Club de Lectura Virtual da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Benvid@s ao noso Club de Lectura Virtual!

Este Club de Lectura diríxese a todas as persoas interesadas en compartir a lectura e o comentario de obras diversas a través de Internet. Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blog, e a través do chat cando sexa posible.



Contacto
biblio.publica.santiago@xunta.es
 SECCIÓNS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novembro: Madame Bovary - Gustave Flaubert
A historia dunha muller que rompe coas convencións impostas polo seu mundo e o seu tempo. A crónica minuciosa do seu fracaso e da súa soidade. Unha obra mestra da literatura universal.

Madame Bovary é a novela máis ambiciosa de Flaubert. Protagoniza este cativador relato Emma Bovary, unha fermosa muller de temperamento inquedo e soñador, insatisfeita coa vida de rutina provinciana que lle brinda a súa voda cun médico de carácter bondadoso e espírito prosaico. Atrapada pola saudade dun vivir que concibe como unha perpetua primavera, Madame Bovary vaise adentrar no camiño da transgresión das regras morais da súa época, enfrontándose co desprezo da sociedade e coa súa propia perdición individual.


Podedes pasar a recoller a obra pola biblioteca a partir do día 2 de Novembro. Terédela con vós ata o 1 de Decembro.

BOA LECTURA!!!
Comentarios (32) - Categoría: LIBROS LIDOS - Publicado o 30-10-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
32 Comentario(s)
1 Ola a todos! Son Carol, nova compañeira no club de lect#blgtk08#ura virtual. Lémonos pronto da man de Flaubert. Saúdos
Comentario por carol (30-10-2009 18:04)
2 Benvida, Carol ! Xa estou empezando a repasar a Bovary.

Onte a noite aderecei o inicio d#blgtk08#a lectura coa escoita das polonesas de Chopin e o concerto para piano en sol de Ravel. Unha gozada....
Comentario por (31-10-2009 12:32)
3 Ola, Carol!!!!

Benvida ao Club Virtual. Lémonos axiña! Verás como ist#blgtk08#o anda bastante animado!

Mmmmm... non está nada mal esa amenización!
Comentario por Evacoord. (01-11-2009 20:42)
4 Que vos parece se esta primeira semana imos comentando a primeira parte da novela a medida que vaiades#blgtk08# chegando?

Por certo, os que xa comezastes, quen está a relatar a historia? Quen narra?
Comentario por Evacoord. (01-11-2009 21:04)
5 Acabo de coller o libro, escribi#blgtk08#rei pronto! Que ganas! Saúdos.
Comentario por carol (02-11-2009 19:42)
6 Eva, narrador omnisciente total.

Eu diría que nos está a falar o mesmísimo Flaubert.

#blgtk08#> O que acabo de dicir parece unha parvada: pero me da a sensación de que non é un narrador omnisciente "normal"
Comentario por Laura (02-11-2009 20:11)
7 E si, Laura, é un narrador omnisciente, mais non vos chama a atención que comece deste xeito " Estabamos no estudio cando entrou o director..."? "Estabamos" e non "estaban", comeza cun narrador-testemuña e despois nin rastro desa primeira persoa... desaparece para deixarlle o sitio á terceira persoa omnisciente que vai ir foc#blgtk08#alizando en cada un dos personaxes. Tedes algunha idea de por qué Flaubert fai isto??? Non vos resulta un pouco incoherente narrativamente?

E, Laura, non é ningunha parvada: non podería Flaubert identificarse con ese "Estabamos" e despois abandonalo?

