muller que ten moi pouca confianza no xénero humano e menos aínda na clase burguesa. En canto á pregunta de se está ou #blgtk08#non orgullosa de si mesma, creo que está conforme coa súa vida, sen máis. Non precisa outra cousa e si está orgullosa de ter acadado o seu obxectivo fundamental: pasar desapercibida e levar a súa vida como ela quere.
En canto á nena, gustaríame que désedes algunha opinión sobre ela antes de facer eu algún comentario. Que lle acontece a este personaxe? Atopades similitudes entre a nena e Renée?
Anxo, o título aclárase máis adiante na novela, mais imaxino que algunha idea teredes, non? Que vos suxire? Podemos pensar que a elegancia dun ourizo ten que ser unha elegancia moi particular. Non é un animal normalmente asociado a ese termo, non? Veña, que propostas facedes de interpretación?
Apertas,
Eva |
|
|
Comentario por Evacoord. (09-12-2009 09:53) |
|
|
| 5 |
Ola: na lectura estou chegando ao apartado "Da gramática".
Da interpretación do título se me ocurre algo relacionado coas pugas do ourizo para defenderse, defensa sen ataque, e o relacionaría coas 2 protagonistas, pero non sei.
Do libro chámame a atención un feito que se repitiu en varios libros lidos ultimamente (La soledad de los números primos, Arthur e George), me refiro a libros que tratan de 2 persoaxes que poderían ser independentes, poderían facerse 2 libros con eles, pero que despois se acaban relacionando, de entrada a idea non me gusta, pero en cambio os libros lidos que comentei gustaronme bastante. Por momentos me gusta máis unha das historias e me dan ganas de saltarme a outra, pero ao final sigo a orde do libro.
Do comentado por Eva de Renee resúltame curioso o de non manifestar quen é na realidade#blgtk08#, e o motivo penso que é o de que esa xente non merece que se lle informe deso e así vive máis tranquila, bastante soa, sen ter que dar explicacións.
De Paloma non parecen moi cribles certos comentarios para a idade que ten, pero hai que pensar que é unha nena especial, vese coas ideas moi claras e tamén bastante soa, non fala nada de amigas/os da súa idade. chamoume a atención a "análise" do que fai a súa familia ao erguerse e cargarse as pilas para empezalo día, misturando lecturas con almorzo, e me fixo prantexarme que aparte de tomarme ao erguerme o pan con manteiga e marmelada ou crema de sésamo terei que buscarme algunha lectura para cargalas pilas e que aguante o resto do día, na ponte acompañeino coa elegancia do ourizo, pero hoxe ao traballar so tomei o alimento nutritivo, non tomei o alimento literario.
Saúdos |
|
|
Comentario por anxo (09-12-2009 13:08) |
|
|
| 6 |
Ola a todos !
Qué vaaaaaaaaaaa, Eva! Renee non sabe perfectamemente o que quere!
Pásase medio libro despotricando , oculta tras esas púas de ironía, e pretende convencerse (e convencernos ) de que está contenta así. JA ! Tan sólo son púas que agochan un corpiño morno e bl#blgtk08#ando...
E en canto asoma un raio de entusiasmo pola fiestra esfúmase toda a ironía e o mal humor , a Renee renace: e se cadra baila a jota nun pé. Vamos , que donde dixen digo...
En canto á nena...Anxo, non hai dúbida de que é doutro planeta.
|
|
|
Comentario por Laura (09-12-2009 18:12) |
|
|
| 7 |
Ola: cheguei a onde se menciona a elegancia do ourizo, non sei se máis adiante volverá o tema, pero polo de agora non andaba mal encaminado coa miña interpretación.
De Renee sorprendeume co que dixo de que vivía unha situación de clandestinida#blgtk08#de, non agardaba eso.
Cando lin o xogo do Go, dubidei se existiría realmente ou sería unha invención de Barbery, pero mirei nas notas de Eva sobre o libro e na Wikipedia e xa vin que era real, ten moi boa pinta, é raro que non se coñeza máis. |
|
|
Comentario por anxo (11-12-2009 10:39) |
|
|
| 8 |
Pois creo que este fin de semana estrease en España a película baseada neste libro (menciona Eva a película e colgou un trailer). Non a verei polo de agora, prefiro primeiro rematar co libro.
