Club de Lectura Virtual da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Benvid@s ao noso Club de Lectura Virtual!

Este Club de Lectura diríxese a todas as persoas interesadas en compartir a lectura e o comentario de obras diversas a través de Internet. Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blog, e a través do chat cando sexa posible.



Contacto
biblio.publica.santiago@xunta.es
 SECCIÓNS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ata máis ler... :-)
Ola a todos,
como xa sabedes, a partir deste mes de marzo suspéndense as lecturas do club, pero como alternativa, propóñovos que nos acompañedes nas lecturas do grupo presencial, podendo deixar os vosos comentarios no seu blog:
http://www.blogoteca.com/clcompostela/

Nos vindeiros meses leremos diversos títulos, entre eles:
- A casa dos encontros, de Martín Amis
- Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
- O castelo branco, de Orham Pamuk
- Anxos do universo, de Einar Már Gudmundsson.

Algúns destes títulos estaban programados para o club virtual, polo que se conseguides os vosos exemplares poderemos disfrutar da sua lectura xuntos nestes meses que quedan ata final de curso (maio-xuño).

Se queredes participar tamén das lecturas do club de castelán, podedes facelo a través do blog do grupo:
http://www.blogoteca.com/clcastelan/index.php
As próximas lecturas son as seguintes:
- El señor Pip, de Lloyd Jones
- Brooklyn Follies, de Paul Auster
- Desgracia, de Coetzee
- (...)

Un saudiño a todos e ata pronto. Lémonos nos blogs :-)

Patricia.
Comentarios (5) - Categoría: ESTAMOS A LER... - Publicado o 28-02-2011 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As rulas de Bakunin
Neste mes poderemos completar a lectura desta obra a través dos seguintes enlaces con información relacionada ca temática da mesma ou sobre datos históricos dos que fai mención:
Imaxe:
Portada da edición en italiano.

- Anarquismo en Galicia: En memoria del Anarquismo coruñés" - Artigo de X.M. Pereiro e P. Obelleiro,no xornal El País. (13/05/2007)

- A II República española: (14 de abril de 1931 - 1 de abril de 1939)...

- Bakunin: (1814-1876). Anarquista ruso contemporáneo de Karl Marx.
Bakunin naceu no seo dunha familia aristocrática, en 1828 trasladouse a San Petersburgo para recibir instrución militar, logo da súa graduación (1832) serviu en Minsk e Gardinas, en 1835 en contra dos desexos do seu pai deixa o exército e marcha a Moscova para estudar filosofía, en 1840 nunha estadía en Berlín únese ao movemento socialista, aséntase en Suíza e participa activamente nas actividades socialistas, o goberno ruso confiscoulle as propiedades cando Bakunin se negou a regresar a Rusia. En 1849 participou na revolta de maio en Dresden, polo que foi condenado a morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua, levado a Rusia, en 1855 o goberno envíao a Siberia oriental ata que foxe ao Xapón, chega a Inglaterra en 1861, Bakunin permanecerá o resto da súa vida no exilio, sobre todo en Suíza. En 1869 fundou a Alianza Social Democrática, pero diante da negativa a permitirlle afiliarse á Primeira Internacional, a alianza disólvese e os diferentes grupos que a formaban entran na Internacional. En 1870 tenta unha revolta fanada en Lion. Os desacordos con Marx, en especial á necesidade dun Estado dos traballadores, que Bakunin nega, levan á expulsión de Bakunin da Primeira Internacional en 1872. (información ampliada)

- Kropotkin: (1842-1921). Xeógrafo e naturalista, ademáis de pensador político ruso, considerado un dos principais teóricos do movemento anarquista, dentro do que fundou a escola do anarcocomunismo... (información ampliada)

- Proudhon: (1809-1865). Filósofo, político e revolucionario francés, e, xunto con Bakunin e Kropotkin un dos pais do pensamento anarquista e da súa primeira tendencia económica, o mutualismo... (información ampliada)

- O naturismo libertario: "El anarquismo libertario en la península ibérica. (1890-1939)"

- FAI (Federación Anarquista Ibérica)

- FALANXE

- CNT (Confederación Nacional del Trabajo)

- CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas)

- Os mártires de Carral: Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila coruñesa de Carral... (información ampliada)

- Páxina web do o Concello de Culleredo.