En fin, que é algo que resulta desconcertante.
Comentario por Evacoord. (02-11-2009 21:33)
8 Eu atopei ao respecto unha referencia que me deu a pista para pensar que o que fala é un compañerio de clase de Carlos. É no primeiro capítulo ca#blgtk08#ra a metade que di: "Sería agora imposible para ningún DE NÓS, lembrarnos de ningún detalle del." A ver que sucede nas seguintes páxinas. Saúdos.
Comentario por carol (03-11-2009 12:47)
9 Moi interesantes ambas apreciacións, Eva e Carol.
Para min pasaron inapreciados ao lelos,pero a impresión xeral que me queda, e que Flaubert está dentr#blgtk08#o e fora da obra.
É unha pasada o estilo narrativo, dunha exquisitez fóra do normal. Enfeitízame a forma que ten Flaubert de "autentificar" as cousas.
Comentario por Laura (03-11-2009 13:53)
10 Ola: eu polo de agora so lín o 1º capítulo e tamén me chamou a atención o dito por Carol (Benvida!!!!, por certo), e o que pensei é que tanto no dito por Eva como o de Carol nesos dous momentos se fala en 1ª persoa do plural e se fai referencia á clase, entón en vez dun compañeiro que di Carol, igual son varios compañeiros.
Polo lido ata agora t#blgtk08#amén me chamou a atención que non me da a impresión que esté escrito e que trate do século XIX, pareceme como se estivera contando algo duns 30 anos atras.
Houbo unha persoa que puxo varios comentarios sen poñer o nome (un aqui e outro no libro anerior)-me imaxino que por despiste- pero polo tipo de letra se dintingue quen foi ;-)
Saúdos
Comentario por anxo (03-11-2009 18:06)
11 Pois ante o comentado por Laura escoitei a Chopin e a Ravel, poño estes enlaces por si a alguén máis lle apetece.
2º movimiento del concierto para piano en sol mayor de Ravel: http://www.goear.com/#blgtk08#listen/01f7579/2º-movimiento-del-concierto-para-piano-en-sol-mayor-de-ravel-trío-genus
Polonesa Opus 53 (Heroica): http://www.goear.com/listen/268df25/polonesa-op.-53-(heroica)-chopin
Saúdos
Comentario por anxo (04-11-2009 18:44)
12 Ola de novo, revisei os enlaces e o de Ravel non me vai, no blog meteu uns puntos suspensivos, volvo a poñer
#blgtk08#/> http://www.goear.com/listen/01f7579/2º-movimiento-del-concierto-para-piano-en-sol-mayor-de-ravel-trío-genus
Comentario por (04-11-2009 18:51)
13 Graciñas, Anxo, por poñer os enlaces e a Laura por facer a referencia(é unha marabilla).

En canto ao tema da primeira persoa do narrador que despois pasa a terceira,estiven a darlle voltas e cheguei a unha conclusión que non sei se compartiredes: penso que Flaubert emprega a primeira persoa xusto ao comezo da narración para acentuar a distancia dos compañeiros con respecto ao "novato" (Anxo, estou de acordo contigo en que ben podería tratarse de toda a clase) e aillalo moitísimo máis que se tivera empregado a distancia que impón a terceira, mais non sei... É po#blgtk08#r buscarlle unha explicación.

Deixando iso á marxe, cómo ides coa lectura? Rematastes xa a primeira parte da novela? Que tal se comezamos a comentar os distintos personaxes? Por exemplo, cómo é presentado Carlos Bovary xa desde a súa infancia e o seu contexto familiar? En que tipo de home se converte? Que caracteriza á súa primeira muller: Eloise? Que visión temos de Emma a través dos ollos de Carlos? Como aparece caracterizada esta muller? Temos xa datos da sociedade que está a retratar Flaubert e dos valores da mesma? Agardo os vosos comentarios!!!
Comentario por Evacoord. (05-11-2009 14:03)
14 Alédame que vos gustara a música.
Eva: valores sociais percibo máis ben poucos, Eva. É unha sociedade burguesa , aburrida, ociosa, frívola, afectada, tópica, criti#blgtk08#cona, machista...
Viva Flaubert! por ter esa visión e por representar esa opresión en forma dun personaxe feminino que en realidade nos simboliza un pouco a todos!
Comentario por Laura (06-11-2009 19:54)
15 Ola: eu rematei onte coa primeira parte pero ando bastante liado para comentar e respostar ás cuestións de Eva, so comentar que polo de agora non enganchei co libro, e a#blgtk08#índa por riba esta tempada ando algo baixo de moral e ler a situación de Madame Bovary do final da 1ª parte do libro tampouco me anima moito.
Saúdos e ata outra
Comentario por anxo (09-11-2009 20:04)
16 Vaia, Anxo, sinto ler iso. Non te preocupes, hai libros que esixen do momento axeitado. Se ves que se che fai costa arriba, déixao aparcado e eng#blgtk08#anchas co seguinte. E ánimo, que seguro que é este tempo que nos ten a todos un pouquiño desacougados.