Vexo práctico o#blgtk08# tamaño reducidos dos capítulos pois así ao longo do día cando hai pequenos momentos sen nada que facer ou para determinadas situacións, como por exemplo ir ao baño, da tempo a poñerse co libro e ler algún capítulo. |
|
|
Comentario por anxo (12-12-2009 11:00) |
|
|
| 9 |
Ola poño 2 enlaces de referencias musicais que veñen no libro:
- Confutatis de Mozart (cisterna)
http://www.goear.com/listen/fc8b41e/Requiem-Confutatis-Maledictis-Flamis-Acribus-Addictis-mozart
- Ópera Dido e Eneas
http://www.goear.com/listen/1c491ad/Dido-y-Eneas-henry-purcell
E comentarvos que estou disf#blgtk08#rutando da lectura, tenme enganchado, éstou rematando co libro e me da pena que remate, fácía tempo que non lía un libro de tantas páxinas tan rápido.
En xeral gustoume todo o libro, pero dos minicapítulos o que máis me gustou foi o de "Irmás" e as partes que menos me gustaron foron cando se falou da tesina de Colombe.
Saúdos |
|
|
Comentario por anxo (15-12-2009 12:06) |
|
|
| 10 |
Ola, ola!!!
Ben, ben... vexo que tedes xa adiantada a lectura!
Anxo, a película está a recibir moi boas críticas. Hai xente do club presencial que a foi ver e que quedou encantada, logo como complemento pode estar ben (sempre e cando non sexades dos que detestades as adapatcións cinematográficas por cambiarvos todo canto tiñades imaxinado... ;)))
A escena á que fas referencia co "confutatis" está narrada con moitísimo humor: unha imaxina perfectamente ese "inmaculado e sereno lugar" trastocado de súpeto polo estrondo do confutatis... De ter o "sitio" ventá, eu sería candidata ao defenestramento... co susto!
En canto á nena, é certo que ten un discurso completamente adulto e dun existencialismo clarividente que custa asimilar como o dunha nena de 12 anos... licencia literaria? Xustificado pola súa intelexencia? A vó#blgtk08#s de xulgar. Eu atopo moitas similitudes entre o discurso de Renée e o discurso da nena, sobre todo nas digresións que fai Renée ás veces. Tivo algún/algunha de vós a sensación de que tras do discurso dunha e outra colábase ás veces a voz da propia autora?
Anxo, alédame ver que che está a gustar o libro.
Unha das preguntas que eu me fixen mentres o estaba a ler foi a de por que lle daba a autora tanta importancia á cultura xaponesa(que, por outra banda, atópase totalmente idealizada). Ben, o caso é que a resposta penso que nola foi filtrando pouco a pouco,a medida que iamos avanzando na lectura, ata que nos decatamos de que un aspecto concreto desa cultura constitúe un dos temas fundamentais na novela, ao meu modo de ver, claro. Algunha suxerencia antes de que vos dea a miña opinión?
Apertas,
Eva
|
|
|
Comentario por Evacoord. (17-12-2009 13:58) |
|
|
| 11 |
Interesantísimas as vosas aportacións.
Ante o que avanza Eva , ¿ por qué tanta elevacion da cultura xaponesa... ? eu vou a aportar a miña idea. ( Creo que agora Barbery vive en Tokio)
Pasa polo que na miña opinión é o nexo común de Paloma e Renee: e é que ambas son persoas especiais, sobre todo pola súa capacidade para apreciar a esencia dos pequenos detalles da vida. (aspecto moi presente na cultura nipona, e moi pouco habitual na nosa occidental) .
En cambio, hai un aspecto que diferencia moito a Renee e a Paloma, e son as suas circunstancias:
Paloma nace nunha familia burguesa , ten de todo, e rexeitaa dende dentro. (aínda así, decatámonos pronto que a nena se está a tirar un farol cando fala de suicidio).
Renee non tivo a sorte de acceder a unha vida burguesa e rexéitaa dende fora coa sua especial ironía, sobre todo porque cre que os burgueses non son capaces de apreciar o que teñen , cand#blgtk08#o ela sí o faría ( pensa que Deus lle deu pan a quen non ten dentes).
