|
|
|
|
INFANCIA E MOCIDADE DO SÉCULO XX |
|
O formativo é un aspecto da lectura que non queremos perder de vista. Con ese obxectivo, desde as próximas lecturas poderemos establecer un esquema da evolución da infancia e mocidade no século XX.
Escollede pois, entres estas lecturas
Villardevós, Silvio Santiago,Editorial Galaxia, sitúase temporalmente antes de 1936, fala dunha zona rural, léxico anterior a 1982
Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva, novela na que se conta unha vida, temporalmente situase despois de 1928, fala dunha zona urbana. Iso é so unha parte da novela, claro, pero está esparexida por toda ela.
Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, corresponde a un tempo que podemos situar xusto despois de 1936, os exemplares da biblioteca non están actualizados á normativa actual.
Os biosbardos, son contos de Blanco Amor, correspóndense cunha sociedade nas fronteira entre rural e urbana, valen para exemplificar a 1ª metade do s. XX.
Os bicos de Tina, novela actual, Afonso Eiré, A Nosa Terra, lembra a infancia e mocidade dos anos 60.
Fisteus era un mundo, de Lupe Gómez, A Nosa Terra, ilustra os anos 70
Escollede entres eses títulos. E deixade aquí a vosa elección |
|
|
|
Retranca, 15 |
|
Deixade aquí os vosos comentarios da Retranca, número 15, procedemento igual que para o número 14 |
|
|
|
Retraca 14 |
|
Deixade aquí os vosos comentarios da Retranca (número 14; seleccionade o que máis graza vos fai, describídeo e indicade porque vos causou graza |
|
|
|
|
|