Apertas,

Eva
Comentario por Evacoord. (09-11-2009 21:22)
17 Antes de nada, un bico para Anxo.

Sobre o personaxe de Carlos; literariamente penso que sale mal parado ao lado do carácter dun personaxe como Enma. Parece un home moi conformista, cegamente namorado, un pouco soso, que non aspira moito da vida, acomodado, contento ...

Digo literariamente, porque na vida real, penso que él ten máis papeletas de achegarse a ser feliz que ela, (a mimada de Flaubert) inconformista, apaixoada,#blgtk08# extrema en moitos aspectos, rebelde, caprichosa, sempre querendo máis. Ela é unha rotunda afirmación do sentido que ten o feito de vivir. E tamén do precio que hai que pagar por eso.

El é coma un saciante e eficaz plato de lentellas fronte a ela,que é coma un delicado toque de caviar.

Representan distintas formas de afrontar a existencia. Seguro que todos, nas nosas vidas, podemos atopar momentos Charles e momentos Enma.
Comentario por Laura (11-11-2009 14:05)
18 Fermosas pal#blgtk08#abras Laura!
Comentario por carol (12-11-2009 11:08)
19 Ola, estes días estou lendo pouco, vou a ritmo de capítulo por día, so collo o libro cando me deito pola noite, onte rematei co 3º .
O 1º capítulo da segunda parte lembroume algo (xa sei que non son comparables) ao libro anterior do club (Conexión Tubinga a descripción dos fornos de San Bernardo, que criticar#blgtk08#a Laura) pola amplia descrición da nova residencia dos Bovary e despois desa descrición houbo pequeno debate eclesiástico.
Curiosa a reflexión de Laura sobre que nas nosas vidas podemos atopar momentos Carlos e momentos Enma.
Grazas Eva e Laura polos ánimos e bico, xa vou millor.
Saúdos
Comentario por anxo (12-11-2009 17:14)
20 Ola, ola!!!

Como estades? Que tal esa lectura?

Laura, penso que a túa apreciación é moi acertada e, como Carol, que a expresaches fantásticamente ben.

É certo que se contemplamos os dous personaxes como dous xeitos diferentes de enfrontarse á vida, compracente mediocridade fronte a ensoñación, é verdade que todos temos momentos Emma e momentos Carlos, afortudamente, que sería se non de nós, non si? Mais alimentarnos só de caviar pode resultar moi perigoso, tanto no s. XIX de Flaubert como no XXI noso. Que é iso de andar a comer caviar todo o día??? Cousa de tolos???

Non se vos parece Emma un pouco a D.Quixote? Como Alonso Quijano le novelas de cabalerías, Emma devora novelas románticas. Alonso vólv#blgtk08#ese tolo e crese un cabaleiro andante e Emma (vólvese tola?), unha heroína de novela romántica. Estará Flaubert, como Cervantes, a parodiar o romanticismo? Ten o romanticismo cabida nesa nova sociedade burguesa que retrata Flaubert? E na nosa?

Anxo, alédame ver que vas mellor :)))
É moi interesante esa pasaxe á que fas alusión pois amosa o anticlericalismo dun personaxe moi importante na novela, ao meu modo de ver, que é o farmacéutico Homais, representante por excelencia desa burguesía emerxente.