Eu penso que o de Renee non é máis que frustración. Non creo que odie de verdade á burguesía , senón que lle molesta non poder chegar a ter unha vida de esas: unha casa grande con cadros fermosos, e tempo dabondo para disfrutar das artes. Penso que ela sinte que poderia disfrutar de algo así máis que os demais. Non se decata de que non toda a burguesía está cortada polo mesmo patron ata que non coñece a Paloma, e ao xapones( quen ,por certo: máis burgués, imposible)
Anxo, tamén me alegra moito que disfrutes da lectura !
Un dos meus capítulos preferidos, e "da gramática" . Tamén me gustou moito cando Paloma describe o coro do colexio.
O que menos me gustou : o tema da irmá de Renee, e como chegou o xapones a saber algo deso ?¿ ( nunca me quedou claro )
Este nadal irei a ver a película .
Saludos !
|
|
|
Comentario por Laura (17-12-2009 15:18) |
|
|
| 12 |
Interesantísimas as vosas aportacións.
Ante o que avanza Eva , ¿ por qué tanta elevacion da cultura xaponesa... ? eu vou a aportar a miña idea. ( Creo que agora Barbery vive en Tokio)
Pasa polo que na miña opinión é o nexo común de Paloma e Renee: e é que ambas son persoas especiais, sobre todo pola súa capacidade para apreciar a esencia dos pequenos detalles da vida. (aspecto moi presente na cultura nipona, e moi pouco habitual na nosa occidental) .
En cambio, hai un aspecto que diferencia moito a Renee e a Paloma, e son as suas circunstancias:
Paloma nace nunha familia burguesa , ten de todo, e rexeitaa dende dentro. (aínda así, decatámonos pronto que a nena se está a tirar un farol cando fala de suicidio).
Renee non tivo a sorte de acceder a unha vida burguesa e rexéitaa dende fora coa sua especial ironía, sobre todo porque cre que os burgueses non son capaces de apreciar o que teñen , cand#blgtk08#o ela sí o faría ( pensa que Deus lle deu pan a quen non ten dentes).
Eu penso que o de Renee non é máis que frustración. Non creo que odie de verdade á burguesía , senón que lle molesta non poder chegar a ter unha vida de esas: unha casa grande con cadros fermosos, e tempo dabondo para disfrutar das artes. Penso que ela sinte que poderia disfrutar de algo así máis que os demais. Non se decata de que non toda a burguesía está cortada polo mesmo patron ata que non coñece a Paloma, e ao xapones( quen ,por certo: máis burgués, imposible)
Anxo, tamén me alegra moito que disfrutes da lectura !
Un dos meus capítulos preferidos, e "da gramática" . Tamén me gustou moito cando Paloma describe o coro do colexio.
O que menos me gustou : o tema da irmá de Renee, e como chegou o xapones a saber algo deso ?¿ ( nunca me quedou claro )
Este nadal irei a ver a película .
Saludos !
|
|
|
Comentario por Laura (17-12-2009 15:34) |
|
|
| 13 |
Bo día!!!
Laura, comparto contigo a apreciación sobre a importancia da cultura nipona: valorar a importancia dos pequenos detalles na vida; todos eses aspectos que tan a cotío esquecemos na procura de grandes/pequenas metas, no#blgtk08#n si?
En canto á peli, xa comentaredes se vos gustou ou non, se considerades que se trata dunha boa adaptación...
Deséxovos unhas moi boas festas e un feliz ano 2010!!!
Apertas,
Eva |
|
|
Comentario por Evacoord. (22-12-2009 09:54) |
|
|
| 14 |
Ola: (se anda alguen que non chegou ao final e para non perder a intriga deberá esperar a ler o que digo nesta mensaxe) da pregunta que fixo Laura ao principio sobre Renee "¿ está orgullosa de sí mesma , ou é todo o contrario ?"
eu entendo que se da unha situación contradictoria, por un lado está orgullosa de si mesma, pero o feito de non querer mostrarse como é denota cicais falta de seguridade en si mesma, así que respondo que máis ben non está orgullosa de si mesma. E entendo que o motivo de estar na "clandestinidade" é polo que lle aconteceu á súa irmá.
Do final sorprendeume a morte de Renee, non contaba con elo, e esa morte o relacionei coa teoría dalgunha cultura oriental de que ese tipo de acontecementos veñen provocados por nos mesmos #blgtk08#de xeito incosciente.
