CLÚSTER LIBRO


PORQUE SOMOS TODO O MUNDO AO REDOR DO LIBRO

Co Clúster pretendemos reforzar a cultura de cooperación entre as empresas dos diferentes sectores do clúster, e tamén aquelas do seu entorno relacional, promovendo a creación de comunidades trans-sectoriais. É dicir, un depósito común de coñecementos non competitivos entre os socios do Clúster, para o desenvolvemento de proxectos comúns.

Son socios fundadores do Clúster a Asociación Galega de Editores (AGE), e a Federación de Libreiros de Galicia (FLG), amais do Grupo Arnoia por parte do sector da distribución do libro.

Share




Galician Book Cluster on LinkedInCLUSTER LIBRO
CLÚSTER LIBRO
CLÚSTER LIBRO

CONTÁCTANOS
info@clusterlibro.org
 MENÚ
 BUSCA
 BUSCAR NOUTROS BLOGS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Baidu, o principal buscador chinés, venderá os seus e-book a un 10% do prezo do exemplar impreso
O motor de procura máis popular de China, Baidu, comezou unha cooperación oficial xunto cos editores de libros mediante o cobro dos seus servizos de e-book, dando un primeiro paso na súa loita contra a pirataría, afirmaron os analistas. Desa maneira, debido aos problemas de copyright, os lectores deberán abonar un 10% do prezo do exemplar impreso á hora de comprar os libros electrónicos na tenda on-line de Baidu.
Anteriormente a este paso, os usuarios podían descargar libros e documentos gratuitamente co uso de diñeiro virtual gañado a través da presentación de documentos ou libros en liña. Actualmente, a biblioteca de Baidu conta con máis de 9 millóns de exemplares.

Pola súa banda, a compañía Shanda Literatura formou unha alianza cos propietarios dos dereitos de autor, entre eles Written Works Copyright Society. Shanda Literatura, é a edición dixital de Shanda Interactive Entertainment, un dos principais medios de comunicación interactivos de China, que conta con máis de 3 millóns de obras na súa base de datos. Esta compañía presentou unha denuncia contra Baidu polo uso ilegal dos seus documentos.

Segundo o xerente do departamento do usuario de produtos de Baidu, Hai Lei este paso é importante para a colección de Baidu, co fin de promover os libros con dereitos de autor e evitar a pirataría. En palabras do directivo ao diario Global Times, Hai afirma que están a negociar con decenas de editores e editoriais para que poidan promocionar os seus libros a través da nosa tenda electrónica.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 04-01-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
CLÚSTER DA EDICIÓN, LIBRARIAS E COMERCIALIZACIÓN
Rúa das Hedras, nº2 2ºF
Ames-Milladoiro
Galicia, España
Tel. +34 981 570937



Free counter and web stats