Ben, vexo que pasamos xa todos á segunda parte. Cambiamos, pois, de escenario e preséntasenos a sociedade de Yonville, entran en escena León e Rodolfo, maternidade de Emma... O nó da novela! Que comentarios xurdirán? Verémolo!
Comentario por Evacoord. (12-11-2009 20:09)
21 Bueno, bueeeeno... salvemos as distancias entre as descripcións fornos San Bernardo - Tostes , eh ? :)

Eu onte rematei coa relectura, confirmando a miña opinión, obra Sublime. Voume conter co comentario, agardarei, e mentres resposto a algunhas cousas.

Efectivamente, as ideas anticlericalistas de Homais son interesantes. É bastante insoportable, pero eu creo que o personaxe ten a súa importancia: Ollo.

Eva, tamén lle atopo a novela moitas similitudes có Quijote. (Non é dificil , xa que son novelas que describen un mundo, poderiamos botar anos para comentar calquera das dúas en profundidade. )

Eu, realmente non creo #blgtk08#que Bovary pretenda ser unha parodia do romanticismo. Dende logo, está escrita dende un romanticismo total. Máis que parodia, paréceme unha reflexión intensa e unha crítica feroz ao mesmo, escrita coa mesma terminoloxía pero moito máis lograda, tratando a mesma temática frívola ddende unha perspectiva radicalmente distinta, que a convirten en clásico universal.

Tamén opino que Flaubert gasta menos guasa que Cervantes : pero é que son obras , épocas, e escritores tan diferentes.... !

As últimas liñas da mensaxe que escribiu Eva son fantásticas! Como invitan a lectura e ao comentario !
;)





Comentario por Laura (13-11-2009 13:02)
22 Vaia, pois eu teño que recoñecer que tampouco estaba collendo o fío da historia. De feito lin os primeiros sete capítulos con desacougo, coa sensación de ser espectador da infelicidade entre a parella. Para min foi como estar presente nunha pelexa e non poder nin interceder nin fuxir.

Pero non sei explicar porqué, penso de xeito diferent#blgtk08#e dende que lín como un personaxe (creo que o señor Boulanger, na páxina 140 máis ou menos) recoñecía en voz alta a situación de Emma. De como de insatisfactoria era a súa vida naquel lugar, da imposibilidade de ser feliz e da necesidade da vida da cidade... Agora estou entrando moito máis na historia e vou pola metade.

Saúdos
:-)
Comentario por Daniel (16-11-2009 23:06)
23 Ola: eu estes días lin pouco e aínda por riba lle fun infiel a Madame Bovary, despois de moitos anos con curios#blgtk08#idade por ler algunha aventura de Corto Maltes estes días por fin o fixen, resultoume entretido.
Saúdos
Comentario por anxo (19-11-2009 10:53)
24 Ola, ola!

O Rodolfo... argggg!!! é un home desprezable, non vos parece? É un egoísta de moito mimo. Só pensa en si mesmo e no beneficio que poida obter. Fixádevos que xa desde o primeiro momento está pensando en seducir a Emma, claro, mais tamén en cómo poderá desfacerse dela despois. Daniel, é certo que analiza con moi#blgtk08#ta agudeza o que lle ocorre a Emma, o que pasa é que o fai vendo unica e exclusivamente cómo iso o pode beneficiar a el nos seus propósitos.

Anxo, que tal foi a entrevista na radio? Cóntasnos un pouquiño en que consistiu? Non lin nunca nada de Corto Maltés, mais tomo nota. :))

Apertas,

Eva
Comentario por Evacoord. (20-11-2009 09:58)
25 Ola: o outro día me chamaron de Radio Obradoiro -a través de Eva- para falarlles do Club de Lectura Virtual, e conteilles como marchaba o club e leron algúns dos comentarios colgados no blog. Ao final propuxeron de quedar cada 20 días, penso que sería millor polo menos para empezar, cada 30 para coincidir unha con cada libro, e ir rotando as persoas que nos fagan as entrevistas, duraría sobre 8 minutos. Penso que o millor sería aos que lle apetezca, poidan, ... se poñan en contacto con Eva e lle faciliten un número de telefono para que os da Radio lle poidan facela entrevista.