Por outro lado coincido con Laura de que o planeamento do suicidio de Paloma víase como que non iba moi en serio e resulta curioso como a nena ante a morte de Renee co seu sufrimento recoñece que agora empeza a vivir.
Poño un enlace de Gymnopedies de Erik Satie, igual foi o que sonou no enterro de Renee
http://www.goear.com/listen/a08e267/gymnopedies-erik-satie
(para escoitalo hai que copiar e pegar no navegador de internet).
A autora non vive en Tokio (como cree Laura) senón en Kioto (non andaba moi lonxe) ;-) (ou eso creo eu).
Do nadal ocúrreseme unha cita de Charles Dickens "Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservala durante todo o año".
|
|
|
Comentario por anxo (22-12-2009 12:42) |
|
|
| 15 |
Feliz Navidad a todos y un maravilloso 2010!
Empecé a leer tarde el libro pero me está#blgtk08# encantando, en cuanto avance un poco vuelvo por aquí.
Saludos y felicidad para todos! |
|
|
Comentario por carol (24-12-2009 11:07) |
|
|
| 16 |
Moi boas a todos,
Rematei o libro e me encantou. Gústame moito o cambio dun personaxe a outro, pareceume unha combinación moi linda o relato desta muller e desta rapaza. Eu comparto tamén certa sospeita cara á os pensamentos de Paloma, pero penso que o final esta moi ben.
A cultura xaponesa paréceme moi contraditoria, paréceme case enfermiza (con tódolos respectos a toda persoa xaponesa que poida ler isto) a mestura tan radical entre un capitalismo feroz e unha morriña ao tradicional . Gústanme moitos intereses de Renee, pero non tanto os que ten Paloma. O Manga, por exemplo, paréceme un xénero de banda deseñada pouc#blgtk08#o interesante e destinado a explotación dos autores de dos lectores. Se cadra Tanuguchi é a excepción á regra. Teño entendido que é un autor costumista moi bo. Na cidade onde vivo, e na biblioteca da que son usuario, leron “Barrio afastado”. Non sei se o noso club vai ter algunha sorpresa deste tipo...
;-)
Eu tiña admiración por Renee, pola súa actitude, pola súa fortaleza diante a soidade.... pero resultou que non era exactamente deste xeito! Pero non quero falar mais se estades algúns a piques de rematar a lectura.
Saúdos compañeiros/as lectores/as e como din nesta banda do mediterráneo; Bon Nadal!
:-) |
|
|
Comentario por Daniel (24-12-2009 20:00) |
|
|
| 17 |
Alégrome moito de que vos gustara tanto o libro, a min encantoume cando o lin.
Anxo: graciñas pola matización, (efectivamente reside en Kyoto e non en Tokio) e polo enlace a Satie.
Daniel: coincido en boa medida có que dis, do manga, dos intereses artísticos, incluso no tocante a Renee. Teño curiosidade con saber a qué te refires exactamente con que Renee non era como creías. Creo entenderte, e penso algo parecido, pero eu non sei moi#blgtk08# ben cómo expresalo .
En realidade,aínda que os dous personaxes me encantaron , igual vexo un pouco incongruente que estas mulleres, que son tan intelixentes, desprecien tanto aos demais por non seren como elas. Non está ben criticar aos outros por non seren como un é , nin por bobos, nin por guapos, nin por superficiais, nin por ricos.
Carol : estamoste agardando
E a todos : vos desexo un bó (e moi lector) ano 2010. |
|
|
Comentario por Laura (29-12-2009 18:08) |
|
|
| 18 |
Alégrome moito de que vos gustara tanto o libro, a min encantoume cando o lin.
Anxo: graciñas pola matización, (efectivamente reside en Kyoto e non en Tokio) e polo enlace a Satie.
Daniel: coincido en boa medida có que dis, do manga, dos intereses artísticos, incluso no tocante a Renee. Teño curiosidade con saber a qué te refires exactamente con que Renee non era como creías. Creo entenderte, e penso algo parecido, pero eu non sei moi#blgtk08# ben cómo expresalo .
En realidade,aínda que os dous personaxes me encantaron , igual vexo un pouco incongruente que estas mulleres, que son tan intelixentes, desprecien tanto aos demais por non seren como elas. Non está ben criticar aos outros por non seren como un é , nin por bobos, nin por guapos, nin por superficiais, nin por ricos.