Sobre a historia do concello:
"Nos séculos XIX e XX Culleredo convértese en lugar de segunda residencia da burguesía e fidalguía coruñesa, edificándose moitos pazos e casas de recreo, algúns dos cales aínda perviven.
En 1875 ábrese o camiño de ferro da Coruña a Lugo, con estación no Burgo, en 1922 inaugúrase o tranvía eléctrico, en 1943 o camiño de ferro da Coruña a Santiago, a comezos dos 30 inicia os seus traballos a factoría Cros e en 1963 inaugúrase o aeroporto de Alvedro.
A finais do século XIX nacen as primitivas asociacións de socorros mutuos, como La Humanidad, en Rutis e La Amparadora, no Burgo.
A xente dedícase, como nos tempos anteriores, maioritariamente a traballar o agro. No traballo de mellorar os cultivos destaca Juan Lembeye e Lartaud, o cal, dende o seu pazo de Liñares, ensina ós labregos novas técnicas. Logo, a instalación de industrias na Coruña, como a Fábrica de Tabacos, ou a Cros, fai que moitos homes e mulleres cullerdenses pasen a formar parte do proletariado. Iso leva a que no noso concello xurdan diversos conflictos, e a que a xente comece a organizarse sindicalmente, primeiro na anarquista Unión Campesina, e, xa antes da República, na CNT, que tería unha grande implantación no noso concello (mesmo durante a República organiza unha concentración de asociacións en Vilaboa á que asisten máis dun cento, e milleiros de persoas). Neste século XX agroman por todas partes sociedades de socorros mutuos, de socorros de gandos, de agricultores, culturais, políticas, que fan que o primeiro tercio do século XX sexa moi activo neste aspecto.
A Dictadura de Primo de Rivera a penas inflúe na vida municipal. Desta época só podemos destacar o papel xogado polo alcalde Andrés Pan Vieiro, que instala bibliotecas en tódalas parroquias.
A proclamación da República, no medio dunha tentativa de fraude por parte dos monárquicos, trae esperanzas. Inícianse varios proxectos de construción de camiños, fontes, lavadoiros, escolas, alumeado público, etc.
O triunfo do fascismo provoca unha importante represión, sendo varios veciños asasinados, fusilados, multados, mentres que outros, máis afortunados, collen o camiño do exilio.
O mundo do ensino experimenta no século XX unha importante melloría, existindo máis de 30 escolas a finais dos anos 30, e inaugurándose, en 1964, a Universidade Laboral.
"

Comentarios (0) - Categoría: SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 04-02-2011 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Antón Riveiro Coello
Naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964.
Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica.

Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década.

Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999.

As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.

Antón Riveiro Coello é tamén un dos principais promotores da Asociación Cultural Barbantia.

Máis información sobre o autor neste enlace á Asociación de escritores en lingua galega (AELG).

- Autobiografía.


Comentarios (0) - Categoría: SOBRE OS AUTORES - Publicado o 04-02-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Febreiro: As rulas de Bakunin - Antón Riveiro Coello
Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada e con 4 edicións vendidas. Unha novela que como di o seu autor "me permitiu vivir outras vidas".

Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía; recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade.

As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores.
Velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona.
(Presentación editorial)

3 de febreiro: recollida do libro.
1 de marzo: Devolución de As rulas...e recollida do seguinte (O castelo branco, de Orham Pamuk).
Comentarios (38) - Categoría: LIBROS LIDOS - Publicado o 31-01-2011 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nocturnos - (a música conto a conto) (II)
3º CONTO – A SERRA DE MALVERN

Sir Edward Elgar (2 de xuño de 1857- 23 de febrero de 1934), compositor británico… (continúa)
- Chanson de Matin
- Chanson de Nuit, Opus 15, Nº 1
- Enigma Variations, Nº 13-15

Leôs Janacêk (3 de xullo de 1854 – 12 de agosto de 1928) compositor checo… (continúa)
- On the Overgrown Path

Vaugham Williams (1872-1958)compositor británico... (continúa)
- Fantasía – marabillosa peza deste autor interpretada por Thomas Tallis que podedes disfrutar neste enlace (son 4 partes, a primeira delas xa vos leva ás outras 3) acompañada de fotografías da vida do autor.


ABBA Dancing Queen

Carpenters: duo vocal e instrumental formado polos irmáns Karen y Richard Carpenter… (continúa)
- Close to you, 1970 (o album con máis éxito do grupo)

Beatles vs The Carpenters:
- Please Mr Postman:The Carpenters - The Beatles
- Ticket to ride:The Carpenters - The Beatles

4º CONTO – NOCTURNO

Chet Baker - Chesney Henry Baker Jr., (23 de decembro de 1929 – 13 de maio de 1988) trompetista e cantante estadounidense de jazz … (continúa)



Wayne Shorter – Saxofonista e compositor estadounidense de jazz… (continúa)
- Adams Apple

Ben Webster (1909-1973), Saxofonista estadounidense de jazz… (continúa)
- The Brute
- Over the rainbow (saxo tenor)

Nelson Riddle (1921-1985), director de orquestra, arreglista e orquestador estadounidense … (continúa)
- Moonlight in Vermont - Frank Sinatra & Nelson Riddle Orchestra



Bill Evans (1929-1980), considerado un dospianista de jazz máis importante da historia…. (continúa)

Comentarios (0) - Categoría: SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 30-01-2011 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal






Contador gratis