E de Madame Bovary recoñeco o seu valor literario, pero non acabo de disfrutar coa lectura, non me pasou como a Vargas LLosa que nun prólogo dunha edición de Madame Bovary (una pasión no correspondida) explica a súa paixón pola obra, póño un fragmento.
"En el verano de 1959 llegué a París con poco dinero y la promesa de una beca. Una de las primeras cosas que hice fue comprar, en una librería del barrio latino, un ejemplar de Madame Bovary en la edición de clásicos Garnier. Comencé a leerlo esa misma tarde, en un cuartito del Hotel Wetter, en las inmediaciones del Museo Cluny. Ahí empieza de verdad mi historia. Desde las primeras lineas el poder de persuasión del libro operó sobre mi de manera fulminante, como un hechizo poderosísimo. Hacía años que ninguna novela vampirizaba tan rapidamente mi atención, abolía así el contorno físico y me sumergía tan hondo en su matería. A medida que avanzaba la tarde, caía la noche, apuntaba el alba, era más efectivo el trasvasa#blgtk08#miento mágico, la sustitución del mundo real por el ficticio. Había entrado por la mañana - Enma y Léon acababan de encontrarse en un palco de la ópera de Rouen- cuando, aturdido, dejé el libro y me dispuse a dormir: en el dificil sueño matutino seguían existiendo, con la veracidad de la lectura, la granja de los Roualt, las calles enfangadas de Tostes, la figura bonachona y estúpida de Charles, la maciza pedantería rioplatense de Homais, y sobre esas personas y lugares, como una imagen presentida en mil sueños de infancia, adivinada desde las primeras lecturas adolescentes, la cara de Enma Bovary. Cuando desperté, para retomar la lectura, es imposible que no haya tenido dos certidumbres como dos relámpagos: que ya sabía qué escritor me hubiera gustado ser y que desde entonces y hasta la muerte viviría enamorado de Enma Bovary. Ella sería para mi, en el futuro, como para el Léon Dupuis de la primera época, l´amouruse de tous les romans, l´héroïne de tous les drames, le vegue elle de tous les volumes de vers.
Desde entonces, he leido la novela media docena de veces de principio a fin y he releido capítulos y episodios sueltos en muchas ocasiones. Nunca tuve una desilusión, a diferencia de lo que me ha ocurrido al repasar otras historias queridas, y, al contrario, sobre todo releyendo los cráteres -los comicios agrícolas, el paseo en el fiacre, la muerte de Enma-, siempre he tenido la sensación de descubrir aspectos secretos, detalles inéditos, y la emoción ha sido, con variantes de grado que tenían que ver con las circunstancias y el lugar, idéntica."
Comentario por anxo (20-11-2009 12:05)
26 Ola a todos!
Eva, abofé que Rodolfo é un personaxe repelente.
Anxo: graciñas polo prólogo de Vargas Llosa ( dícese de este home que é un prologuista fantástico: a verdade é que eu non opino o mesmo xa que , en lugar de prologar , sempre se lanza a contarnos a sua vida dun xeito ególatra de todo e adornadísimo: recursos que ben podía gardar e empregar nas súas novelas. Por eso sempre me coido de lelo. Porén, nesta ocasión, coincido có seu xuicio).

Ademáis de estar extraordinariamente escrita, as contradiccións e ambigüedades do personaxe están magníficamente detalladas, o libro é moi moderno para a época é bastante pouco moralista para o período no que foi concebido . Aínda así , sorprende que os contemporáneos de Flaubert a catalogaran coma "pornográfica". 130 anos máis tarde ( que non é tanto tempo ) semella absolutamente inxenua ao carón dalgunhas series de debuxos animados. Recomendo que os que aínda non rematachedes a novela deixedes de ler aquí este comentario, pero non deixedes de comentar o que vos vai parecendo polo momento!