Carol : estamoste agardando
E a todos : vos desexo un bó (e moi lector) ano 2010. |
|
|
Comentario por Laura (29-12-2009 18:08) |
|
|
| 19 |
Eu tiña case admiración por Renne pola fortaleza que viña no xeito de vivir a soledade. Descubrir a verdade non me decepcionou, pero me fixo ver porqué Renee tiña esa inxustificada prudencia coa petición do señor Ozu.
Teño pouco #blgtk08#curiosidade por vir a adaptación en película. Tiven algunha oferta, pero cada vez mais cústame ir ao cine a vir unha película baseada nunha novela. Sempre saio un pouco cabreado, nunca me gustan o suficiente...
;-)
Saúdos |
|
|
Comentario por Daniel (29-12-2009 19:25) |
|
|
| 20 |
Segundo o que dis Daniel, estou dacordo en que hai prudencia, pero non vexo tan claro que se acabe xustificando ao longo da novela.
A pregunta vai para todos:
¿ Por que Renee ten esa prudencia?
e aparte:
¿credes que é realmente tan forte como quere aparentar ?
¿A quén lle está a escribir o seu diario ?
¿ non vos parece que Renee en realidade non estaba tan soa como decí#blgtk08#a ?
( na súa morte,cóntase que moita xente a quería... máis parece que ela non se decataba deso antes de coñecer ao xapones)
Por outra banda, pásame o mesmo coas películas, a meirande parte das veces me decepcionan.
De todas maneiras é dificil reprimir a curiosidade de ver cómo outros interpretan, ben ou mal, unha historia que ti coñeces.
Sauuuudos
|
|
|
Comentario por Laura (30-12-2009 14:03) |
|
|
| 21 |
Tes razón Laura.
Non me explico ben falando de prudencia inxustificada. Tiña que dicir tal vez que Renee se fai un escudo máis grande do necesario, pensando na experiencia que tivo a súa irmá, pon distancia na súa relación cos “ricos”, o que transforma esa prudencia en medo.
Penso que a súa fortaleza non é aparencia senón “auténtica”. Pasa, claro está, que ninguén é infalible e que sempre imos atopar un punto débil en nos mesmos. Esta é a miña interpretación da lectura.
#blgtk08#
Renee non esta tan soa como pensa... ou si. Nós sabemos que non está soa e que os sentimentos do señor Ozú son sinceros, pero se Renee non o ve deste xeito, entón “si” está tan soa como cre.
Buff, non sei se dexei as cousas mais claras... Isto de falar en non dicir moito ten nome, verdade?
;-)
Ah! totalmente de acordo coa curiosidade de ver a adaptación a unha historia que coñecemos. Por certo, perdoa a miña tardanza na resposta ao teu comentario.
Saúdos a todos |
|
|
Comentario por Daniel (05-01-2010 19:54) |
|
|
| 22 |
Ola a todos e feliz ano!
Rematei o libro ainda onte e estou emocionada. Encantoume! sentín moitas cousas ao lelo e iso é moi interesante nun libro. As veces o ton filosófico#blgtk08# fíxose moi denso e o final moi abrupto, como a morte na Vida real! xenial e aconsellable! lémonos pronto! boa lectura! A ver se podo ver a película hoxe á tarde nos Valle Inclán! |
|
|
Comentario por carol (12-01-2010 14:12) |
|
|
| 23 |
Ola Carol!
feliz ano a ti tamén. Alégrome de que che gustase o libro, a verdade e que a mi tamén me encantou. Desde este mes pasei a coordinar o club no lugar de Eva. Xa podes#blgtk08# recoller pasar a recoller o novo libro, Narcos, que espero que che guste tanto como este.
Agardo os teus comentarios, xa verás que da para moito.
Saúdos e ata pronto! |
|
|
Comentario por PatriciaCoord (12-01-2010 18:48) |
|
|
| 24 |
Ola tod@s
Outra vez que chego tarde ao faladoiro! Esta vez teño un argumento de peso: tiña exames, e último destes foi o pasado dia 26. Vou pola páxina cento coren#blgtk08#ta e pouco, estame a gustar moito. Decidín non ler os vosos comentarios até rematar a lectura. Non tomade isto a mal, por favor.
Saúdos,
Dani |
|
|
Comentario por Dani (30-01-2010 17:06) |
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|
|
|