Co Clúster pretendemos reforzar a cultura de cooperación entre as empresas dos diferentes sectores do clúster, e tamén aquelas do seu entorno relacional, promovendo a creación de comunidades trans-sectoriais. É dicir, un depósito común de coñecementos non competitivos entre os socios do Clúster, para o desenvolvemento de proxectos comúns.
Son socios fundadores do Clúster a Asociación Galega de Editores (AGE), e a Federación de Libreiros de Galicia (FLG), amais do Grupo Arnoia por parte do sector da distribución do libro.