Nunha sociedade tan hipócrita como Gustave debuxa non hai lugar para os que non se conforman, os que queren sair da norma; non hai lugar para Enma. Ela representa un prototipo de muller diferente, especialmente no tempo e no contexto no que se ubica ... porén, resulta ser tan mediocre coma aqueles aos que se opón. Explícome! é vacua, pretenciosa, ambiciosa, caprichosa, falsa...

A pesares de todos os seus defectos , Enma tira do lector e fáise adorar, non só porque é un personaxe perfectamente construido, senón porque é apaixonada pero está profundamente insatisfeita, e aínda así non quere resignarse. O problema de Emma é o problema de todos: que a realidade sempre nos acaba por resultar un pouco decepcionante (de maneira especial a quen ten amplas expectativas: xóvenes, persoas ambiciosas….). Ela precisa reinventarse estímulos constantemente para que a súa vida adquira algo de sentido: desexa algo con todas as súas forzas, consígueo, pero unha vez o ten se percata que non é o que imaxinaba, que esto tampouco lle vai traer a felicidade. É, e sempre vai ser ,unha insati#blgtk08#sfeita.

O máis salientable da contradicción, para mín , é que a namoradiza Enma non ten nin idea do que é o amor. Coñece ben a paixón e o desexo..., pero, o que se di querer, Emma non se quere máis que a sí mesma. Considérase namorada cando alguén a consinte en exceso (Leon) , ou ao contrario; cando pasa a anulala por completo (Rodolfo). Eu son da opinión de que se autoengana pretendendo encher a sua vida con aquelo có que fantasea, pero que non se corresponde coa realidade.

O último namoriscamento de Bovary é, ao meu ver, un dos triunfos máis logrados da literatura, xa que Flaubert logra que (interiormente), o lector non poida culpar, enxuiciar a Enma aínda que ésta amose un comportamento tan vil.( ¿tal vez sexa por eso que Flaubert pon en dúbida o narrador, o punto de vista da obra ...? ¿despersonalízao para non caer na tentación de xuzgar a Enma? ) . En cada páxina se trasluce a desesperación , e se percibe ( intúese) que tanta ansia xunta non pode chegar a un bó final . Xa malferida, e facendo acopio de forzas , Enma fai a súa última aposta a un "todo ou nada", e entusiásmase con furia coa idea de fuxir con Rodolfo .O libro chega a ser tan intenso neste intre (eterno, desmenuzado, detallado, exquisito) que non resulta raro que tralo fracaso Enma enferme e só lle quede agarda-la hora da súa morte. A mín lémbrame a un toro, que embiste cegamente contra o que se poña diante, volcando todo o seu ser: forza, corpo, alma e todo o que haxa que poñerlle: esta actitude pode ser ilóxica, irracional, pouco intelixente e pouco realista... pero ten algo de fermoso, hai unha certa nobleza no acto en sí. Romanticismo en estado puro. Literatura. Unha vez empotrada contra a barreira (como non podía ser doutro xeito), quedan cortadas as súas ás e Enma pasa a ser unha caricatura de sí mesma, diríase que morre en vida.

¿ E que tipo de personaxes son os que triunfan no libro ? Leon, acaso, tan idealista nun principio ? Charles , tan boa persoa? Rodolfo , tan aproveitado e mullereiro? Pois non, non , e tampouco . En tal sociedade, o triunfador semella ser Homais, o máis mediocre e inmoral que aparece en toda a novela
Comentario por Laura (23-11-2009 12:54)
27 Ola: estou rematando coa 2ª parte (vin desaparecer ao desprezable de Rodolfo), asumo que non vou rematar o libro antes de que acabe o mes. Chamoume a atención o capítulo da operación do pe, no que Enma non foi protagonista.
Curioseando sobre o libro me chamou a aten#blgtk08#ción ler que ante as críticas do libro e que se buscaba se Enma estaba baseada nun persoaxe real, Flaubert chegou a dicir que Enma era el mesmo, e nese feito era a similitude co Quijote, no que Cervantes, parece ser que tamén dixo que el Quijote tamén era el.
Saúdos
Comentario por anxo (24-11-2009 12:46)
28 Ola!!

Fantástico o teu comentario, Laura. Penso que fixeches unha análise moi acertada. Comparto a túa visión e interpretación do papel de Emma. En canto a Homais, chapeau!, triunfa o representate do mundo burgués: unha clase social que ía adquirindo pouco a pouco cada vez máis poder, cimentada nuns valores bastante deplorables e nada románticos. Uns valores baseados no propio interese, nos prexuizos de todo tipo, no servilismo ás clases poderosas, na hipocrisía...

Anxo, xeniais as túas aportacións. Descoñecía ese prólogo de Vargas Llosa. O episodio ao que fas referencia (a operación á que someten ao pobre Hipólito) pon de manifesto a maldade de Homais: concibe esa operación para sacarlle o maior rédito posible e cando todo sa#blgtk08#e mal, desmárcase rápidamente... Con respecto a este personaxe penso que o episodio máis mísero de todos é o que ten que ver co cego ao que intenta curar. Odioso!!! A descrición, por outra banda, que fai Flaubert deste cego é impresionante: esas pasaxes son claramente naturalistas, o autor non nos aforra absolutamente nada.

Di Laura "Homais é o triunfador, o personaxe máis mediocre e inmoral que aparece na novela". Se hai algo que Emma non aturaba era a mediocridade, non si? E se como afirma Flaubert "Emma son eu", temos que deducir que Flaubert detestaba a mediocridade dun mundo que comezaba a impoñerse.

Ben, pois a ver qué opina o resto!!! E ti cando remates, Anxo!!!

Apertas,

Eva

Comentario por Evacoord. (25-11-2009 17:06)
29 Ola: o fragmento que puxen o outro día de Vargas LLosa tecleeino eu, e como vos pareceu interesante (polo menos a Laura e a Eva) buscquei por internet para ver se estaba escrito nalgun sitio e atopei unha paxina web, o prologo se converteu nun capítulo do ensaio "La orgia perpetua" tamén escrito por Vargas LLosa sobre "Madame Bovary"
http://cinosargo.bligoo.com/content/view/277897/Una-pasion-no-correspondida.html
para miralo penso que teredes que copiar o enlace e pegalo no navegador.
Da#blgtk08# miña lectura de Madame Bovary decidín interrumpila ao inicio da 3ª parte, noto que me afecta algo ao estado de ánimo. por momentos me gusta, pero noutros momentos me resulta como unha novela rosa e me aburre algo e a vexo tamén algo lenta -e teño lidos libros que se consideran lentos e gustarme- pero neste libro o de lento ten carga negativa.
Parece ser que para o mes temos a "elengancia do ourizo" (vino na sección libros que virán), levaba tempo con ganas de lelo, me ten moi boa pinta.
Saúdos
Comentario por anxo (26-11-2009 20:30)
30 hola de nuevo a todos. siento no haberme pasado más por aquí. prometo estar más presente en el siguie#blgtk08#nte libro y dedicarle , en cuanto pueda, el tiempo preciso a Madame Bovary. hasta pronto pues. carol
Comentario por carol (27-11-2009 12:44)
31 Vaia, vaia... parece que Madame Bovary non vos enganchou moito (excepción feita de Laura, claro...;)). É certo que cada lectura ten o seu momento e MB esixe o seu.

Ben, no vindeiro mes#blgtk08# pasamos a unha lectura completamente diferente: A elegancia do ourizo, doada de ler e que vén acompañada do éxito do público... A ver qué nos parece a nós?

Apertas,

Eva
Comentario por Evacoord. (30-11-2009 20:54)
32 Grazas Laura e Eva polas vos#blgtk08#as interesantes aportacións.
Comentario por anxo (01-12-2009 19:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal






Contador gratis